Manuel, Pepe, Inés, Natatia, Avelina, Soledad, Pepa |
Nun
lugar da parroquia de Fonteo, chamado Castiñeiras, vivía unha
moza
chamada Pepa. Tiña dezasete anos cando aconteceu o que vou
relatar.
Andaba cas ovellas no monte e pasaba o tempo zurcindo
roupa,
e cantando, xa que tiña moi boa voz e sabía moitas cantigas
Perto
de onde pastoreaba vivía Benigno, un mozo maior que Pepa, e que
ía
de caza por onde pastoreaba. Gustáballe escoitala cantar e. ainda
que
tiña moza, coa que pensaba casar, fóronselle os ollos para a rapaza
que
era mais xoven ca él e estaba na frol da vida. Benigno era de casa
grande,
a casa de Estornín de Riodecastro e tiña, como digo, moza tras da
serra.
Non
sabemos cómo acontecéu pero Pepa ficou en cinta e trouxo ó mundo
duas
criaturas, duas nenas. Unha delas morreu, seguramente no parto. A
outra,
Soledad, foi a que sobreviveu e veu ser miña avoa.
Despois
desto, Pepa, andado os anos, xuntouse con Manuel, que era do
Estornín,
pero nada tiña que ver o lugar de procedencia co nome da
casa
de Benigno de Riodecastro.
Non
sabemos se chegaron a casarse pero sí que vivíu con Pepa, facendo
as
veces de pai de Soledad.
Miña
avóa Soledad, casóu con Leonardo, que era de Fonfría, do concello
de
Pol. Adicábase á facer obras, zocas, carpintear e chegóu a ir a
Cuba
para
gañar, sen moito éxito, co fin de amañar a casa e criar tanta familia, xa
que
tiveran alomenos sete fillos. Deles
tres
eran mulleres, ( Inés, Natalia, que foi miña nai), e Avelina) e
catro
homes,
Pepe, Alfredo, Salvador e outro, Paquiño, que morrera xoven.
Benigno,
como dixen, tiña moza coa que pensaba casar, e ésta, cando
soubo
o sucedido, nono deixóu, como se poidera pensar, senón que lle
puxo
unha condición: casaría con él, se miraba pola filla espúrea o
mesmo
que polos deles propios se chegaran a telos. Merece ter en conta
a
actitude desta muller que defendía, sen darse conta, os dereitos
doutra
muller, xa naquela época.
De
ahí que en paga de se levaren mal polo acontecido, pasaron a
tratarse
como
da familia o resto das suas vidas.
Benigno
e a sua muller tiveran varios fillos, pero o primeiro, José, sempre
acompañaba
á Soledad para iren ás festas, para que non lle faltara un
irmán
que velara pola sua seguridade.
Todo
esto, en vez de suscitar a carraxe, fixo que simpatizaramos ca
familia
de Benigno. Por certo, unha neta dél, Beatriz, que nacera en
Mexico
foi miña madriña e un neto, Chavo, o meu padriño, así como
outro,
tamén Benigno, apadriñóu unha neta de Soledad, miña prima
Marisol.
Na
nosa familia houbo quen quixo ocultarlle aos fillos esta historia
e
outros non lle deron mais importancia que a que tivo e por eso fun
coñecedora
dela por boca de miña nai Natalia, nome que tamén veu
desa
familia, que estiveran por Mexico e traían nomes bonitos de por
alí,
como o meu, Beatriz.
Sempre
se mantivo a relacción. No cemiterio de Fonteo, descansan unhos
ao
lado dos outros, estas duas familias. A sepultura de Benigno, está ó
lado
da de Soledad, sua filla.
Por
eso, ás veces tamén lles levo flores. Ainda que teño un “algo”
de que
Benigno
preferise a sua moza, que era mellor partido, e eso naquela
época
mirábase moito, pero a quen deshonrara fora á miña bisavoa
Pepa.
Polo
tanto, entre Pepa e a miña avóa Soledad, só había dezasete anos
de
diferencia entre nai e filla. Por eso, cando as vía nunha foto ás
duas,
non sabía ben quen era aquela muller que parecía da idade
da
miña avóa. Agora xa o comprendo mellor.
Quixen
deixar aquí constancia desta historia para quenes veñan
atrás.
Na
familia houbo outro caso de xemelgos e xente que canta tan ben
que
mesmo poideron adicarse a cantar como profesión pero nono
fixeron.
Non
sei se aquela fora unha violación consentida ou forzada, ou unha
aventura
mútua, quén o sabe a estas alturas?
Hola Bea.
ResponderEliminarBuenas noches.
Entrañable pequeña biografía en orden cronológico. Me encanta como escribes en manuscrito la familia materna. Y la descrición es preciosa, Bea. Siempre con ess especial sensibilidad que llevas en tu interior. Que guapa esta Natalia.
Es un tesoro tener esas fotografias antiguas y amarillentas que hicieron história y siguen haciendo una magnifica história en la actualidad.
Un abrazo muy grande
¡Ola Bea!
ResponderEliminarQue bo e conservar esas fotos antigas, son unha reliquia que non ten prezo.
Son as nosas raíces das que fomos xerminado o longo do tempo. E logo tratas de buscar e indagar no seu paso pola vida que quizais nos encontramos con cousas que eles pasaron e que son as que pasan hoxe en día. Da aquel entón todo se silenciaba quedaba soterrado, hoxe con os medios de comunicación todo sae a luz. Ou case todo…
Gústame esta entrada foi un pracer léela.
Un abrazo apertado e amiña gratitude sempre.
Biquiños.
Ah, quédame dicirche que estiven des días en Almería en auga doce. Vin de volta o día 1. Paseino ben, alí a temperatura favoréceme, chego aquí e dóeme todo.
Fotos e aconteceres de outros tempos que nos unen con persoas e con lugares. Fermosa historia, chea de humanidade. Queda recollida e non se perderá.
ResponderEliminar