miércoles, 1 de febrero de 2017

LOUREIRAS





Despois do meu paseo sen Noa, acabei convencéndome de que a mellor opción para plantar ao redor da leira eran as loureiras. Feminino de loureiros e tan diferentes....Eu sempre vin no loureiro como algo de proveito: servía para levar o ramo a eirexa no domingo de Ramos, logo de bendito, podíase queimar cando había treboada forte, alén do uso culinario para quitarlle ás tripas ese olor a fresquío, para dar bo gosto aos guisos, para por nos armarios como antipolilla..... Pero a loureira, para qué servía? Pois ademais de non ter arrecendo as suas follas, eran brillantes e de un verde mais vivo, medraba moitísimo e daba fror. Servía para amurallar calquer sitio que non tivese bo ver. Entón, eso era o meu! Quería poñela no pico da leira para evitar ver lixos alleos, construccións pouco estéticas ou en desacordo co entorno.... Lembreime que na casa onde naceu meu pai, había moitas loureiras. Xa trouxera unha a última vez que fora. Ademais, voltaría a ver o hórreo que él fixo, e a casa grande e abandoada a punto xa de caer. Todo aquelo fora o seu entorno, nun sitio solitario, no fondo da Marronda, con só outro veciño ao lado, que ainda fixo por conservar a casa e pasan alí as vacacións. Despois de xantar iría no coche coa Noa, porque así podería ela sair algo da casa, que como está co celo, non lle deixo asomarse para non encher esto de cans. Así que púxena diante ao meu carón, nunhos sacos para que non soltase pelo, que lle está caendo a feixes, e ainda que algo sorprendida ao primeiro, axiña lle colleu gusto ó meu conducir tranquilo para que non se marease e para ir vendo por onde íamos, seguindo o curso do Eo. Pasamos por Sampaio. Ali vin a casa dun señor que tiven en moita estima cando era unha rapaza. Viña á nosa taberna con frecuencia e ensinábame moitas adiviñas e rompecabezas e sempre me preguntaba cousas para ver se aprendía algo na escola pois él era das escolas de a ferrado e cubicaba leiras e facía moitos cálculos e documentos como un notario. Sempre comía unha latiña de pementos. Encantábanlle! Para él, era a mellor lambetada da taberna e non perdía gota. Bebíalle tamén o zume. A súa casa agora ten unha placa: Os Saavedra. Él, para min, era o señor Saavedra con duas as. Non se fartaba de preguntarme e eu de respostarlle ata que me daba o visto bó, ata a próxima!


De Sampaio, subín por Esgrade. Pouca xente queda nestas aldeas. Todo mais, dous veciños e varias casas pechadas. O mesmo en Castrelo, onde xa non queda mais que un veciño. Se é que queda! Fun moi amodiño para ver ben toda a paisaxe que se divisaba dende a ladeira este da Marronda. Víase Cabreira alá no fondo, Villauriz no alto e aquelas rochas encadeadas que sempre podía ver dende a porta da miña casa e que me chamaron sempre a atención por estaren como unha serra de cortar a madeira, estendídas oblicuamente polo pico da montaña cara a Villauriz.
Xa na Espiña, que así se chama o lugar onde naceu meu pai, fun dereitiña ás loureiras que medraran descomunalmente dende a derradeira visita. Cómo ía eu levar esta especie á miña leira. Taparía as postas de sol e estenderíase por todo como unha plaga, porque eso é o que é.
Entón, deixei a Noa explorar o terreo novo para ela e apañei unha loureira pequena, doada de arrincar, para cumprir co meu cometido pero sen moito interés en plantala.
De volta á casa, sempre amodiño e atenta a ámbolos lados do camiño, ainda con risco de sairme fora  dél, fixemos a ruta por outro lado que pasa polo Real, onde hai duas casas e só unha con xente. Non saíron os cans. Seguro que se fose a pé, tiñan saído. Os piñeirais medraran tanto que xa non se podía ver nada dende o camiño. E así acabóu un fermoso percorrido polo fondo da Marronda, en coche, con Noa e cun día de sol e vento que deu un alento aos de choiva que tivemos ultimamente. Sentínme satisfesita da viaxe e pensei que é doado votarse fora da casa, en coche ou a pé, para disfroitar dos arredores e dos lugares que nos traen lembranzas. O bó, está ao pé de nós!

10 comentarios:

  1. A vida, como o mundo, ten unha profundidade, pero moitas veces quedamos coa tona, sen esforzarnos en afondar. Temos diante dos nosos ollos todo o importante, alomenos todo o necesario, pero hai distintas formas de mirar e de entender. Onde outros ven progreso ou negocio, ti ves lixo e feismo, e tamén atraso. Cando entenderemos que no hai ganancia no que dana o entorno. Imaxino que terás que pensar noutra opción para prantar no pico da leira, aínda que a loureira foi boa escusa para visitar a aldea de teu pai. Gustoume lerte, outra vez!. E quedo convencido de que o pouco chega, se ten alma.

