Dar e recibir é algo que se practica dende tempos inmemoriais. Dar o que queres é dar o mellor de tí. Eu din o meu gato, que por certo lembrábame a meu pai na súa face, tiña unha certa seriedade dun capricornio comedido.
O meu gatiño, mozo fornido, en plena xuventude, ainda virxe, non perdeu a inocencia e déixase enganar con facilidade.
Leveino no trasportín pero no colo, non collido pola asa. Quería que me fose vendo mentras llo levava a unha veciña. Connosco ía Nóa, a cadela, para que él non se sentise raro. Como se fose un paseo daqueles faraóns meniños que eran levados nunha especie de trasportín, entre catro esclavos.
O camiño xa se lle ía facendo longo e comezóu a miañar polo baixiño. Cando chegamos xa tiña a cama preparada, a area e a comida. Pois fora antes a prepararlle o terreo para que nada lle faltara. Como estaba coa Noa, non reparou no cambio e amosou curiosidade inmediata por explorar o novo lugar.
Dalí a pouco deixámolo solo. A veciña agradeceu moito o agasallo. Mesmo quixo que llo levara a súa nai de 102 anos para que o vise. Gustóulle moito velo tan gordecho e branco como unha bola de neve.
Mais tarde, levei outra vez a cadela comigo e fomos ver qué tal se portaba o gatiño. Parecía que desaparecera. Non estaba por ningún lado. Pasado un pouco, din con él entre unhas bolsas de plástico detrás dunha cortina. Veu xunto a nós e deixóuse aloumiñar. Estaba contento de voltar a vernos e púxose a comer diante de nós, cousa rara cando están estranos.
Na casa, a súa nai, a gata, andaba á súa percura. Non deixaba sitio que non mirase e estaba inqueda. Miraba para fora da valla, para os prados, para ver se o gatiño se salira da finca. Nada. Nin rastro. Noa e eu tratamos de consolala dándolle mais agarimos que de costume. Agora xa voltaba ela a ser o centro de atención. Dende que nos presentóu o filliño, todas as atencións foran para él. Peludiño como era, poñíase patas arriba nada mais verme para que lle rascara a barriga. So con verme xa estaba él dándose a volta ainda que fose enriba dunha charca con tal que lle aloumiñara toda a súa barrigola. Eu enterraba os dedos naquel algodón branco e él non me rasguñaba nin nada, era boíño de todo.
Eu tamén sinto que onte fose a derradeira noite que pasarmos xuntos os catro na cociña ao pé do lume. Cómo xogaban él e súa nai debaixo do sillón. Xogaban ao escondite e a outros xogos que eles saben.
Así é a vida para nós e para os animais. Pasamos dunha situación a outra diferente nun santiamén. E non sabemos nada de cal será a seguinte.
Dende aquí, vaia este post para o meu gatiño que tanto voto de menos.
¡Ola Bea!
ResponderEliminarFelicidades por este fermoso texto.
Perdoa a miña demora, a verdade e que non teño moito tempo libre, hagora cambioume un pouco a vida, pero bueno... teño conmigo un dos meus fillos e iso signefica que teño menos tempo libre.
Que gatiño mais bonito, e ademási está ben coidadiño se estiveras máis cerca xa cho-collía eu.
Os animáis son moitas veces a alegría de vivir, fan máis compañía e son máis cariñosos que alguhas persoas.
Bueno pois xa te deixo por oxe, que xa pasan das doce e cerranseme as persianas.
Gracias por compartir os teus sentires e as tuas letras.
Deixoche un abrazo ben grade e a miña estima sempre.
bikos desta amiga que tes aquí en Pontevedra. hoxe con moito chuva.
Muy guapo, Bea!
ResponderEliminarBicos
Se eu fosse o seu gatinho
ResponderEliminarvocê coçava a minha barriguinha?
(risos)
Tô brincando.