domingo, 14 de febrero de 2016

Tempo no faiado


 
Un día para estar dentro, para explorar o trasteiro e desfacerse de cousas que levan mais de trinta e tantos anos gardadas por se servirían para alguén que viñera atrás. Entre elas os xoguetes do meu fillo. Aqueles homiños de Play Mobil tan atarefados e dispostos ás mais arriscadas aventuras por mar e por terra. Bombeiros, albaneis, piratas… equipados cos mais diversos aparellos de “quita e pon”. Sentín ternura por eles, pola súa resistencia ao tempo, por ser tan serviciais e polifacéticos, cos seus gorriños intercambiables, os catalexos, as bandeiras, os remos, mapas, palas, sillas, hamacas…..Decidín gardalos de novo para netos vindeiros que, secadra, saben aprecialos. Desfíxenme, eso sí, dos seus campamentos balizados e daqueles que perderan a cabeza nas batallas, considerándoos xa mortos, dadas as feridas sostidas tanto tempo. Mutilados de guerra, que non estaría por demais gardar tamén, para darse conta de que a realidade segue a ser a mesma que fai tantísimos anos. Despois entréi na sección coches. Habíaos de moitas clases. A maioría xa para o desguace. Gardei aqueles que viñeran de Inglaterra por seren todo terreno, contruidos de bo material resistente e que tiñan case todos a particularidade de levar remolques engadidos para transportar outros vehículos, ou gruas con manivela para enroscar a corda, feitos algúns deles de boa madeira, da que non se apolilla. Tampouco desvotei os diferentes legos por aquello do didactismo que sempre practiquei, como ensinante que fun. Os legos propician a creatividade da construcción e axudan a imaxinar. Todo ou case todo é posible con eles. Lémbrome que o meu fillo pasaba longo tempo con eles. Só necesitan un bo lavado a presión, polo demais, están tal cal. Ainda nono andiven todo. O tempo non da para mais e hai que ir aos poucos, seleccionando e pensando ao mesmo tempo. Quedan os puzzles, as marionetas e algunhas bonecas alén de moitos libros, dos que mercaba por cinco peniques nas “jamble sales” de turno no condado de Kent ou mesmo en Londres. A min sempre me gustóu a segunda man, ainda hoxe. Hai cousas que unhos non queren que outros sí e o mundo sería mellor se reciclaramos mais e tivesemos a humildade de compartir os bens.
 
Un día para ler tamén. Todo está moi relacionado e lendo libros de acontecimentos pasados fai anos, póñennos ao corrente de outros que ocurrren agora, que teñen obxectivos moi semellantes ainda que os procedimentos sexan ben distintos. Estou a falar dos Pathan da Fronteira Noroeste de Afganistán e a súa loita pacífica para a liberación do seu territorio ocupado polos británicos. Unha loita que non implicóu a violencia, senón a desobediencia civil, a unidade (irmandade) e a participación. Lendo “The Pathan Unarmed” escrito por unha muller, Mukulika Banerjee, abro os ollos a certas realidades moi actuais para intentar comprender.
(Sorprendeume descubrir que a nosa palabra "patán" ven precisamente do nome desa comunidade dos Pathans.)


Esto non estaba entre os xoguetes do trasteiro pero ocupa parte do meu lecer nun día de chuvia e vento, con ondas de ata oito metros, ou mais, na costa galega, e moito vento no interior. Día de reflexión, de música na radio, de internet e teléfono a media asta ou case non operativos. A tecnoloxía nono é todo. Podemos pasar un día ou dous sen ela. Librando espacio, vou creando outro novo para o que veña atrás. Filosofía zen. Quedan ainda moitas cousas das que desfacerme, entre elas, fotos, cartas, papeis…..Quén vai recoñecer as caras de xente que vivíu noutra época? As nosas historias son siñificativas só para nós, todo mais para os nosos fillos. Demasiado material! Chega gardar unha pequena mostra. Ainda que eu me considero unha nostálxica de todo o que desapareceu como os aparellos de fiar a lá, a primeira radio, as miñas zoquiñas primeiras….. Ainda ben que gardei as ferramentas de carpinteiro do meu pai, e a máquina de coser da miña nai. Convertir a palleira nun museo etnolóxico formaba parte dos meus soños e ainda penso que estou a tempo.

