
Vale a pena lelo, ainda que ten partes moi duras e malas de levar e soportar. Eu estiven a punto de abandonar a lectura ahí pero, un anaco de esperanza, polo menos de xusticia, parecíame que podia levar a un desenlace menos doroso, ainda que un cerebro lavado, non da para moito. Esa idiotización que o poder necesita na sociedade para poder campar ás súas anchas, non é de todo unha ficción. Un libro ben escrito, que puiden ler en versión orixinal. Está plagado de neoloxismos, que obedecen á idea de reducir o vocabulario ó mínimo, (para qué necesita un ser co cerebro lavado, un vocabulario tan amplio como o inglés, chamado Oldspeak) e aflora so o que sirve a causa do poder, eliminando todas as palabras que se consideran pouco siñificativas e mesmo que van en contra do que rixe, chamándose esa nova forma de vocabulario Newspeak. Coido que paga a pena lelo ainda que non é agradable, dada a crueldade dalgunhas esceas pero `All is well if ends well`