sábado, 25 de febrero de 2017

AO SON DO ACORDEÓN


Facía tempo que non trasnoitaba. Sempre se interpoñía a orografía do meu lugar. Pero, onte, non tiven excusas. A clase de acordeón era en sesión única de oito a dez do serán para logo rematar  cunha cea de confraternidade onde eramos case cincuenta entre profesorado, alumnado, familiares e concellala de cultura da vila de Castro Verde, Lugo. Eu, que non son de xantares, e menos de ceas... logrei sair ben parada e aquí me encontro disposta a pasar parte da mañá escribindo sobre o tema.
Tamén foi onte cando lle tomei gusto ós baixos e me animei a tocar a duas voces con outra colega que tamén é principianta. Non soaba nada mal. Cada día, descubro algo novo sobre o acordeón. É para min un gran descoñecido que vou explorando pouco a pouco e colléndolle gusto! Tocar con outras persoas parecíame algo complicado pero vexo que eso é precisamente o mellor. Faite sentir en comunión cos demais e cando se ve o traballo que cada quen aporta para unirse nun resultado plural, é, sen dúbida, todo un logro. Traballar, tocar.... ou calquera actividade que se fai conxuntamente con outras persoas ten mais forza e cobra unha resonancia de espiritualidade compartida, mais aínda, se de música se trata, porque, como xa sabemos, a música une ós povos, as xentes. Non ten fronteiras nin cores. A música e a danza son linguaxes universais, duradeiras, que dan pé a rituais, a encontros e consecuentemente, a situacións de paz e concordia.
Estabamos alí, por un motivo que nos abranguía a todos/as e eso fai que se potencie a amizade, a conversa, o intercambio de impresións sobre o longo camiño a percorrer na aprendizaxe dun instrumento. Tamén se descubren outras cousas como o peso que pode ter nunha vocación o feito de ter antepasados que se dedicaran ao mesmo. Tal é o caso dunha rapaza, á que eu lle coñecín o seu bisavó, que tocaba a gaita, e que tocou moitas veces na nosa taberna, facendo rúas (bailes que se facían nas casas das aldeas polo entroido ou por outros motivos). Chamábase o Alledo. Tanto él como o Florencio, que tocaba o violín, ou o Hedra, que tocaba o acordeón, estiveran por aquí en moitas ocasións facendo esas ruadas. Había xuventude e con ganas de diversión. Eu tiven a sorte de coñecer aquela época e de bailar ao son daquela música. Tamén se facían poucas fotos. Mágoa. Esta rapaza daría un concerto ela soa por facerse cunha foto daquel bisavó e mais aínda se fose tocando na gaita. Pero será difícil dar con unha!  Ao remate da cea, agasalláronos cun concerto ao que os/as demais nos unimos poñéndolle voz á música. Espero que algún día poida eu sentarme na cadeira dos que saben sacarlle o bo a este instrumento. Parabéns por xuntar tres xeracións a unha mesma mesa!




Florencio e o seu violín.

9 comentarios:

  1. Dar vida às memórias, trazê-las ao presente, e trabalhar em equipa, são coisas muito boas que a memórias guardará na gavetas das boas recordações.
    Um abraço e bom Carnaval

    ResponderEliminar
  2. Bom dia, não esquecer a cultura do povo e contribuir para o conhecimento da mesma, a cultura popular é cativante, certamente que também foi para os seus alunos.
    AG

    ResponderEliminar
  3. Olá, querida Bea!

    No sabia k te chamavas Beatriz, k axo un nombre maravilhoso y histórico, tb. Me gusta mucho tb Leonor.

    O relevo y las distancias no pueden ser entraves para nada, querida amiga! Te divertiste y mucho tocando acordeão com os outros amigos. Te pareceu bién mas fácil. Es bonito recordar cosas belas y emotivas de outrora y três gerações todas reunidas es mto gratificante.

    Essa rapaza de k hablas no teu texto, era decerto, una mujer mto talentosa y hoy seria un nombre mto importante no meio artistico atual, pero los tempos eram outros, como deves entender. Es importante a evolução, pero com regras. Repara nos benefícios e prejuízos da Internet. Tanto engano e desgraça por causa dela y de todos los outros meios de comunicar. Todo, o bién y o mal, estão à distância de un click.

    Gracias por tu visita e carinhoso comentário e se mis palabras te deram animo y te fizeram vibrar, entonces, ainda bién, si pke tu no estás "muerta" (rsssss).

    Besitos, bom fin de semana e caso aprecies bon carnaval.

    ResponderEliminar
  4. E daquela, namentras soaba o acordeón, non pechache os ollos un intre, non sentiche a gaita do Alledo e o violín de Florencio?. Qué ten a música que pode levarnos a outros lugares e outras épocas, como se fose posible tocar as cousas e abrazar as xentes do pasado. Non deixes de tocar, de escribir, de sentirte así de viva e contaxiarnos. Bonito post, Bea!. Apertas!

    ResponderEliminar
  5. Hola Bea.
    Florencio, a fan del violin e instrumentalista tan universal de las fiestas y ferias de los pueblos de Galicia no llegue a conocerlo, pero mis padres me hablaron de él.
    www.youtube.com/watch?v=Wve9s4Vrn_M

    Un abrazo muy grande !!

    ResponderEliminar
  6. ¡Ola Bea!!!

    Nos deixas un magnifico texto explicado con todo detalle de esas horas ben logradas, non perdas a costume. A música e un bálsamo estupendo para a saúde mental e corporal.
    Carai que experiencia tan fermosa, amiga. Teñen moito valor esas xuntanzas musicais e a vez fraternas, sigue sendo como es, no desperdicies nunca os bos momentos que a vida che ofrece, que ademais esta pasa voando... Quedo admirada e contenta dos teus recordos de rapaza, que por certo algo se parecen os meus.
    Tamén faciamos nas eiras o baile con gaita e acordeón que algún veciño tocaba. Con pouco eramos felices pasabámolo bomba nos nos deprimíamos, non había tempo para iso, agora con tanto, os mozos e mozas non teñen alegría se no están bébedos ou drogados que ben sendo o mesmo…

    Gracias por a oportunidade de lerte.

    Unha aperta ben apertadiña, e se moi feliz.-

    ResponderEliminar
  7. Es una actividad gratificante para el cuerpo que también necesita desahogarse y para el alma que al mismo tiempo que se llena de sensaciones y explora en el mundo de los sentimientos, se llena con la belleza de la música.

    Me alegra que hays tomado esa nueva actividad, creo que te puede proporcionar muchísimas alegrías y darle un nuevo enriqueceddor sentido a tu vida.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  8. No he encontrado el poema en tu muro y el correo me ha sido devuelto. A mi me parece que el enlace para llegar debe ser así como el mío:

    https://www.facebook.com/franziska.garciamenendez

    después puedes apuntarte como amigo. Aunque creo que he entrado en tu muro, prefiero que me envies el enlace para estar segura de que no entro en contacto con nadie desconocido.

    ResponderEliminar