www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 8 de marzo de 2025

A MULLER DA MIÑA VIDA

 


Día da Muller non é so hoxe, oito de marzo, senón cada día. Día do ser humano, sexa do xénero que sexa. 

Eu quero adicarlle unha lembranza á muller que non só me deu a vida con grandes dificultades, senón que me ensinóu a vivir, que me trasmitíu os seus saberes, o seu talante, a súa atitude.

Natalia, a muller que coñezo e entendo mellor hoxe que daquela, foi nai e mestra. 

Crieime ao lado dela, xuntas iamos lavar a roupa ao río, carretabamos a auga, ela na sella, eu nunha xerra ou balde. Cando chegabamos a casa, sen folgos, refrescabámonos cun vaso de cervexa mesturado con gaseosa. 

Dende que se casaron ela e Ramiro, (hai que dicir que foron emprendedores), puxeron unha cantina. Meu pai era carpinteiro e ela costureira. Tiñan oficios con que gañar algún cartiño para empezar a vida nunha casa de prestado compartida con outra familia. 

Axiña, miña nai soubo como compartir ser taberneira, costureira e, logo cociñeira de vodas e banquetes que se celebraban nas palleiras das casas das aldeas. Chamábana de moitos sitios. Ela atendía a todo.

Facía os asados nos fornos do pan. Levava equipo da súa casa para que non faltase detalle. Dábaselle a repostería e preparaba tortas nupciais de varios andares. 

Tiña un taller de costura e viñan moitas rapazas aprender con ela. 

Xa andado o tempo quedaron sos coa casa e daban xantares, ceas e mesmo aloxamento  a xente de paso ou que tiñan traballos pola zona. 

Colleu moita fama de boa cociñeira e chamábana dos restaurantes de Baleira para ir cociñar a caza, da que era unha experta, así como de fritir as troitas do río Eo. Viña xente de Lugo comer troitadas aquí na nosa taberna.

Ninguén chegóu aquí, fose a hora que fose, que non atopase un xantar. Tiña moita capacidade de improvisación e logo aparecía comida na mesa.  Ademáis era creativa. Facíanos a roupa a meu pai e a mín. Lembro o vestido de comunión que me preparóu, sen faltar detalle, cosendo aos poucos, entre tantas faenas das que se ocupaba pois tiñamos horta, animais, (porcos, coellos, galiñas, gato...).



Meu pai andaba traballando por fora. O negocio da taberna case o levaba ela soa. A xente non pagaba ao contado. Todo era "apunta aí". Ela tiña que poñer a cara para pedir os cartos a xente que se marchaba sen pagar. Valía para todo!

Cantas veces non tiña que sufrir comentários insultantes de meu pai, cando facía algo que a él non lle parecía ben. E tampouco se cohibía da xente, alí onde lle viña, alí lle chamaba cousas que non eran verdade, como chamarlle burra diante dun público. Él non era malo pero tiña mal xenio e non se contiña. Cánto ela non sufríu coas súas arrancadas que a foron minando ata que, chegada a menopausia, tivo un brote esquizofrénico que levou moitos anos medicándose, indo a psiquiatras... Causado tamén polo bulling de veciños que lle tiñan envexa.

Eo escoitaba todo aquelo e sentíame mal. Nada podía facer. No meu interior sempre me poñía do seu lado porque me parecía inxusto que a unha muller tan intelixente e activa se lle chamara burra. Doíame no meu adentro e agora doume conta de que aquelo era un tipo de maltrato psicolóxico. Pero naquela época, a muller tiña que aguantar, non se pensaba en separación e menos en divorcio porque non tiñan de que vivir se non era emparelladas e aínda así, pouco se conseguía, e tendo en conta que pagaban os meus estudos na cidade...

Agora, cando máis entro na idade que ela tiña cando eu xa era uha muller independente, voume dando conta de que herdei o seu xeito. Son unha persona activa, creativa, que gosto de facer de todo, traballar unha horta, escribir, facer doces e xantares para mín e para compartir...

Por eso, hoxe, Día da Muller, vou participar nunha iniciativa que temos na aldea, de xuntarnos as poucas mulleres que somos e algún home tamén, e celebrar cunhos doces e uns cafés e licores o estar vivas e vivos e aínda sendo pouca a xente que queda, sentirnos acompañados e en harmonía.




22 comentarios:

  1. Que bonito texto, Beatriz! Canta verdade dis. As mulleres de antes valían para todo e non eran máis porque non llo permitían e aínda por riba tiñan que soportar a infravaloración.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, amiga. Feliz Día.
      Aperta grande!

