Domingo, 2 de xuño, empezamos o mes cunha saída organizada pola Asociación Ecoloxista ADEGA-Lugo. O programa era a visita ao Castro de San Cibrao de Las, un dos máis grandes de Galiza, cunha altitude de 450 metros, acompañados polo coñecido doutor en estudos célticos André Pena Graña, quen nos explicóu con todo luxo de detalles, a complexa organización dos castros galegos, desvelándonos unha teoría que rompe con outras moitas que ata de agora nos ilustraban ese periodo un tanto escuro da nosa historia.
Dende alí, partimos en microbús ata Beade, terra de viño do Ribeiro, onde nos achegamos ata un viñedo en socalcos, de producción ecolóxica, que ven cultivando Eladio Rodríguez, seguindo os métodos dos seus ancestros e respetando o bo facer da natureza que rexenera a terra en por sí, alléa aos químicos que a destrúen.
Neste lugar, protexido por muros de pedra e polas árbores autóctonas que abrigan dos ventos, hai variedades de flores que nos fan pensar nuha área provenzal da campiña francesa. Curiosa unha árbore que dá unhas bagas que se usaban para calmar as molestias da menstruación nas mulleres, e que é de orixe mediterránea, sendo este lugar poseedor dun microclima mediterráneo e dun chán granítico que dá ao viño unha entidade única.
Dende alí, fomos dando un paseo a pé ata Beade, capitalidade dese concello, cun núcleo urbán moi ruralizado, con casas que foron como pazos no seu día, hoxe ruínas que se descolgan nunha ladeira, alternando con outras ben coidadas, todas feitas con pedra de granito, con balconadas e arcos que lles dan un aire señorial e de xente pudente doutros tempos.
Está situado no Val do Avia que é un extenso val e todas estas comarcas pertencían a Tui, e non a Ourense como é o caso na actualidade.
En Beade, ao pé do Calvario e con fermosas vistas á igrexa da Encomenda que logo visitaríamos acompañados polo alcalde, fixemos o noso xantar, sentados baixo un porche antigo, con bancos de pedra todo ao redor, en torno a unh mesiña redonda que trouxo Eladio, xunto cun bo queixo local e botellas de viño da súa bodega, tinto, branco, algúnhas do 2007 que nos souberon a gloria e que fomos bebendo pouco a pouco, primeiro timidamente e logo xa, con máis animación. Non faltóu a recitación dun poema polo seu autor...
E non puidemos deixar Beade sen coñecer a bodega do noso anfitrión e cosecheiro, quen nos levóu ata un comedor tan grande como o da Ultima Cea de Xesús, no que non faltaban cadros, algúns pintados por él, fotos e outros obxectos que facían o lugar moi acolledor. Sentados todos e todas ao redor, foron chegando máis botellas de viño, vasos... e outro queixo que moito nos gustóu porque maridaba co viño á perfección. Logo veu a guitarra, os cantares da terra, e aínda con sobriedade, fomos desfilando escadas abaixo ata o lagar, onde non podiamos irnos sen levar un recordo de tan prezados caldos.
























































