www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 24 de novembro de 2024

FESTA DE ANIVERSARIO

 


Despois de ler este libro, non precisei pensar moito para darme conta de que os nenos e nenas de hoxe en día, sobre todo aqueles e aquelas que viven nas cidades, precisan urxentemente volver á Natureza e sentir que teñen os pes e as mans na terra, nas árbores, na auga e que poden e deben xogar cos elementos naturais que lles estan vedados, ás veces por ese costume imposto por unha sociedade onde o aséptico é unha regra de hixiene que hai que manter a toda consta.

Pois, onte, tiven a oportunidade de asistir a unha celebración  de aniversario das miñas netas, en plena natureza, na que viven, posto que viven no rural baleirado e onde apenas hai outros nenos ou nenas da súa edade. 

Coincidindo coa súa primeira inmersión na escola pública, (pois antes tiveron escola na casa onde pai e nai fixeron de mestres ata xa ben avanzados os estudos primarios), convidaron a todas as novas amizades que fixeron na escola do seu concello.

A festa tiña moitas partes. Un programa ben organizado que se levóu a cabo coa colaboración de pais, nais dos e das convidados. 

Foron chegando arredor das catro da tarde a aldea e no lugar indicado para a festa, explicouse o plan:

Primeiramente había que sair a percoller o lugar e ir seguindo as indicacións que os levarían a atopar un tesouro.

Metidos xa por unha corredoira, na fraga, atopamos a bruxa Pitoña que nos estaba agardando carregada de fardelos e outras quincallas.



Ela empezóu a darnos as súas explicacións para poder chegar felizmente ao agardado tesouro. Amosábase moi eisixente e poñíanolo un tanto complicado, a base de notiñas que os nenos e nenas tiñan que ir lendo porque ela non sabía nada de ler palabras escritas, só sabía ler nos garabullos que levaba na faldriqueira.



De seguida lle puxo catro trapos a unha voluntaria que faría de axudanta de bruxa e foi a que leu a primeira nota que nos mandaba ir ata a primeira volta do camiño e alí buscar algún dos bechos que se precisaban para facer unha pócema. Os bechos eran tres sapos, tres serpes, moco de murcego e fiuncho, (herba que se lle pon ás castañas cocidas para aromatizalas e que medra nas veiras dos camiños) pero non estaban todos nun sitio, había que ir e vir e facer sumas e restas e tirarlle das orellas á bruxa para sacarlle os paus que escondera e que ela interpretaba ou lía. Total, que nos fixo, ler, calcular, e tamén nos deu outros consellos para non caer en trampas, que hoxe está o mundo cheo delas. 

Había que consultar tamén cun zorro que vive na fraga e tivemos que chamalo o berros ata que nos escoitóu e logo veunos dar algunhas pistas que precisabamos. Era un zorriño moi amable e ben falado.

Logo de atopar os requeridos ingredintes escondidos nos sitios menos pensados: debaixo das follas, subidos nunha árbore...



Faltábanos ir buscar ao espantallo Froilán que estaba nunha horta da aldea coidando de que os paxaros non comeran o que era para a xente.  Uniuse á comitiva e encamiñámonos para o lugar da festa onde estaba o caldeiro da bruxa agardando para facermos a pócema. 



Fomos metendo nel todos os bechos, remexendo e remexendo e por se eso fose pouco tivemos que aprender as palabras máxicas que non nos saíron ben á primeira, nin a segunda, nin a terceira, e mesmo tivemos que ensaiar unha chea de veces ata que por fin, a cousa funcionóu e dalí saían cousas malas, ao primeiro, cousas que non había que probar así porque sí, xa que podían ser dañinas para a nosa saúde. Pero tamén saíron outras que viñan envasadas en tarriños de cristal e tiñan unha cor como de chocolate, e estaban quentes, e ulían ben, a chocolate...e entón SÍ, aquelo podía beberse! 

Aínda nos faltaba dar co tesouro e non sabiamos como seguiría aquela busca, pero, en principio servíunos para repoñer forzas despois da andaina e de tanto ler e calcular facendo sumas e restas para sacar sempre o resultado cero. Tiñamos xa dous ceros e quizá o terceiro nos levase ao tesouro.

Non sei ben como se chegóu a él pero apareceu alí na porta do garaxe unha gran maleta. Abrímola e dentro había tantos paquetes cos nomes dos e das asistentes, que mesmo parecía que eran os agasallos do apalpador. Colléu cada quen o seu e abrírono. Dentro viñan cousas para comer, libretiñas para escribir e outros enredos. 

Felices e contentos/as, pasamos xa a merendar a gran banquetada que nos tiñan preparada para toda a xente pequena e grande na que non faltóu de nada, bocatas, doces, froita, gominolas, patacas fritas, zumes, empanadas... e unha enorme torta de chocolate coas candeas enriba para que as agasalladas sopraran, coas luces apagadas e coa cantiga de parabéns de todos e todas nós.




Logo da fartura, veu o lecer. Abríronse os agasallos que trouxeran os e as convidadas. Sorpresas e máis sorpresas...

Despois organizóuse un taller de confección de bonecas nas que participaron  tanto as nenas, nenos, como pais e nais . Foron horas de traballo e con moi bos resultados.




Mentres, eu fíxenme amiga do espantallo e convideino a un baile. Primeiro bailamos un valse e logo unha bachata. Eu que sempre soñei con atopar un bailarín!



Non me quero despedir sen que saibades o reverso do libro que puxen de primeiro. Tal vez nos sexa de moita utilidade.




15 comentarios:

  1. Minha querida amiga Beatriz,
    Infelizmente, a maioria das nossas crianças está muito informatizada e desinteressada pelo contato com a natureza.
    Precisamos cuidar da natureza urgentemente, ou logo teremos guerras por água potável.
    Um beijo e boa semana!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que pronto vieste, meu amigo, seguro que o cheiro a chocolate chegóu aí ao Brasil, levado polo forte vento que circulóu onte e hoje.
      Pois sim, concordo nisso de que precisamos voltar á Natureza.
      Muito obrigada pela visita.
      Boa semana.
      Beijo

      Eliminar
  2. Vivem colados a ecrãs, numa realidade alternativa.
    Boa semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Pedro, quando algo é demáis desequilibra. A tecnología é boa pero o abuso pode ser um problema para a saúde. Saber alternar o natural co artificial pode ser de utilidade.
      Obri e ja là vou visitar o humor do seu blog.

      Eliminar
  3. Que entrada tan inspiradora!

    Transmite, cunha linguaxe chea de frescura e detalle, a maxia dunha experiencia que mestura natureza, fantasía e comunidade. A través desta narración, rescata a importancia de reconectar cos elementos naturais e de crear momentos significativos para as novas xeracións.

    Unha entrada que fai reflexionar sobre a sinxeleza da felicidade e sobre como volver ás raíces pode ser o mellor regalo que lle podemos dar ás nosas familias.

    Noraboa, Beatriz, por esta marabilla de relato!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas por deixar as túas palabras que interpretan na xusta medida o siñificado que pretendín trasmitir nesta historia.
      Unha aperta

      Eliminar
  4. Hola Beatriz, me ha gustado mucho ese relato del entretenimiento lúdico, enmarcado en los clásicos cuentos de meigas e bruxas, que tanto juego dan inmersos en la naturaleza y enriquecen a la imaginación de los cativos. Gracias por compartirlo.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Dionisio, me alegra que te gustara. Ultimamente estoy observando el interés de los padres en querer escolarizar a sus hij@s en lugares ubicados en la naturaleza, escuelas del bosque, escuelas abiertas al entorno...aunque estén más lejos. Esas son buenas señales!
      Un abrazo

      Eliminar
  5. Fas unha reflexión necesaria. A sociedade é cada vez máis urbana, mesmo a que vive na aldea contacta cada vez menos coa terra, vive o rural coma un feito cultural urbanizado, non coma mirada labrega que ti proxectas e que enriqueces coas lecturas e os propios textos. Desandar é bo. Levar a literatura e os nenos á natureza. Parabéns polo post.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Manuel pola túa, sempre útil e necesaria aportación. Penso que "traballamos" polo mesmo e xa se sabe que "a unión fai a forza".
      Alégrame a túa visita!
      Unha aperta!

      Eliminar
  6. Un aniversario diferente. Educativo, divertido, colaborativo... Estou dacordo coas túas reflexións. Hai moita rapazada enganchada totalmente aos móbiles, ás redes sociais, ao WhatsApp... e coñecen eses mundos, pero pouco ou nada o mundo exterior, o real, o que se pode tocar e ulir, no que se pode compartir cara a cara cos demais, sen estar cadaquen mirando acadanseu teléfono. Penso que vai pasar factura no futuro, sobre todo no futuro de cada un deles.

    Ademáis, é curioso que escoitei a psicólog@s e , tamén en conversas, a xente cercana, que agora os pícaros e pícaras (como lles chamos na mina zona) teñen medo a mancharse ao xogar, e xa non xogan... Vo bonito que é experimentar e descubrir o enterbo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois temos que reconducir a situación e ofrecerlles alternativas que tamén son divertidas.
      Seguro que o conseguimos! Nada mellor que predicar co exemplo.
      Porque non son só os xovens, somos todas e todos!
      Grazas por deixar o teu comentario.

      Eliminar
    2. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
  7. A cumpleaños así me apunto con los ojos cerrados, ya que yo disfrutaría tanto o más que los niño@s.
    Me ha parecido una iniciativa muy bonita y original, además de una excelente enseñanza para los críos de respeto y amor por la Madre Naturaleza.
    Un disfrute el pasar por aquí, amiga beatriz, y gracias por compartirlo.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  8. Querida amiga Beatriz, paso de nuevo por aquí para desearos a ti y a todos tus seres querido, que disfrutéis en paz y con alegría de estas fiestas navideñas.
    Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.