      Eliminar
    2. Unha boa mestra deixa pegada para toda unha vida. Feliz día da muller, Beatriz! 🥰

      Eliminar
  2. Bonitas e sentidas palabras, daquela era así, ted razón. Pero non deixa de ser triste. Unha aperta Bea 💜

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por lermeve seguirme. Gustaríame que deixases unha pegadiña! Non son adiviña! Ja ja ja.
      Que pases un feliz 8M

      Eliminar
  3. Un relato sinceiro e tenro para facerlle xustiza a tua nai! Anque a coñecin non sabía de tantas abelenzas das que era dona. Para estar orgullosa; en fin, das nosas nais todas estamos. Serven de exemplo de fortaleza nuns tempos nada fáciles. Seguro que á sua maniera, tamén foron felices. A vida sempre é dura para todos. Aperta.Nucha

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Nucha, polas túas palabras, por estar sempre preto no corazón. Ti es outra das mulleres queridas da miña vida. Unha amiga fiel e detallista a quen admiro. Bico grande

      Eliminar
  4. Mi querida amiga Beatriz,
    Si bien cada día es un día para celebrar la belleza y el valor femenino, es fantástico que mi cumpleaños sea un día para celebrar a todos ustedes alrededor del mundo.
    FELICITACIONES HOY Y SIEMPRE.
    Besos.

    ResponderEliminar
  5. Valentes as dúas, nai e filla!

    ResponderEliminar
  6. Hola Beatriz, noble relato nos dejas de ese ser maravilloso que es la mujer (madre) y tantas y tantas enriquecidas labores que redundaban en una predisposición intrínseca y capaz de dar siempre lo mejor...esos seres son imprescindibles y por ellos hay que dar siempre lo mejor y alcanzar en justicia para ellas todo cuanto se merecen (igualdad). Hemos de apostar siempre por alcanzar.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Gracias, Dionisio por tu comentario con el que estoy en sintonía. Esa era la idea, de valorar y dar visibilidad lo que algún día, ya casi olvidado, marcó los que serían mis pasos como persona que recibió enseñanzas y ejemplos valiosos de otra mujer, la madre y maestra que fué mi progenitora.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  8. 8 de Março, dia de aniversário da minha mulher.
    Boa semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà Pedro, pois xa se celebra o aniversario e máis o Día da Muller!
      Parabéms!

      Eliminar
  9. Ola Bea:

    Coñecía xa moito do que relatas neste sentido escrito porque ti mesma mo contaches.

    Gran parte das mulleres que nos precederon foron grandes mestras, moitas veces difíciles de imitar. Véxoas nas fotografías antigas, con esa afouteza que trasmiten, e non poido máis que sentir admiración. Sacaban de onde non había, con escasos recursos dispoñibles, empregando o inxenio. Cando actualmente falan de eficiencia e emprendimiento, en cursos e charlas, ou de coaching, que agora está moi de moda, non poderían ter mellor exemplo. Eso xa vén de moito tempo atrás.

    E din que nesa cuestión as mulleres imos aínda por detrás dos homes, pero se iso debérono de inventar elas, as nosas avoas e bisavoas! Só que o mundo non lles permitou sacarle moita rendabilidade.

    Moitas facían equilibrios para levar todo un mundo nas súas cabezas. Miña avoa por parte de nai foi tamén, como túa nai, unha delas. Tamén con múltiples oficios: lavandeira, leiteira, empregads de fogar, agricultora xuntos con meu avó, vendedora das mellores froitas e verduras en múltiples mercados da provincia de Lugo, incluido o da praza de abastos da capital.

    Unha muller botada para adiante, alegre, positiva, a pesar das dificultades. Tanto é así, que xa de maior decidiu sacar o carné da moto, para poder ser máis independiente.

    E xa se sabe, que de tal pau, así é a astilla. Véxooo en miña nai e en ti. Mulleres loitadoras e creativas, en diferentes ámbitos e noutros en común, como na cocina, que se vos dá moi ben as dúas.

    A ti, co teu bolígrafo, e innovando con proxectos pioneros no teu antigo oficio de mestra, e a miña nai, no seu antigo oficio de perruqueira facendo os máis fermosos recollidos, creados na súa cabeza ao momento.

    Un biquiño,

    Iria

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Iria, por complementar co teu comentario, a idea que eu quixen trasmitir.
      Non sabía que tua nai fose perruqueira! Así tes ti a bonita cabeleira que tanto me gusta!
      Que mellor honra que aprezar a valía das nosas nais e avóas que tan ben merecen este recoñecemento.
      Unha aperta

      Eliminar
  10. Beatriz, me ha emocionado la lectura de este hoimenaje en el dia de la mujer "a tu madre",
    y que precioso traje de comunión te hizo tambien...
    te felicito por haber heredado de ella tanto y tan bueno
    Un abrazo grande

    ResponderEliminar
  11. Olá, querida Beatriz, sua história e de sua mãe emocionam!
    Nada mais justo e belo do que comemorar o Dia Internacional da Mulher! Mulher é um ser muito especial!
    Uma boa semana, querida, muita paz e saúde, gosto muito de ler você!
    Beijinho daqui de longe!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que linda a sua história e da sua mãe!
      Beijinhos sorridentes e iluminados!
      🌻 🌻 🌻 Megy Maia

      Eliminar
  12. Beatriz. Que historia tan bonita... nostalgia es lo que he sentido. Me imagino que tu mucho más.
    Por supuesto que el día de la mujer son todos los días del año, no solo el 8M.
    Un abrazo enorme 🤗

    ResponderEliminar
  13. Bea tes toda a razoʻn, Creo que Ramiro non tin̈a mal xenio, era sincero, por iso a hipocresìa sentàballe moi mal, creo que iso xa vin̈a da Espin̈a
    Apertas

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.