www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 26 de abril de 2020

DIA GRIS




Un día perfecto para "quedar na casa". Ainda que moitos nenos e nenas estarán coa mochila preparada para sair á rúa. Unha rúa mollada, alomenos aquí, na Galiza, para atoparse cun mundo diferente ao que deixaron a derradeira vez que voltaron da escola ou do parque....Un mundo inhóspito, frío, distante, raro, perigoso..... do que só se quere fuxir canto antes, porque este non é o mundo que queremos para o futuro ainda que o ceo e o ár sexan mais limpos, ainda que polo ceu non surquen avións que marquen interminables liñas rectas de fume contaminante, ainda que o silenzo sexa o mellor fondo para escoitar os paxaros, ainda que os violadores e ladróns non anden soltos, ainda que non teñamos novas de accidentes nas estradas, ainda que tantas e tantas cousas pasen ou non pasen,  este non é certamente o mundo noso, o que nos faga felices pero tampouco nos facía felices aquel que deixamos atrás, non. 
Entón, teremos que ir construíndo un mundo mellor, onde as cousas boas que pasan agora se combinen coa liberdade, coa responsabilidade, co sentirnos mais segur@s, no que as  malas novas non sexan o día a día, onde poidamos falar dun mundo que esta mudando para ben, menos globalizado, mais local, mais de perto ó nóso. Onde sexamos quenes de apreciar o que temos arredor: as persoas, as paisaxes, a natureza que viñemos degradando a pasos xigantescos, sen miramentos, con tal de dar renda solta a tantos outros anceios, sen pensar nas consecuencias.
Agora, hoxe... é un día para sentir caer a choiva miudiña, que vai mollando as plantas para darlles pulo no seu crecemento e no seu esplendor primaveral, porque a vida, ainda que tocada, segue e explosiona cada primavera, a pesar de todo, e de todos, allea ao que pasa ahí fora, dentro.....
E eu plantéxome qué facer con cada ser vivo que me come as plantas.Quero saber cál é a sua misión. Como é a sua existencia. Unha familia de caracois, criando, manténdose agochad@s "na casa", unid@s, protexéndose, axudándose.... Non é para desfacerse deles sen mais. Eu recólloos e levos lonxe das miñas plantas. Non son mais nen menos ca nós! Qué pouco sabemos das suas vidas!
Mentras se cociña o caldo de castañas, mentras o día está gris e borrallento, mentras non se escoita nada arredor, mentras Noa durme e non quere paseo.... eu deixo aquí as miñas cavilacións.....






8 comentarios:

  1. Unha boa, importante e verdadeira reflexión, Bea. Claro que os caracois teñen o mesmo dereito a vida, a túa bondade e grande, e o corazón non che cabe, non cambies nunca. E un texto que e un gran pracer léelo, unha mensaxe de esperanza nas túas cavilacións, que me identifico con elas. Grazas reíña, por o teu ben facer.

    As fotos falan por si soas da primavera.
    unha aperta grande e biquiños.

    Ata outro momento.

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea, repasando este texto literario e precioso, para responder dentro do meu humilde sabe sobro o que explicas do mundo que deixamos atrás e o que se presenta a nosa vista agora.

    Eu quero ser positiva e pensar que en algo cambiará ou quizais moito, pero teño as miñas dadas de que sexa para mellorar, cústame crer que todas as mortes que se levou e sigue levando, esta guerra virulenta sirva de algo para mellorar. En primeiro lugar, tendemos a ser esquecedizos fracos de memoria, segundo, dáme a impresión que os pobres van ser, e xa son, mais pobres, a miseria está entrando en progreso de cheo. Os deuses queiran que me equivoque…
    En cambiando de tema, encántame a túa horta todo florecida, alegra unha mirada detida.

    Gracias, amiga, por teu ben facer, da envexa san. Unha aperta grande e bicos moitos. Esperando que non tardemos en vernos de novo.

    ResponderEliminar
  3. Bom dia! Como está?

    Agora, por aqui, já é como em pleno Verão!

    Mas a minha estação preferida

    continua a ser a Primavera!

    Saudações!

    ResponderEliminar
  4. Esto pasará a la historia, y servirá para valorar la vida mucho más. Aquellos que siempre lo tuvieron y se lo encontraron hecho y no dieron ni un palo al agua en su vida. Todo pasara y nos acordaremos de mal que se ha llegado a pasar. Experiencias duras seguirán sucediendo por un futuro más entero, sin pararnos a dar tantos rodeos en aquello que es casi imposible conseguir o soñar con algo que podemos pasar de ello para vivir. Y costara el sufrimiento, pero también llegaran mejores tiempos donde podamos ver la realidad.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  6. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  7. Você deixa meu coração acelerado, sabia?
    Pois deixa. Fico tão feliz com você falando
    comigo...
    Um beijo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.