www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 10 de xuño de 2019

PIORNEDO.Roteiro da Moura




Piornedo é unha aldea nas montañas lucenses, zona de Cervantes e Caurel. Unha aldea típica de pallozas que foron conservadas a través do tempo e que agora son unha reliquia do pasado dos habitantes deste lugar, adaptadas perfectamente ao clima para protexerse dos frios invernos. Modelo de convivencia dos humanos cos animais domésticos nun mesmo habitáculo en perfecta simbiose para darse calor mútuo. Piornedo, ven de piorno, que é un arbusto, xesta de montaña ( Cytisus oromediterraneus) e que parece que atopou nestas montañas o seu hábitat mais axeitado. Produce unha fror amarela como a das fabas, xa que é unha especie fabácea, pero algo mais pequena que a da xesta que se encontra por outras zonas de Galiza.


Empezamos a viaxe por estradas cada vez mais estreitas e curvilineas, rodeados por unha paisaxe de verdes e amarelos, sen apenas nucleos de poboación. Chegamos a Piornedo a tempo do primeiro café da mañá que nos espabilaría o frío que ainda fai por esas altitudes. As montañas esténdense á redonda formando unha muralla impenetrable, illando estes lugares do resto do mundo. Estabamos xa no centro de Piornedo, cas pallozas perfectamente coidadas e conservadas. Algunhas convertidas en casas modernas e outras libráronse de seren modernizadas para quedar de testemuña do que foi a vida nestes lugares afastados e mesmo incomunicados perante os duros invernos de neves.
Deixamos a aldea para ver ao final da xornada e dirixímonos con duas guías que nos acompañaron por dous roteiros diferentes, un de doado andar e outro un pouco mais difícil, que foi o que escollemos a maioría. De frente, a cama dun antigo glaciar que alí esistíu e hoxe amosa as grandes pedras que arrastróu por toda a ladeira da montaña.
Chámase o Roteiro da Moura, porque hai unha lenda, que é moi común tamén noutros lugares, con variacións pero conservando a mesma historia, dunha muller que desapareceu da aldea, que a buscaron e buscaron ata cansarse e deixárona xa por imposible. Pasados anos, apareceu no alto de Chao das Penas, berrando para que foran buscala. Nese tempo tivera dous fillos e vivira nunha cova pero cansada desa vida subterránea, quería voltar a aldea de onde desaparecera anos atrás. 
Fomos vendo o tipo de flora e fauna do lugar. Atópanse prantas carnívoras que comen mosquitos nas zonas húmidas e encharcadas. Hai tamén plantas medicinais como a árnica, plantas que servían para cando se cortaban para tapar a cortadura, cardos mais menudiños que os que se atopan noutras zonas de Galiza, moitísimos acivros que serven de refuxio aos animais. As vacas van soas ao monte por carreiros de cabras case intransitables e voltan elas soas para a casa ao final do día. 
Un piorno en flor e unha lugareña carexando leña.
Vimos rastro de lobo polo camiño. Tamén alguén divisóu un oso pero non todos poidemos velo. Como eramos un grupo pequeno, estabamos como en familia, como se ao pé da lareira nos atopáramos contando historias doutros tempos, das que as guías son coñecedoras e transmisoras xa que eso é xusto o que pretenden, contar o que a xente da aldea contou e foi trasmitindo ás novas xeracións.
A subida fíxose un pouco dura pero ben levada, polas sombras e paradas que íamos facendo e pola conversa entretida que levabamos. Non chegamos ao pico de todo pero case. Dende alí víanse as montañas unhas tras de outras, con pequenos lugares de casas que se contaban cos dedos dunha man. Falounos a guía de cómo ao longo do río había muiños pequenos que foron desaparecendo, de como preparaban a palla de centeo co que cubrían as pallozas e que non valía palla mallada, senón enteira coa espiga para que durase mais tempo. Algunhas votaban vinte anos ou mais sen ter que cambiala.
Das capelas que había en cada aldea, das feiras-festas a onde acudían toda a xente da redonda unha vez ao mes e de cómo era a vida alí, como producian carbón coas uces que queimaban baixo terra no monte, da importancia do monte de baras ou aberzale que se repartían por quendas entre os veciños para sementar o centeo despois de preparar e cavar a terra con moito traballo. 
A baixada foi mais rápida e paramos no regato para mollar os pés e descansar antes de voltar á aldea para xantar nun dos seus restaurantes. 
Despois de comer, visitamos unha palloza museo onde poidemos ver toda clase de obxectos antigos tal e como os deixaron, a distribución da casa por dentro e tamén un libro de visitas no que deixei unha frase que me inspirou o qué alí vivín.
 "Conservar o pasado é un acto de humildade para con o futuro"

Unha parada en Navia de Suarna 












7 comentarios:

  1. Encantoume! Aprendo moito cos teus blogs!

    ResponderEliminar
  2. Um passeio muito interessante. Gostei da lenda da Moura e dessas casas redondas.
    Abraço

    ResponderEliminar
  3. Foi un placer facer e compartir con vos esta ruta e umha delicia pos sentidos. Muy ben explicado Beatriz..
    Espero volver a encontrarnos neste camiño da vida. Abrazińos

    ResponderEliminar
  4. Es una satisfacción ver todos eses comentarios sobre la rutas y sobre las pallozas, la verdad es que es un lugar para conocerlo y pasearlo. Creo que merece conocer todos sus encantos que tiene, aparte de toda su historia como son las Pallozas y el sistema de vida que tenia la gente de esa zona.

    ResponderEliminar
  5. ¡Caramba, Bea! Que percorrido máis importante é ademáis por medio da natureza onde hai lobos e osos, fixestes, unha ruta preciosa cara esa aldea maxica amiga, con esas pallozas que me parecen un pobo de monecas.
    Chamóume a tención o relato dá muller que desapareceu e volveu aparecer ou cabo de tantos anos, ben dá quela tampouco había medios para a procura é se cadra, ata tivo un complice? Jaja.
    Bea, as fotos son unha ledicia, algunha serve para enmarcar é ademáis falan por si soas dá beleza dá aldea.
    Deixoche as miñas felicidades e tamén a miña gratitude por tan maxico reportaxe, pois tamén dá túa man eu acabo de dar un paseo por aquel pobo encantado.

    Un abrazo inmenso co meu agarimo e estima.
    Feliz tarde de Domingo.

    ResponderEliminar
  6. Hola Bea.
    Me encantó leerte y como nos cuentas paso a paso este viaje.
    De las antigüedades sale mucha riqueza de cientos de años y poder descubrirlo es como encontrar un tesoro. Esas payozas están muy bien conservadas. Gracias por recordarme el puente de Navia de Suarna.

    Una abrazo muy grande.

    ResponderEliminar
  7. Ola Bea! Estou por aquí rememorando esa visita a Piornedo. E caramba! Hai cousas que recordaba pero outras xa non. Deixar as cousas por escrito para voltar a elas no futuro é unha boa forma de non olvidalas. Un blogue pode facer a función dun "banco de recordos" ou dun "hórreo de memorias", onde depositalos ou gardalos, para sacalos chegado o momento oportuno.

    Escribir para non olvidar. Un saúdo,

    Iria

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.