www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 10 de xuño de 2010

SANTIAGO - NEGREIRA (Camiño de Fisterra)





Día 30 de maio, domingo. Os compostelans empezando o día, con paseos co can pola Carballeira de San Lourenzo. Sorprendente maneira de mergullarse en plena natureza c apenas a unhos pasos da cidade. Alí, o Camiño Fisterran, tórnase solitario e un tanto oculto do mundo, escondendo a fermosura dunha primavera ben entrada, cargada de verde, de arrecendos florais, de eucalipto e xasmín.
Logo de pasar esta carballeira, de carreiro estreito e terra fresca, atopamos unha zoa residencial de chalets, cada cal mais illado ún do outro, con barreiras ben formadas para resaltar a privacidade, a vida íntima, o individualismo. Os cans poñían o seu acento, cada ún como o tiña, de can grande, de can pequeño, de can mimado, de can triste, de can can……Vixiantes asalariados por un prato de comida, fieles e dispostos a todo para salvagardar o coto primado dos seus donos e donas.

Chalets en avanzado estado de abandono, sen ninguén que veña poñer a herva á raia cada fin de semana. Pensados para disfroitar das delicias da vida de campo a poucos pasos da cidade e que agora caeron en desuso, por circunstancias personais de quen os habitou.
Señora en bata, un pouco desaliñada, atravesa o que debería ser un xardín coidado, para atender os cans e pérdese na xungla da súa propiedade, esquecida do mundo familiar co que soñou compartir as grandezas do rural, semioculto a mirada allea. Agora todo parece en decadencia.
Camiñamos polos distintos lugares que van marcando a ruta. Preparémonos para unha subida de tres quilómetros e meio que nos leva ata o Alto do Mar de Ovellas. Alí eu xa pensaba ver a Ría de Noia, pero o do nome ven por outra cousa. Seguro que é bo sitio para as ovellas, ata ver un mar delas por todo o monte. Hoxe non había.
Ponte Maceira mereceu unha paradiña para disfroitar da panorámica do río Tambre, cos seus muíños e remuíños, debuxando fervenzas antes de atreverse a pasar por debaixo da ponte gótica.Alí alviscábase unha casona galega con aires de pazo, con palomar e torreón, facendo unha especie de muralla ao longo do río.

Decidimos seguir a pé ata Negreira aínda que o bochorno do día anubado ía facendo mella nos nosos pasos cada vez menos decididos, e coa roupa e calzado empezando a causar molestias e roces incómodos, pero o desexo de atoparnos cunha caña ben fría ao remate da xornada, tiraba por nós.

Por fin Negreira e Hotel- Restaurante Tamara agardándonos cun bó xantar a base de ensaladilla e xamón asado con patacas fritas caseiras. De postre un xelado de tarrina e un café fixeron as nosas delicias, nun ambiente relaxado (eramos a metade de xente que no Camiño a Santiago) nun amplio comedor con camareiros eficientes.
De volta a Lugo, longa viaxe de retorno, o convite a unha sexta non se fixo agardar e esa paz de ir transcurrindo por estradas circundadas de murallas verdes frondosas era un placer que só en Galiza déixase sentir con plenitude.

O sol agardábanos en Lugo poñendo un morno punto final a esta esquecible xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.