lunes, 20 de junio de 2016

POLO SAN XOÁN......

.....TANTO QUEIXO COMO PAN.
Chegada esta época do ano, cando todo florece seguindo unha orde, respetando turnos, como un proceso ben organizado de antemán, as aldeas énchense de viouteiros e tróqueles (estalos) e o aire arrecende, non só a purín, que tamén a veces, pero a ese aroma tan intenso e dulzón que desprenden os viouteiros (sabugueiros) en flor. Polo San Xoán, enramallábanse as casas poñendo nas portas, nas ventás e nas paredes exteriores estas variedades de flores. Dicíase que era para atraer a sorte, tal vez para librarse dos meigallos tamén. Os rapaces e rapazas carretabamos leña para facer o lume novo na víspera de San Xoán. Era un traballo que faciamos en equipe como o das alfombras de Corpus noutros lugares de Galicia.  Todo se foi perdendo ao non quedar xente nova no rural e así iren desaparecendo as tradicións e a ilusión por estas cousas. Polas zonas de costa, onde hai mais xente, séguense practicando estas celebracións. Alí, recollen as herbas  de San Xoán e déixanas toda a noite en auga para lavarse con ela ao día seguinte. E ainda se fan fogueiras e asan sardiñas e festexan esa noite máxica facendo trasnadas como mudar cousas do sitio onde están e logo ter que ir buscalas lonxe.
Pero falando de natureza e deste planeta no que a vida é posible e onde todo se rexe por un misterioso milagre, sinto que non sabemos aprecialo e que teimamos por destruílo coas nosas accións equivocadas e por falta de amor e de agradecimento hacia o que nos foi dado para que o cuidaramos. Este é o noso Paraíso Terrenal, o que coñecemos, o que depende de nós que dure en boas condicións para servirnos.... Qué insensibles somos! Cómo pode haber tanta "tentación", tanto "demo", tanta "serpe" engañosa ?
E remato coa man chea de flores, apañadas de mañanciña para admiralas de perto e agradecer que ainda volten  cada primavera.

5 comentarios:

  1. A população envelhece. Os jovens não se interessa por nada mais que seus Smartphones, tabletes, e computadores Vivem num mundo virtual, não se preocupam com o mundo real, e creio que a humanidade caminha alegremente para o seu fim.
    Abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Aí Bea que bonita entrada nos deixas, a min tamén me trae recordos ben bonitos que no esquecen e que durante moito tempo aproveitamos de pasalo moi estupendo, tanto de solteira coma de casada mentres os fillos foron crecendo sempre facían fogueira e asaban as sardiñas e tamén churrasco. En realidade era unha festa onde grandes e pequenos o pasabamos moi ben.

    Pois ben, eu onte fun por abeira do río e trouxen as herbas moi olorosas e deixeinas toda a noite como antano e laveime con esa auga que parecía que tiña perfume, rico rico!

    Pero agora xa non se fai nada, por o menos aquí cerca, xa non quedan rapaces pequenos ou mociños, como antes,e como ti dis agora queda moita xente vella.

    Esas fotos bonitas tamén me traen recordos, iamos os estralos por as veigas, a ver que estralaba mais, tes razón que están os campos cheos de flores, pois outros froitos non teñen, a xente agora sementa, ou moi poucos o fan.

    Ben pois foi un pracer pasar por esta túa casa onde se respira natureza pura e deliciosa

    Un barazo e toda a miña estima.
    Feliz fin de semana.

    ResponderEliminar
  3. Después de leer tus opiniones y relato en torno a la noche de San Juan y de las hogueras, es lógico que sientas nostalgia por la pérdida de tan hermosas fiestas. También en los pueblos de Asturias se celebraba aunque esa costumbre ya no debe sostenerse con la fuerza de antaño porque en las aldeas solo viven personas mayores que ya no tienen ganas de fiestas. La verdad es que ahora vivimos más años los mayores pero también lo es que pasamos unos últimos años llenos de achaques y cuando hay dolores, quedan pocas ganas para organizar fiestas cuando ya ni siquiera los gatos maullan en el pueblo. La verdad, es que solo se sostienen las fiestas de San Juan que se celebran en las ciudades, es lo que tú dices: hace falta gente joven.

    Han pasado unos cuantos meses desde que publiqué mi último post. Lss causas han sido varias y ahora, por fin, cuando ya todo el mundpo se va a ir de vacaciones, aparezzco yo diciendo, por fin, puedo volver y eso haré creo que dentro de pocas horas o pocos días. Así es que ya nos iremos viendo. Por el momento, ha sido un placer encontrarte y poder leerte en ese gallego que escribes tan bien que hasta yo soy capaz de entenderlo todo. Eres muy inteligente y yo. no es por halagarte, encuentro esta página muy interesante porque con tus palabras consigues acercarme al corazón de Galicia. Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  4. Hola Beatriz.

    No había visto este tema tan interesante. Es un gozo leer historias de como eran aquellas fiestas en tu época. Yo la verbena de San Juan siempre la celebro, no cambio la tradición, por que es una noche que disfrutas con amigas. De una cena rica y después hacen algo de baile. Un día al año no hace daño.

    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar