Teño un gato negro
con ollos verde pistacho,
non lle puxen nome
porque non lle fai o caso.
Collino de ben pequecho
e gustáballe o meu colo,
agora que xa é grande
quere co empurre no solo.
A veces ven malferido,
cunha pata levantada
ou cas orellas roídas
das pelexas ca gateada.
Gústalle moito comer
o pienso de Mercadona
e se non lle dou dabondo
deseguida se encabrona.
Pero é un gato mansiño
que non morde nen raguña.
Cando lle rasco a barriga
coidase de-non sacar uña.
Nunca o vin cazar un rato
nin comer un saltamontes
pero trainos todos á raia
ainda que eu síntoos ás noites.
Cando toco o acordeón
ven correndo a meu carón
e dalí non se levanta
ata acabar a función.
Pasa o día cas gatiñas
que as ten moi engatusadas,
a veces vota tres días
sen asomar pola casa.
E eu penso se virá
ou se algo lle pasaría
pois non quixera perdelo
que lle teño moito agarimo.
Cando o vexo aparecer
recibo con gran placer
e xogamos ós arroulos
logo de darlle de comer.
O seu xogo preferido
é deslizarse no chán
empurrándolle das patas
volta e volta e a empezar.
Se os espíritus se encarnan
pode ser o de meu pai.
A veces penso que é él
polas cousiñas que fai.
Gostei do gato encantado
ResponderEliminarCom certo espírito humano
Encarnado no bichano.
Pensar assim é pecado?
Creio que não! Não há dano!...
E o gato mal-assombrado
Fica na cama espichado
Feito um velho soberano.
É um biscuit esse gato
Agradado por bom trato
Como se ele fosse gente.
Não sei se é gato de fato
Ou se de fato é um retrato
Do trato dado ao carente.
Belo poema ao gatinho! Parabéns! Gosto também de gatos. Grande abraço. Laerte.
Ola Bea, vaia poema bonito que adicas o gatiño de ollos pistacho mirada aguda e de cabelo moreno , moceiro e ademais gústalles a música do teu acordeón e un bo compañeiro sen duda, no importa que teña que cumprir con as súas mozas, sabe que cando chama a porta, e ben recibido por a súa dona.
ResponderEliminargustoume ler este fermoso poema, todo o que escribes me gusta, gracias por compartir as túas belas letras.
Déixoche una aperta agarimosa e moitos bicos xunto coa miña gratitude e gran estima.
Se moi feliz, reíña.
Os gatos são animais encantadores. E o seu deve sê-lo, já que a inspirou a escrever tão bonito poema. Infelizmente sou alérgica ao pelo do gato, pelo que o único que há cá em casa é o maridão :)))
ResponderEliminarUm abraço e bom fim-de-semana
Non sei se tes un gato ou se o gato tente a ti. Esta última debe ser a realidade. O gato mírate e ti tocas o acordeón, o gato tírase no chan cos pés pra riba e ti vas xogar con el...
ResponderEliminarO gato escribe versos que ti repites, dálle os meus parabéns!.
Miau, marramiau...
Me alegro de ver tu precioso gato negro. Que me encanta por lo cariñoso y tierno que es cuando busca por casa de tu calor y cariño.
ResponderEliminarSe que eres una gran amante de los animales y los cuidas como a la gente mayor. Siempre ahí presente y atenta.
He visto que me he perdido otras entradas por leer y lo aré poco a poco durante este Otoño. Yo aún sigo con restos de resfriados.
Buenas noches.
Besos!! 😘😘😘😘