domingo, 28 de febrero de 2016

VIAXE A LANZAROTE




Parque Nacional de Timanfaya
Hai xente que vai a Canarias con moita frecuencia. Non é o meu caso. Sempre me chamaron a atención esas illas perdidas no Atlántico, perto de África, cun clima envidiable e desexable para os que vivimos no norte. Tantas illas que non sabía a cál me gustaría ir. Cál tería o engado de sorprenderme e interesarme. Penso que con Lanzarote xa me conformaría. Alí atopei historia humana e xeolóxica en abundanza. Non podía imaxinar o que alí tiña acontecido e que conformou a súa paisaxe actual, o seu modo de vida e a tenacidade das súas xentes que foron capaces de sobrevivir á catástrofe, usar a súa sabiduría e imaxinación para sacar partido do pouco que a terra lles podía ofrecer naqueles vales cubertos de lava ata o mesmo mar. O símbolo da illa é o demo. Aparece en todas partes. Ainda se pode ver nunha rocha que de forma natural ofrece a súa silueta. Aquello foi cousa dun diaño moi terrible. Os seus lugares de interés son agora as reliquias daquel pasado. A cova dos verdes, que non se chama asi polas cores que poidan atoparse nela, senón porque os verdes eran habitantes daquela zona e que utilizaban a cova como refuxio para non seren levados como escravos por incursores que viñan á illa.

Cova dos Verdes

Aloe Vera



Antigos habitantes da illa "Os majos"
 Esa cova foi escenario do filme Viaxe ao Centro da Terra. Sumerxirse por ela, percorrer un quilómetro dos seis que ten, coa cabeza case sempre agachada para non darse cos picos que as gotas de lava deixaron a modo de estalactitas. Admirar as lagoas que se acumulan en lugares estratéxicos, debido aos xaneos, ou burbullas que se formaron, imaxinar ese río de lava discurrindo ata o mar, abrindo fendas por toda a superficie e deixando ao seu paso una paisaxe luar, inhóspita, despiedada; arrasando terreos de cultivo, casas, animais.....e non só una vez, senón que houbo mais e mais recentes, só douscentos anos pasaron e quén sabe o qué acontecerá no futuro pois o magma da terra está ahí mesmo, a flor de piel xa que hai probas que se fan diante dos turistas e vemos como arde una retama que se mete nun burato baixo terra, ou como se forma un geiser ao introducir un cubo de auga nun deses buratos por non mencionar a barbacóa que o restaurante do mirador do Parque Timanfaya, utiliza para asar as carnes en pleno forno volcánico. Da un pouco de medo moverse por esas montañas de cinsa que son agora alturas de ata seiscentos metros, ou mais, cos seus cráteres abertos  e fisuras que amosan as entrañas da terra, abismos endemoniados de chans inaccesibles aos que so os lagartos, grilos e outros bichos teñen acceso.
Pasar de lado a lado por un cráter milenario fíxome sentir na boca do inferno por mais que medrase algo de vexetación nun círculo e cando xunto a él había un recordatorio dunha muller perecida non se sabía ainda a causa. Marchei dalí, daquel val encantado onde a xente escribe nomes con pedras e fai milladoiros, deixando o terreo tan pelado que apenas hai pedras que coller para imitalos.

Arquitectura en Playa Blanca
Despois, Lanzarote ten a cara blanca, de contrastes ca negrura dos seus volcáns e que un artista xenial, César Manrique, fixo que non se convertise nun boom hoteleiro de rañaceos senón que preservou a arquitectura popular tradicional de casiñas baixas con tellados que recollen auga para alxibes, nunha illa na que a auga é ouro e o vento enerxía.
Candados que a xente deixa con mensaxes.
O turismo é o seu modus vivendi ainda que a min non me gusta atopalo. Pero é un turismo respetuoso tal vez coñecedor da filosofía do seu protector César Manrique, naturista por excelencia que soubo conxugar construcción con natureza, sen romper nada, sen distorsionar nin cambiar senón integrar o novo co xa existente en perfecta armonía.



Solpor en Punta Flamingo (Playa Blanca)
Disfroitando das dunas en Fuerteventura
E pese a esa desolación que os rodea, a xente lanzaroteña, chamados coellos, son amables e alegres, dispostas a amosar con orgullo os mellores tesouros da súa illa a que votan de menos cando están lonxe. E eu, non poderia vivir alí, votando de menos Galicia, a miña terra, co seu mal tempo e longo inverno."Nace o corvo na pena e tira para ela".




Hai moitos gatos na illa e tamén quén se ocupa deles.
Centro comercial en Playa Blanca


 
Praia Flamingo acolleume nos seu regazo

8 comentarios:

  1. Hola Bea.
    Veo que sigues haciendo esos maravillosos viajes culturales por el mondo como lo hiciste de joven. Eres como yo en este aspecto. Siempre buscando lo desconocido. Me ha gustado mucho tu articulo y el viaje por Lanzarote. El Puerto de África suena muy interesante. Esas reliquias del pasado y las cuevas de refugio para que en aquel entonces se pudieran refugiar, antes de que llegaran y se los llevasen para convertirlos en esclavos. Preciosa playa Blanca. Espectacular asar las carnes en pleno horno volcánico en el Parque Timenjaya. Seguro que te habrás dado unos baños, con esas playas de las fotografías esta como para lanzarse al agua. Aquí en Barcelona también es muy típico quejar candados con mensajes en las playas. Por cierto sales muy guapa con la gorra, las gafas de sol y esa sonrisa de mujer satisfecha, feliz y enamorada de la bola del mundo.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Mónica. El agua estaba algo fría para darme un baño. Besos

      Eliminar
  2. Muito interessante. Nunca fui a Lanzarote, aliás mas para nós portugueses uma ilha especial já que foi nela que viveu Saramago, o mosso Nobel de literatura.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En Yaiza, creo que viviu Saramago e escriviu la una novela. Obrigada pela visita

      Eliminar
  3. Muito lindo e interessante!
    Obrigada Bia pela visita e uma ótima semana.
    Bjs-Carmen Lúcia.

    ResponderEliminar
  4. Respuestas
    1. Moitos parabéms por ese libro de poemas que son como pérolas e também como sussurros confidentes. Non me foi posible deijar um comentario no seu blog. Tentarei mais tarde. Abraço grande

      Eliminar
  5. Ola Bea, por fin hoxe funciona Internet. E Sinto non haber pasado antes por esta bonita entrada. So tiñas que darme un toque por whatsApp.
    Estiven algo apartada dos blogs en non me éntero, so correspondo a quen me deixa a súa pegada.
    Celebro que disfrutaras de unha paisaxe tan en xebre, como histórica.

    Moi lindo todo o que nos contas con as túas letras e esas fotos que falan por si soas. Estas ben guapa en esa.

    Unha aperta grande.

    ResponderEliminar