www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 23 de xuño de 2010

COMO O CAN E O GATO







Comeza o verán e con él, aparecen os animais abandonados por estas aldeas de vales e montes. Lugar idóneo para deixalos sen posibilidades de retorno. Vense cans grandes e pequenos deambulando polas estradas e camiños, entrando nas hortas e arredor das casas, buscando comida, agarimo, buscando os seus desalmados donos e donas... Entre eles hai cachorriños que choran desconsolados ao verse así, sen un sitio a onde ir, sen as súas nais, deixados da man do Universo. Algúns teñen sorte e consiguen conmover algúnha alma caritativa, que as hai, e atopa quén o acolla e o coide como se ten que coidar un animaliño así.
Era na Marronda. Pasaba casualmente por alí nun coche cando apareceron tres canciños. Dous eran iguais. Un deses, seguíu o coche. Foi o afortunado. Logrou convencerme de que por algo se arriscaba, fose como fose, a correr a sorte de ser atendido e recollido. Era o afán de supervivencia. Eso move montañas como a Marronda mesma. Subino ao meu colo, agocheino no chuvasqueiro e así, chegóu ó seu novo fogar. Era unha cadeliña nova pero xa adulta. Decidín chamarlle Noa.
Pasaron apenas unhos días, cando paseando con Noa por aquí, perto da casa, ela olfateou algo na cuneta. Por mais que eu insistira, ela quería seguir o rastro de algo que se estaba movendo por alí. Ante a miña sorpresa, tratábase dun gatiño moi novo, apenas destetado. Era mareliño e de dúas cores. Tal vez un macho. Deixóuse coller e acariciar. Leveino tamén como puiden. O último tramo, a poucos pasos da casa, foi polo seu propio pé e deixouse entrar na casa, xunto con Noa.
Enseguída lle preparei aloxamento. Un cesto redondo con un coxín serviría de cama, ao lado da cadela. Pensei se lles gustaría compartir cama pero Noa non estaba pola labor. Collín caixiña con area que eu tiña dos restos dunha obra e dinlle de comer pan con leite un pouco morno. Comeu con ganas e sen vergoña. A cadeliña ollaba para este novo inquilino e mesmo parecía que lle quería comer as sopas polo que lle din algúnha a ela tamén que engulíu con pracer, cousa que non fixera antes. Debe ser verdade eso de que para aprender a comer hai que ter compañía.
Xa levan xuntas unhas cantas horas. Ainda que Noa está moi celosa, permítelle arrumacos e comparten silla e moitísimas caricias que lles veñen de todas partes. Andamos todos a duas mans, unha na cadela e outra no gato, (é gato). Pensara xa nun nome que lle fose ben ca súa cor, pois ata os ollos os ten da mesma cor que o pelo, cor de mel. Así que pensaba poñerlle Blondy, pero teño unha duda, non sei se é axeitado para un gatiño. Teño que consultar diccionario.
Hoxe pasarán a segunda noite xuntas. Dende logo o de compartir xoguetes ten moito que mellorar. Noa colle todo o que lle dou a Blondy, ata o novelo de lá.
Esta mañá, merquei area perfumada e os Friskis junior. Facíame tanta ilusión ter un gatiño que o Universo proveeume con ún deste xeito tan romántico.
Agora teño can e teño gato e espero que non se leven como can e gato, senón que a concordia, a paz, a convivencia reine nesta nova familia.
O Segredo está funcionando. Para mais, esa mesma noitiña, cando abrín o libro antes de ir durmir, atopei esta frase "Cuando acaricio a mi gato, siento verdadera felicidad. Cuando paseo por la montaña siento verdadera felicidad" Jack Canfield

3 comentarios:

  1. Ai Bea querida: Que volta lle deches a este precioso espacio. Queda fantástico- alegre que hasta da envexa, coidado eh!! Que, e envexa moi san a miña. Sabes, isto e como tirar a roupa vella, para que veña outra nova para o sitio. Está moi ben iso. E agora quero dicirche... o ben que fixeches adoitar o canciño e o gatiño, que marabilla, fixeches unha boa obra, hai que querelos tanto como as persoas. Estou segura que se van levar moi ben. Un post precioso Bea. Un abrazo grande e se moi feliz. E biquiños para os nenos.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina, grazas polos parabens do novo look do meu blog. Pois argallando un pouco.... e sen chegar a facer a reforma que eu quixera....
    Así que che gusta a miña fauna. Estou encantada con tanto amor como me dan e que eu lles dou. Son como netiños que me saíran ao camiño agora que xa vou indo en idade de telos!
    O que pasa é que ganei en traballo ao tempo que en satisfacción! "Tanto monta, monta tanto"
    Deberías de animarte a vir ver o Arde Lucus que empeza mañá, 25 e dura unhos días. Lugo romana, todos disfrazados da época e con actividades que representan escenas daquel pasado. Eu nunca fun a velo porque non me atrae a romanidade. Prefiro o mundo celta.
    Bueno, darei unha volta polo teu post, se é que tes algo novo dende o de Alacante.
    Moitos biquiños, bó verán, moita praia e se queres vir, serás ben recibida.

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea: Xa me gustaría ir... Claro que será coma unha feira ou festa medieval, tamén ai aquí en Pontevedra, o último fin de sema de agosto, e tamén nos disfrazamos de calquera cousa. ¡Haber se vou para o San Froilán, se todo vai ben! ¿Oes Bea, non crees que o que abandona un animaliño, non abandonará tamén unha persoiña? Paréceme que hai moitos miserables. Biquiños e que sexas feliz con esa nova familia.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.