www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 15 de xuño de 2015

POR NORUEGA/ IN NORWAY


Cando non se viaxa, podemos recrearnos en viaxes que fixemos. Vistos á distancia, parecen ainda mais emocionantes do que foron no seu momento, ocupados como estabamos en vivilos e disfroitalos así como das sensacións boas ou malas que nos proporcionaron.
Agora que a revivo a través das fotos e das lembranzas, sentada ao ordenador, escaneando fotos, hilbanando recordos.... penso que valeu a pena, que estivo ben, que tivo o seu momento e a súa motivación. Toda viaxe, precisa desa motivación que nos incita a facela, a vivila in situ.
Aquí deixo algúnhas fotos comentadas. Teño outras dunha segunda viaxe a Noruega na que participei activamente no eski de fondo alén de visitar museos como o de Munch en Oslo,a casa onde pasaba veráns, en Asgardstrand, perto a Oslo, e tamén un rápido asomo a Suécia, xusto ao outro lado da fronteira con Noruega.
Gústame que nos cimeterios noruegos so haxa flores naturais.
Todo esto xurdíu hoxe, cando facía o meu paseo diario en versión Nordic Walk ing, pois estiven lendo onte a noite unha información sobre este xeito de camiñar que está gañando adeptos no noso país e que eu veño practicando dende fai mais de dez anos. Ao primeiro sen enterarme, logo descubrindo nos bastóns as palabras Nordic Walking, co monigote amosando o uso dos mesmos. Logo enterándome de que había que andar de certa maneira e así ata facelo dun xeito natural, case non preciso asistir a curso para facelo medianamente ben. Este andar é resultado da práctica que os esquiadores de fondo realizaban todo o ano para estar en forma nas olimpiadas. Alí, ademais, poden ir andando sobre esquís case todo o ano, pero se non houbera neve, seguirían andando igual usando estes bastóns. Trátase dun excelente exercicio que move sesenta músculos, e non un simple apoio para andar, senón exercicio total.
Unha das igrexas mais antigas, de madeira.

No colo dun troll en Bergen

Na entrada tenda souvenirs


A lingua dun glaciar!

No mercado do peixe en Bergen

Na casa museo dun compositor coñecido


A
Dende o fiordo das fervenzas

FOTOS DA SEGUNDA VIAXE, A PRINCIPIOS DO INVERNO E XA CON MOITA NEVE
Polos arredores de Gjovik


Oslo. Pazo Real.

Olimpiadas de sky en Lillehammer

Casa de Aksel en Gjovik

)

5 comentarios:

  1. ¡Hola Bea!

    E unha preciosa entrada, maña comento. Agora faise tarde xa me da o sono.
    Perdoa a miña demora, no puden pasar antes. Unha apeeta e boas noites.

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola Bea!!!

    De novo paso para empaparme desta viaxe túa preciosísima a Noruega profunda e bela. Que bonito e interesante e viaxar, verdade? Vivir uns dias no medio de outras culturas: outras costumes outras formas de pensar… diferente total a nosa. