www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 3 de outubro de 2020

OUTONEANDO




 Lémbrome que de pequena,  miña nai, dicíame moito,  a palabra outonear, como querendo dicir, que me ía pola miña conta por ahí sen o seu consentimento.  _ "Onde andiveches outoneando?"

Así que saín moi outoneadora! 

Hoxe, pódese dicir que empecei a outonear. Día de chuvia miúda. Traxe parachuvas, botas, bastóns, unha bolsiña, navalla, e Noa. Prados arriba e abaixo na percura de cogumelos. Cando xa daba por perdida a busca, empecei a ver sendeiriña en varios prados. Logo había que seguir buscando sen importar a chuvia que empezaba a mollarme o traxe.

Chegar á casa con semellante manxar, cambióu o rumbo do meu menú do día. Xa non sería un salmón ao pil-pil senón acompañado de sendeiriña cociñada con viño de Porto e patacas estilo canario, "papas arrugás". Eso fará o meu xantar de hoxe.

Sair con chuvia, con tempo mais frío, apañar cogumelos, limpalos e preparalos para poder comelos ou gardalos, da o seu traballo e non todo o mundo está disposto a pasar ese traballo pero o resultado compensa e sempre é unha novidade que fai que esta época do ano teña o seu encanto. Alén de coller estes manxares que nos ofrece a natureza de xeito altruista, sen pedirnos nada a cambio, é un pracer poder agradecerlle tal detalle. 

As primeiras castañas son outro motivo de saídas outonais. Xa apañei as primeiras baixo o meu único castiñeiro e aseinas na cociña de leña mentras quentaba a casa e preparaba o ambiente propicio para unha sobremesa cun libro nunha hamaca ao quentiño e coa mantiña por riba. 

Música na radio mentras esto escribo. Hai cousas que espertan as ganas de escribir cando non hai nada do que escribir, cando todo está dito e de mellor xeito. Ler aos demais tamén é un pracer que nos dan servido. 

Estes días estiven lendo o único libro de Manuel Antonio, un rianxeiro pioneiro na poesía vangardista en Galicia. Facía tempo que nono lía pero atopeino entre os libros que vou gardando en caixas, e un día buscando, atopeino. Pásame a miudo, con algúns libros de poesía ou prosa, que me resultan difíciles de ler. Precisaría usar un diccionario todo o tempo. De ónde sacaría él esas palabras tan difíciles. Teñen moito que ver co vocabulario mariño, pois él era navegante, e eu son de terra adentro! Pero ainda así, sen acabar de entendelo todo, doulle o seu mérito por escribir así, nunha época  na que non se escribía dese xeito por aquí. Él tiña moito mundo! Adiantouse aos tempos! E iso hai que recoñecelo! "De catro a catro", xa o dí todo o mesmo tíduo. E ainda mais, xa que finou moi novo, con trinta e tantos, pero había como unha premonición desa morte prematura nos seus versos.

Está saindo o sol dentres as nubes que o tapaban e ilumina as rosas que están cabizbaixas pola chuvia, e outras empezando a abrir nesta primavera de outono. É a súa derradeira oportunidade. Logo xa será un longo inverno para elas e para nós.

Remato aquí porque agárdanme as perolas  e non hai tempo que perder se quero xantar en hora.

Benvido este outono!



6 comentarios:

  1. Bem vindo Outono
    .
    Bom fim-de-semana
    Cumprimentos

    ResponderEliminar
  2. Desde que morreu uma criança vizinha com cogumelos envenenados em 1960, nunca mais comi cogumelos a não ser os enlatados, porque suponho as fábricas têm especialistas em conhecê-los.
    Bem vindo Outono.
    Abraço, saúde e uma boa semana

    ResponderEliminar
  3. Pois si que fíxeche un bo percorrida con a túa mellor amiga, Noa. Tes boa gran capacidade para coñecer Os cogomelos que son comestibles e os que no. Hai que ver que xantar mais rico, lerte abre o apetito, e as castaña así collidas da árbore, asadas e comelas quentiña, e un manxar a vista.

    Gracias Bea, por compartir esas bonitas letras e fotos que invitan a ler con gana.

    Unha aperta grande, e cóidate moito.

    ResponderEliminar
  4. ...a chuvia, que cheguei a estrañar nos meses que vivín na meseta, molla a un, achégao á realidade, o vento, o mesmo frío, fan sentir a forza da vida e da natureza, a realidade exterior no seu estoupar de outono, neste caso, ou de inverno agora....o pracer da chuvia...de sentir....a música, as lecturas, cociñar...son o contexto das lerias, destas, de case todas, envoltura da nada cotián, que habitamos; andando esas frobteiras entre vida e literatura, vida e música, real e virtual, lama e asfalto. Nesas fronteiras, e noutras, encontro sempre as liñas deste blog, outoneando!!, como tan ben dixo a túa nai. Nada máis, bicos

    ResponderEliminar
  5. Fermoso outono o teu. Xa me siento tentada a outonear da túa man����

    ResponderEliminar
  6. Beatriz,
    Seu blog é
    cheio de maravilhosas
    publicações.
    J favoritei la
    no meu Espelhando.
    Bjins de bom fim
    de semana
    CatiahoAlc

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.