www.leriasdebea.blogspot.com
Translate
martes, 15 de xuño de 2010
NEGREIRA - MAROÑAS (Camiño de Fisterra)
Empezamos a ruta en Negreira, onde quedaramos o último día. Pouco asfalto e moitas árbores por un sendeiro estreito, case de cabra. Mágoa que non fixera sol para agradecer a sombra de tanto castiñeiro, carballo e eucaliptos ao longo do camiño.
O día estaba desapacible, con vento frío do norte pero non chovía. Así que subindo e subindo costas case todo o tempo, ainda que non eran moi pronunciadas, fomos desfacendo os case 20 quilómetros que nos lavarían ata Maroñas.
Esta sería a última etapa da temporada. O resto do camiño, deixámolo para setembro como asignatura pendente. Daquela vai ser sesión doble para rematar o que nos queda, dun tirón, eso sí, parando a durmir duas noites.
Un alto no camiño para tomar un café, dos que quitan o sono e entre conversas e tente en pés, fomos esquecendo o quilometraxe, e tamén de ollar os indicadores o que nos levóu, a algúns, a facer un quilómetro extra por saltarnos unha sinal.
Pasamos algunha ponte sobre regatos, atopamos excursionistas á cabalo e moita frondosidade, que foi a que me fixo esta alerxia que agora me está dando a lata.
Apenas tivemos tempo para estiramentos e moito menos para tomarnos unha ben merecida caña. Eramos os últimos en chegar á meta e xa agardaban os autobuses para levarnos ao restaurante en Mazaricos.
De primeiro empanada de millo con sardiñas (de lata), ainda así estaba de moito comer. Logo unha caldeirada de merluza, das que se fan polas zoas de mar.
Postre abundante de flan de queixo e moitos cumpleanos, e degustacións de licores caseiros e doces que traen algunhas compañeiras de camiño, (será para entrenarse para a festa de fin de "curso" que se aveciña e na que hai premios aos mellores postres).
Non houbo tempo para a cancionciña esa de "quien ha nacido en enero.....(e así ata acabar o ano). Despois de tanta fartura, meterse no autobús para repousar o xantar era todo un luxo. A empanada empezaba a levedar no estómago e teimaba por sair. A algúns sí que lles saíu, a outros non, pero fora mellor que sí.
Chegamos felizmente a Lucus Augusti, que xa se viste de romana para esta fin de semana e así, como sen despedirse, deixamos en pausa o sendeirismo por unha temporada.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ola Bea:
ResponderEliminarAsí que esta foi a última etapa. Ou xa non sei se me perdo, e o camiño de Santiago? ou e algo de sendeirismo? De todas as maneiras, e ben bonito. paréceme que perdín algo por aquí. Hasta agora máis arriba. chauuuu
Ola Marina,
ResponderEliminarO Camiño, din que sigue ata Fisterra, así que eso é o que estamos facendo.
Grazas por entrar e animar un pouco, que todo fai falla.
Unha aperta