    ResponderEliminar
  2. Nunca tinha ouvido falar em Loureiras. Conheço como é evidente o loureiro e o louro.
    A propósito disseram-me que se devem queimar todos os dias duas ou três folhas de louro. porque a sua queima libera vapores que fazem muti bem às nossas vias respiratórias.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  3. Acabo de darme el paseo que has realizado y que con tanto detalle nos has descrito. El laurel forma parte de nuestra cultura celts. Mi madre siempre lo tenía en la cocina y lo usaba en los guisos de pescado y en las salsas de tomate. A mi me encantaba.

    Si los laureles te quiten de la vista algo que no te resulta agradable, haces bien. Ya sabes, "Ojos que no ven, corazón que no siente"... pero, además, tendrá otras muchas ventajas. Recordarás el tema de las coronas de laurel, han pasado a formar de nuestra historia como algo duradero.

    Mencionas las ausencias y es verdad que la nuestra es una civilización de "ciudadanos" gentes que buscan en las ciudades un modo de vida y de trabajo más fáciles pero el abandono de la agricultura terminará por pasarnos a todos la factura. También tenemos que reconocer que no es fácil la vida en muchos pueblos. Bien, lo sabes de sobro.

    Ha sido un placer leer todas las cosas interesantes que nos has contado. Ahora está lloviendo y está completamente cubierto, el día no puede resultar más gris y sabes lo que estoy pensando que voy a hacer alguna foto, a ver qué resultados consigo.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  4. Un bonito recorrido Bea, pena de non estar eu mais cerca acompañaríate con gusto por eses lares saudables. O mesmo tempo penso no traballo que levaron os nosos proxenitores para facer unha casiña e agora quedan abandonadas, paréceme moito triste pero pasa en todas partes non e aí solo. Casas que estiveron cheas de xente e agora están caendo a cachos, a xuventude corre para as cidades onde todo e contaminación e o que comemos e moita química. Pero así esta a vida posta e non será doado darlles a volta.

    Ben amiga gustei moito de esta entrada.
    Un abrazo grande e toda a miña estima.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  5. ...cando digo que " o pouco chega, se ten alma", refírome ós teus relatos, que sendo curtos, enchen!. Boa tarde!!...apertas!

    ResponderEliminar
  6. Hola Bea. Ha sido una excelente ruta bien recordada. Y con Noa mejor aun más acompañada.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Hola Bea,
    De cote sigo o teu espazo,con contidos de expresión narrativa vivida, precisa e de interes.Parabens.
    Neste post contas a intención de prantar loureiras que contituian unha pantaia vexetal na tua leira, opción que rexeitas polas razons que de xeito acertado expos. A min, das loureiras, gosto da sua folla brilante que reflicte a tonalidade verde ca marcaxe da luz, o arrecendo da fror e os froitos primeiro aceitunados e despois vermellos, se ben e certo que require control pola sua medra espallada.
    Lembro con agarimo que, de pequena, fixen moitos traxes "romanos" cas follas e garabulliños de suxección.
    Se me permites, decirche, xa que ando tamén na mesma teima que, por interés paisaxístico parece de interes un "mix" de prantas de fror que se manteñan nas distintas estacións. Estou pensando na budelia ou arbre das bolboretas, moi do noso país, intercalada ca falsa loureira variegada (mais cativa ca verdadeira), é o faroliño xapones xunto ca oliviña ou teucrium. Todas elas manteñen a sua follaxe todo ano é tamén a fror na maior parte, ademais de ser prantas sinxeliñas e comuns, que mesmo se poden percurar de esquexe.
    De seguro que na Marronda, podes atopar referencias de arbustos de moito interés dacordo co contorna.

    Boa tarde Bea, grazas por achegar lugares e emocions.


    ResponderEliminar
  8. Cómo non podo dirixirme a ti por outro meio, agradezo aquí a túa visita e todas as suxerencias que apuntas sobre posibles plantas que lle poden ir ben ao lugar. Non teño tantos coñecementos coma ti sobre o tema pero irei investigando en internet o nome desas plantas e ver cómo son. Grazas por entrar e se o fas de novo como anónimo, gustaríame que puxeras o teu nome. Un bo domingo!!!

    ResponderEliminar
  9. Solo un saludo pues me preocupa que estés afectada por el temporal que acampa a sus anchas por tu maravillosa tierra. Deseo que no te veas afectada por los cortes de luz. Un abrazo y besines de Franziska

    ResponderEliminar
  10. Hola, querida Bea!

    Tu entrada, tu texto está fenomenal, pke descreveste mto bién tus estados de alma, tus lembranças y o hablaste do sr. Saavedra com inteligência y pareço. Es sempre mto agradável passearmos por sítios, que conhecemos bem, un poco desertos, si, pero estamos à nuestra vontade y parece k todo es nuestro. Noa, tu perrita, te fez companhia y o passeio foy ainda mais alegre.

    Desconhecia k existiam as loureiras, pero estamos siemprre aprendendo y tu es una mujer do campo, da labuta, da vida e sabes muchas cosas. Gracias!

    Besos y dias felices. A Primavera está quase chegando, graças a Deus!

    ResponderEliminar