8 comentarios:

  1. Ola, Bea!!!

    Estou escribindo desde o meu móvil, estou fora da cada, abrin o meu blog e vexo que hai un comentario teu. Así vin ata o teu que tes unha bonita entrada con cantidad de recosdos.
    Hoxe deixote sen facer mais cometario.

    Faleceume un primo horma así de repente, e tiñamos muita relacion, e además era xoven 59 anos. Estamos moito afectados.
    Xa pasarei noutro momento.
    Unha aperta grande.

    ResponderEliminar
  2. Veo que has estado inventariando recuerdos. Los juguetes que perduran de nuestros hijos no son solamente un juguete, es el momento en que jugaron con él, que edad tenían, cómo los usaban, y tantas cosas que viven enlazadas con esos recuerdos... Sabes, me ha gustado mucho esta entrada, me he visto reflejada aunque yo ahora estoy viviendo mis tiempos de abuela -tengo un chiquitín de 13 meses y uno mayor de 12 años-y ahora es el momento de ir sacando los juguetes del mayor que es asombroso que algunos aún conserven las pilas funcionando.

    El invierno, pasará porque lo hace siempre, y puede que aún febrero nos regale algún día hermoso pues febrero tiene siempre sus días locos. Espero que este año no nos falle.

    Ha sido un post muy interesante y, aunque siempre te repito la misma cantinela, me encanta leer y comprender cada palabra que escribes. Hay que reconocer que tienes el mérito de escribir muy bien.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  3. recien te descubro Me ha encantado tu texto

    ResponderEliminar
  4. ¡Ola, querida Bea!!!

    Por aquí ando de novo deleitándome con este texto cheo de frases e xoguetes que me levan a mín tamén a tempos non tan alonxados, de cando os meus fillos eran nenos que ahinda gardo tamén tanto
    libros de escola como algúns xoguetes, que nunca quixeron os netos, eles/as xa tivero cousas máis sofisticadas asi que agora xa vou facer limpeza e deixar sitio para otras cousas.

    E moito bonito todo o que che queda, non te desfagas de todo,fotos e cartas papeis... Si que lles pode interesar os que veñen atrás quizás netos ou viznetos queiran saber das suas raíces e esas historias añejas dos seus proxenitores pasado, e esas fotos e cartas son unha boa pista, non, non tires todo.

    Ainda ben que gardei as ferramentas de carpinteiro do meu pai, e a máquina de coser da miña nai. Convertir a palleira nun museo etnolóxico formaba parte dos meus soños e ainda penso que estou a tempo.

    Que preciosa estas túas letras, fas moi ben gadar todo iso e... Facer ese museo. Entón teño que ir eu a velo.

    Foi un pracer pasar a ler este interesante pogs. Non perdas a costume.

    Unha aperta garimosa, e toda a mi estima e gratitude.





    ResponderEliminar
  5. Tivemos parte do inverno húmido, mais non fixo realmente frío, agora si que chegou choiva e frío, como para estar no quentiño da casa, e verdade. A min que me gusta saír a dar un paseo non me da xeito saír e iso non me convén. Pero ben, xa estivo mais lonxe a primavera. Así que a esperar con toda a calma.

    Biquiños, Bea, e se moi feliz.

    ResponderEliminar
  6. Hola Bea.
    Son juguetes que siempre tendrán un sentimiento especial para tu hijo. Nuca te deshagas de ellos. El Play Movil aun esta de moda y después pasara a la historia como todo.
    Un abrazo muy grande.

    ResponderEliminar
  7. Também sou assim. Guardo tudo o que tem significado para mim. Não tenho coragem de me desfazer disso. Quando eu me vá, que o filho toque fogo em tudo.
    Os brinquedos podem servir para os netos, ou para crianças carenciadas.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Parabéms polo libro "Rosa". Non puide deijar comentarios no seu blog. Abraço e também boa semana.

      Eliminar