escasas reliquias deixas
emblemáticas dabondo
de nobreza e fidalguía.
unha pousada derruídaun cemiterio escondido
e tí, castiñeiro altivo
O teu souto deuche nome
a terra substancia viva
esculpido na parede
formas parte dunha linde
dun camiño primitivo
que vai por Soutomerille
Ola amiga Bea:
ResponderEliminarGracias a Deus que hoxe puden entrar neste apatadiño xeitoso e tamén de cando en vez poético, coma hoxe.
Puña a dirección do blog, arriba na barra de direccions e saía un cartel decíndome que esta página esata caducada, a min xa me comía o demo.
Agora escribín en Google, Lerias de Bea blog, e trouxome ata aquí.
Pois ben Bea, deixas-nos un guapo poema que nos fala de ese Soutomerille que debe ser ben fermoso para deleite dunha mirada detida e embeleso dos sentidos, por -iso hoxe as tuas letras denotan esa nostalxia de un tempo xa alonxado, ¡Pero non por iso deixan de ser fermosas! eh!! Todo o contrario son uns versos preciosos. En horaboa.
Eu sei que ti tes facilidade para a poesía, espero ver más outro día.
Agora deixote, que vou ver unha obra de teatro, en galego de xente aficionada a facer teatro. Tamén fun onte a noite a ver outra e gustoume moito, por certo que os actores eran de vilagarcía.
Ben Bea, ata outro instante, déixoche un abrazo muy agarimoso e un motón de bicos.
Teño un correo teu sin c on testar, haber se mañá podo contestalo.
Se mui feliz.