O meu reloxio pide por outro. Case perdo o autobús que nos levaría por Terras de auga e cultura, esta vez Chamoso, O Corgo, Laxosa, Camiño Real, Mazo de Santa Comba....todos eles perto de Lugo cidade.
A primeira visita que fixemos foi a unha oleiría en Anseán, coido que foi. O oleiro chámase Lolo e alí nos agardaba unha fornada de cacharros para ver o proceso de cocción, enfriamento etc...ata conseguir unha cor e textura orixinal e moi creativa. Paixón pola arte, diría eu! Pois non pretende vender o que fabrica ainda que sí fai mostras como a que terá lugar dentro de pouco. na Igrexa de Santa María en Lugo. A sua obra é mais ben decorativa. Non ten unha utilidade funcional.
Nese lugar visitamos unha igrexa barroca que foi desencalada fai pouco e atopouse na sua fachada un elemento decorativo prerrománico a modo de ventana.
A seguinte visita, xa noutro lugar, foi ao único ferreiro que queda na contorna e que, como él dixo, a profesión está en perigo de extincción. Fillo de ferreiro contounos que antes de ter mazo propio na forxa, tiñan que usar o de Santa Comba, no que os ferreiros se turnaban para facer o traballo mais gordo dos que serían útiles de labranza, maiormente fouciños e fouces cos que ían os galegos a sega de Castela, levando as suas propias ferramentas de segar.
Fíxonos unha demostración, partindo dun listón de ferro, deulle forma a forza de lume e martelo ata convertilo nunha fouce. Un traballo que require coñecer ben o oficio pois os golpes non son só música para os ouvidos e muxicas para os ollos senón que son mans sabias que saben cómo e ónde dar os golpes que modelan a ferramenta como faría un escultor e que ainda que o elemento resultante é un apeiro, non deixa de ser artista quen o elabora. Lembro unha cantiga que sempre me cantaba meu pai, que foi carpinteiro e facía carros: "Non te cases cun ferreiro que che saltan as muxicas; cásate cun carpinteiro que che fai cousas bonitas" A min non me importaría que me saltasen as muxicas!!!!!
Logo de xantar nun restaurante da zona, no que degustamos callos, caldo e outras cousas, dirixímonos a pé ata o terceiro artesán que neste caso ven ser de cabazas. Tiñamos curiosidade por saber en qué consistía. Alomenos quenes, coma mín, non tiñamos idea do que se trataría.
Recibiunos na sua finca e fíxonos toda unha aula aberta sobre o cultivo das cabazas, que son de variedades diferentes ás que comemos. Estas vainas esculpindo xa no modo de cultivalas. Ten abellóns que son bos polinizadores e cabazas macho e femia que van hibridando ata dar unha cabaza tipo das que se usan nos bastóns dos peregríns.
Todo un proceso longo de secado e limpeza de fungos e loita contra as pragas, de maneira ecolóxica, sen utilizar nada químico e logrando un ecosistema no que os insectos como as abellas, abellóns, bolboretas atopan o seu hábitat e colaboran na polinización e combaten pragas.
Despois desta exposición inicial, viría o mais agardado: para qué son estas cabazas que tanto traballo requiren e que algunhas teñen ata cinco anos de espera para seren convertidas en algo sorprendente e artístico.
Entramos no seu obradoiro e alí, marabillados, puidemos ver nas estanterías cabazas con diseños sofisticados labrados na sua pel e con formas distintas e utilidades tamén variadas. Pero o asombro foi cando despois de explicarnos cómo se chegaba ata ese resultado final, apagóu as luces e todas as cabazas se iluminaron na escuridade, proxectando os seus debuxos polas paredes e chán, e amosando
os motivos que cada unha tiña diseñado, ofrecendo un espectáculo do mais sofisticado Halloween que se poida imaxinar!!!
Foi unha experencia que puxo punto final e broche de ouro a un día polo rural galego, ao que xente doutros puntos do planeta veñen a iniciar o seu proxecto e valorar o que temos aquí. O noso rural quere xente así, quere xente que nos descubra e que nos impulse hacia fora para sermos coñecidos non so por ser bos traballadores senón por pertencer a unha terra máxica que ten todo o que precisamos e de calidade.
Ola Bea: que máxica excursión por eses lugares donde hai artesasns de moito valor. Son grandes artistas e non moi recoñecidos como eles merecen; que ben que non deixan que se perda a paixón por ese arte tan necesario antiguamente para a supervivenza da quel entonces cando eu era nena. A cantiga, na miña aldea era así: non te cases cun ferreiro que moi malo de lavar, cásate cun mariñeiro, que ven lavado do mar.
ResponderEliminarE un pracer lerte este belísimo post, amiga. Esto usen ordenador por us días e escriboche co móvil, xa pasarei noutro instante.
Unha aperta grande y biquiños moitos.
Que reportaje tan completo, en todos los sentidos, imágenes que apoyan a tus palabras de admiración y de respeto y todas las explicaciones expuestas con el mayor acierto.
ResponderEliminarFue una ruta interesante en todos los puntos y os brindó el tesoro de conocer a artesanos que, como os dijo el herrero, están al borde la extinción. Espero que esto no pasa y que las máquinas no se traguen la creación que la mano humana pone en sus tareas. Todo es interesante pero el tema de las calabazas y de las propiedades que llegan a adquirir no deja de impresionarme: desde que son importantes, incluso como instrumentos musicales, usadas en la música de jazz, instrumentos que los africanos llevaron con ellos porque formaba parte de su cultura. No me extraña tu asombro ante esa "maravillosa o casi mágica" propiedad de endurecerse y perdurar de un vegetal.
La verdad es que la excursión fue, de verdad, una experiencia enriquecedora y que al compartirla también nos ha llegado y así hemos podido disfrutarla contigo. Te aseguro que, a partir de ahora, miraré todavía con más interés a las calabazas que vea en el mercado. Al hierro, ya le hice un poema, hace ya algunos años. El hierro forma parte de nuestra historia humana, no puedo comprender que se abandone la forja, me duele esta noticia.
Concluyo y lo dejopor no ponerme pesada pero el tema da para muchos comentarios. Un abrazo, preciosa amiga gallega, tan próxima y tan lejana, al mismo tiempo.
Hola Bea, paso de novo con o meu desexo de que o 2019- traiga para ti e para túa familia, muita saude e amor, o demáis chega so.
ResponderEliminarUnha aperta larga e cheíña de todo o bo do mundo
Biquiños moitos.
Hola, querida Bea!
ResponderEliminarQue entrada interessante! Continua passeando, mirando y aprendendo.
FELIZ NAVIDAD Y UN EXCELENTE ANO NUEVO.
Besitos.