sábado, 29 de diciembre de 2018

ROTEIRO NO TEIDE






Xa dende o avión, perto de tomar terra, divisamos un resplandor fuchsia que viña a ser o atardecer no Teide.
A sua presencia fíxose notar cada intre que se ollaba a paisaxe tenerifeña. Unha forma feminina que emerxía á superficie, deixando oculta baixo as augas do Atlántico a outra compañeira.
Dende calqueira punto da illa, sempre sentín o seu dominio, a sua maxestuosidade, a elegancia de ser un volcán que se precia de selo.



Non podía irme sen sentilo baixo os meus pés ainda que non quixen probar a súa altitude máxima, senón, circundalo por algúns dos seus moitos circuítos ou cañadas da sua base.
Escollín un percorrido de unhos once quilómetros chamado Cañada Branca. O carreiro era tan estreito que so cabía eu. De feito, fixen o camiño en solitario ainda que me cruzei algunha vez con outras persoas, incluído un bebé ó lombo do seu pai.
O primeiro tramo, sinalizado con puntos numerados do un ao cinco, íanme indicando o que me faltaba para chegar ó seguinte tramo no que o camiño era mais ancho e transitado.
Sentía a presión da altitude no meu camiñar. Tiven que facer algunhas paradas para beber ou comer unha froita que me dera enerxía. Ainda que o terreo era case plano, o chán estaba areoso e con pedruscos e tropezóns rochosos que me obrigaban a ir atenta para non caer.
A vexetación era baixa e non había grandes rochedos. Podíase estender a vista como nunha chaira.
Logo entrei nun roteiro mais ancho, no que xa predominaban as rochas altas e canto mais baixaba, mais enormes se facían, formando murallas de rocha volcánica de diferentes cores e formas.
Ahí sí que me sentín un pouco soa e insignificante ante tamaño escenario xigantesco. O pensamento levábame a cómo se irían formando eses cúmulos de lava con caprichosas formas dando lugar a vales, cañóns, murallas de rocha....
O camiño ahí, fíxoseme interminabel. Cando parecía que faltaba pouco para chegar ao parador onde nos deixara a guagua, ainda tiña que facer varias reviravoltas, seseando todo o tempo entre murallas que impoñían respecto ao seu paso.



Escollera un roteiro que poidera facer no tempo que se nos dera pero sentín medo a non dar chegado.
Entre medos e admiración, non deixei de ir vendo o tipo de flora que por alí asomaba xa descorída, nesta época do ano. Esas espigas roxizas con forma cónica, chamadas tajinastes deberan estar en pleno esplendor na primavera (se é que hai primavera alí) e agora mantiñan a sua forma pero non a cor. Pendurado das rochas, asomaban os  amarelos bejeques, agora descoridos pola sequía. No chán, a pé de camiño  a herba pajonera servía de refuxio a aves como a perdiz moruna, alcaudón real e sobre todo lagartos de tódolos tamaños e cores.
Cheguei sen folgos a parada e con ganas de meterlle ao corpo un bo xantar de bocata que levaba do hotel. Descansei xunto ao parador e tomei un café mentras deixaba atrás a Cañada Branca e o pracer de tela percorrido.








11 comentarios:

  1. Hoje passei para lhe deixar um abraço e desejar um ano 2019 muito feliz

    ResponderEliminar
  2. Resplandor fucshia, cañada branca..
    e café. Fermoso texto, de tal beleza que o Teide quixera lelo.

    ResponderEliminar
  3. Cinco días con gripe y aún no he terminado mi tortura.
    Cuando yo no paso a comentar, algo raro sucede y hoy ya llevo casi cuatro horas pasando por los blogs. Bueno, ahora voy a leer tu entrada y ya te diré mis impresiones.

    ResponderEliminar
  4. Así que lo conseguiste, dejando atrás la Cañada Blanca y el placer de haberla recorrido. Me parece que queda muy claro en la cara de satosfacción que muestras después de la excursión y la verdad 11 kilometros por esos caminos de tierra con piedrecitas sueltas no son 11 kilometros fáciles. Yo del monte siempre digo que tiene kilometros de tres mil metros...

    Bonita excursión y debe impresionar ver desde tan cerca ese volcán dormido e imaginarlo como tú hacías durante ese recorrido solitario -se ve que eres una mujer muy valiente y decidida-

    Me sorprendió el padre con el bebé acomodado en el pecho y me estremece pensar que hubiera pasado si se produce una caída... no habrá pasado nada, seguro pero ¿por qué siempre tendré que estar imaginando lo peor?

    Me ha encantado leerte, como siempre, y es que no me canso de repetirte lo bien que escribes y describes. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. que palabrota más curiosa acabo de inventarme, soy un genio de los errores y la verdad es que últimamente no doy a basto.

    ¡SATOSFACCION, Jesús, qué palabrón! Si encuentras más, ya sabes
    se me cuelan como cangrejos se escapan de una cazuela...ja, ja

    ResponderEliminar
  6. ¡Hola Bea!

    Así que o viaxe era a Tenerife, que ben que bonito e pasear por o Teide aunque sean as camiñadas áridas, e un lugar de singular beleza.
    Eu fun de visita tamén na pasada primavera e vin encantada de ese máxico paraxe.

    Ben xa pasarei en outro momento pois agora teño que saír a aproveitar un pouco de sol.
    Unha aperta e ata outro momento.

    Feliz aninovo.

    ResponderEliminar
  7. Ola Bea, por aquí ando de novo para comentar un pouco mais de esta viaxe moi fermosa por certo.
    Aí que ousada es niña amiga para marchar ti soa por aqueles paraxes agrestes, ben, menos mal que levarías o compañeiro móvil, hoxe xa non damos un paso sen el.
    Fixeches unas fotos preciosas e onde estás ti, estás guapísima.
    Alégrame moito de que fixeras esa excursión o Teide; viaxar as canarias non sería o mesmo sin esa visita para ver ese belísimo paraxe.
    Ben bea, foi un pracer pasar por esta túa casa, lerte e saber que estás ben alégrame a alma.
    E déixoche una aperta grande e a niña gratitude e tamén o meu cariño e a niña gran estima.
    Feliz 2019, que todo vaia súper ben, tanto como para min desexo.

    Ata outro momento, reíña.

    ResponderEliminar
  8. Hola, Bea!

    Continuas gostando muito de passear e conhecer novas paragens. És una mujer aventureira y no tienes miedo de lugares desconhecidos.

    Las fotos estão muy bién y tu sempre com tu ar fresco y solto, pero yo no iria para lugar desses. Soy muito comodista y no me gusta a aventura.

    Besos y FELIZ ANO NUEVO CON MAIS VIAGENS!

    ResponderEliminar
  9. Bom dia, passera faz bem, voar e captar foto é agradável, as fotos partilhadas são lindas.
    AG

    ResponderEliminar
  10. Hola Bea.

    Yo estuve muy poco conectada en la red. Tampoco he tenido tiempo para escribir en mi blog, pero ahora me vuelvo a incorporarme. Te veo muy guapa en la fotografía. Además de también de ser un lugar interesante para conocer. El Teide.
    Buenas noches y felices sueños.

    Un abrazo muy fuerte 😘❤❤

    ResponderEliminar