www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 7 de outubro de 2012

BONECAS DA MIÑA INFANCIA

Deixei pasar o tempo do millo, aquel tempo cando están as espigas en pleno crecimento. Sempre chaman a miña atención e lembro cando eu, de nena, a falta de outras bonecas, utilizaba estas para os meus xogos. Eran loiras de pelo liso, morenas de pelo rizado, peliroxas.... e eu facía do seu cabelo os peiteados que mellor lles quedaban.
Lembro como nunha ocasión, collera mais de trinta bonecas destas e esconderaas entre a palla do palleiro. Eran da finca dos veciños. Nin que dicir do resultado de tal rapiña.
Ademais das bonecas de millo, tamén me gustaban outras que salían dunha planta que medra nos humedais, que son como as bonecas rusas, están unha dentro de outra ata o infinito. Aquelas eran mamás en xestación.
Outras bonecas eran as feitas de trapos que lle sobraban a miña nai de cando facía vestidos. Eran todo unha creación de modeliños feitos de trapos pero que nin a Barby de hoxe!
E por fin, cando recibín a primeira boneca, de cartón, fíxome moitísima ilusión. Era por reis. Tiña un timbre na barriga porque ao movela choraba ou facía algún ruidiño. Morreo na mesa de operacións pero o timbre saíu intacto.
A raíz daquelo, non houbo mais bonecas.

Pasado un tempo, e cando xa empecei a manexar certa información de cómo facerse con cousas desexadas, atopéi un cupón de Maripepa Mendoza que ofrecía enviar unha boneca se lle escribía. Non tardei nada en facelo e contáballe cómo me gustaría ter unha bonequiña preta, como a do catálogo. Non sei por qué nin cómo, aparecéu chegando un paquetiño cunha bonequiña loira, cun vestidiño bermello, braguiñas, zapatiños.... e o vestido era de poñer e quitar.
Conservei esa boneca ata que o meu fillo ma fixo pasar o outro mundo, o dél! E así acabou.
Tiven moi poucas bonecas do mercado pero non me faltóu imaxinación para facerme con outras substitutas.

3 comentarios:

  1. Vaia, gústame muito este post. Pareceme que ti sendo de outra xeración deberas haber tido monecas de verdade, pero vexo que non. ¡Ay que tempos! Duros aqueles, esperando que non volvan, ¡que tal como vai a cousa! Non sei non sei.

    Cantas monecas fixen eu de rapaza entre otros aparellos tamén de xogar. por aquel tempo desarrolabamos a nosa imaxinación, pois non quedaba outra, porque non había cartos para mercar monecas nin outras cousas máis importantes para asupervivenza.
    Agorara danlles todo feito e os nenos no levan traballo, tampouco valoran o que teñen e a importancia que tiña facer o que nos.

    Eu tiña unha prima da mi idade ela e máis eu fixemos monecas de trapo tamén coas barbas do millo. Entre outros aparellos de xogar.
    Gracias Bea, por compartir este bonito texto cos sentires da infancia

    Déixoche un abrazo agarimoso e a miña estima sempre: bicos moitos.
    Feliz semana.



    ResponderEliminar
  2. Ola Bea:

    ¡Que tal por esas terras lucenses? Espero que todo marche ben.

    ¡Pasei a ver se tiñas algo novo!... xa sairá condo cando che apeteza: de paso a sudarte e desexarche unha fin de semá bonita.
    Eu vou a Aveiro Portugal saimos sabado de mañá e regrexamos o domingo por a noite.

    Din que e a Venecia portuguesa, que e un pobo moi bonito xa che contarei se todo vai ben.
    Deixoche un abrazo moi agarimoso e a miña estima sempre. Se muy feliz.

    ResponderEliminar
  3. Precioso testimonio de un tiempo pasado. Me encanta Bea tu redacción.

    Un abrazo...

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.