Mentras se coce a empanada no forno, e se agarda polo seguinte cicloxenese de nome raro, fago un percorrido pola viaxe ao Porto, o pasado fin de semana, cun grupo moi heteroxéneo en canto a idades e nacionalidades e co que me sentín en consonancia en todo momento.
Facía xa anos que non voltaba por alí. En realidade, eu nunca coñecera ben Porto, e ainda me queda moito por coñecer. Cando fora por vez primeira, alá polo 74, poucos días despois da revolución dos caraveis, en auto-stop e camping da Prelada, na compaña dunha amiga de Salamanca ca que viaxaba a outros moitos lugares, era unha cidade caótica, sen semáforos, todo mesturado, todo patas arriba, pero cun ambiente tan diferente ao que tiñamos aquí en pleno franquismo, que daba a impresión de estar en París ou Ámsterdam, por mencionar algo co que podía asemellarsse. Coñeceramos xente dalí, que nos fixeron sentir da casa, (de feito, convidarannos ás suas casas, onde probamos por vez primeira o caldo verde). Música de Pink Floid, Tubular Bells, poesía, cafés auténticos, casas ocupadas.....liberdade, (que non libertinaxe).....
Fará dez anos que estivera por derradeira vez, de visita, case de paso, cun amigo noruego. Tiveramos a sorte de aloxarnos nun hotel frente ao Teatro Municipal onde puidemos escoitar a Dulce Pontes
cantando fado.
Agora, sentía que desexaba voltar a Porto. Vin en Internet unha viaxe en grupo, dende Lugo, con aloxamento en albergue e visita guiada, pequeno almorzo e xantar de grupo.... Asi que nono pensei duas veces. Este ano xa non me apuntara a viaxes do IMSERSO e por iso me decidín por esta viaxe organizada por xente nova, por emprendedor@s que están empezando no mundo das axencias online e teñen outras ideas mais acorde ca miña idea de viaxar. Parabéms!
O temporal Félix, portouse ben e deixounos chegar sen problemas. Pasamos pola Ribeira Sacra, por Ourense e fixemos unha parada na Gudiña e outra en Ponte de Lima, que tamén atopei moi cambiada e mellorada. Unha vila na que sempre me gustóu facer un alto cando levaba o meu fillo a Braga durante a sua estadía de Erasmus.
Ao chegar a Porto, fomos deixar as cousas ós albergues, perto da Praza da República, a dez minutos do centro da cidade. Era unha antiga casa de varias plantas na que, sen facer moitos cambios no espazo, foronse poñendo camas literas nos cuartos, acondicionando algúns como zona de baño. Na planta baixa unha sá de estar pequena, con libros. Unha cociña cas paredes decoradas con debuxos e letreiros a xiz cas normas da casa , todo en inglés, un xardín un pouco semiabandonado pero con encanto, sobre todo no verán resulta fresco e moi privado.
Xantamos nun restaurante moi "chic", onde nos prepararon maiormente "franzesinhas", un plato importado por uns emigrantes que estiveran en Francia, e que consiste nun "sandwich" feito con pan de forma, tipo bimbo, e que vai montado en capas de bistec, salchicha, xamón, queixo derretido e un ovo fritido por enriba. Sírveno con patacas fritas aparte e vai cun molho a base de viño do Porto. Teño que dicir que eu deixei parte del porque me resultóu excesivo. O que sí me gustóu foi a cerveza preta Super Bock, que é a do Porto.
Logo de xantar, fomos percorrer a cidade acompañad@s por un guía que nos foi explicando todo e rematamos, xa entrada a noitiña, na catedral. Gustáronme os azulejos, claro está, sobre todo os da estación de tren. Tamén a Praza dos Aliados co seu café Majestic ao que non fomos porque hai colas, os Clérigos, a Ribeira onde xa nos quedamos para disfrutar un pouco do ambiente nocturno e catar os viños do Porto, (as miñas compañeiras, que eu fiquei "tocada" pola franzesinha que me deixóu farta ata ó dia seguinte).
E falando do día seguinte, empezamos a mañá co pequeno almorzo na cociña do albergue, supervisados por voluntariado de fala inglesa. Para min estivo ben, non tiven queixa nese sentido. Logo dirixínme rua abaixo ata os Clérigos para poder visitar a famosa librería que foi escenario do filme Harry Potter. Fomos as primeiras, pero logo empezaron as colas tanto para mercar as entradas como para entrar na librería. Moi interesante lugar cunhas escaleiras peculiares onde todo o mundo fai a foto. Merquei catro libros. Un deles de Pessoa, por ser un escritor que me gusta e co que me identifico tanto que xa digo que él escribíu o que eu quixera ter escrito.
A partir dalí, camiñamos ata o outro lado, pola ponte D. Luís, e chegamos á zona das bodegas en Vila Nova de Gaia, onde percuramos un restaurante para degustar o bacalhau.
Pouco a pouco, con chuvia pero boa temperatura, pasamos polos Clérigos de novo para mercar unhas conservas do Porto nesa tenda tan sofisticada co carrusel no escaparate.
Outro cafezinho por aquela zona, xa que o Majestic estaba pechado o domingo, e volta para o albergue. A saída era ás 17 horas. Bo retorno. Boas memorias. Novas amizades! Unha noite no Porto non é nada!!!!
Hola Bea.
ResponderEliminarBuenas tardes-noche.
Despúes de sentirme una Hada eclipsada por el amor al agua.
Me he quedando, totalmente anestesiata al leer tu entrada.
Un viaje a Portugal emblemático total. Muy bien aprovechado. Sí señora. Volviendo a aquellos recordables inicios de junventud, haciéndo nuevas amistades, comiéndo otros platos típicos de otra cultura, como lo es en Lisboa y conociendo nuevos rincones.
Tomástes una buena iniciativa, de viajar con guia entre gente joven con la que también se aprende.
El inserso dejémoslo para cuando nos toque ir con el (bastón).
Pessoa no lo conocia de nada. Ya me imagino que al escribir en Inglés para ti, habra ido como anillo al dedo.
Me parece muy interesante cuando hablas de los cleros. Y de esa libreria donde se filmo la película de Harry Potter.
Un viaje para apuntármelo.
Un abrazo muy grande entre tanto encanto.
Que bom que andou pelo Porto e gostou.
ResponderEliminarDeixo aqui o meu mail mande-me o seu que eu envio-lhe um livro que decerto vai adorar. Fotos do Porto e poemas de Pessoa.
elviracarvalho328@gmail.com
Abraço
Boa tarde, quem visita o Porto sente-se compensado que a bela cidade oferece, assim, quem a visita volta a visitar, a foto nocturna é linda.
ResponderEliminarFeliz fim de semana,
AG
olá, querida Bea...
ResponderEliminaradoras passear y conhecer novas gentes e locais. haces bién. yo adoro mi casita.
ya fui ao Porto, pero no me gusta esta cidade, que acho escura e desalinhada. Gosto mucho de Braga, que tiene monumentos maravilhosos, muchas flores y buenas ropas.
o importante é k te divertiste e fizeste novas amizades.
besitos y dias mto felices.
Daquela primeira viaxe a Porto para saborear a liberdade á de agora pasaron décadas, mais o esencialmente importante segue sendo o mesmo. Tan é así que as metas ou obxectivos da vida son os que tiña con 16 ou 18 anos. Un quere tocalos, esbaran como xabrón, van e veñen. Todo muda, mudou Porto, pregúntome se a liberdade sabe igual. Nada hai máis importante......
ResponderEliminarFermoso e interesante texto, Bea. Bicos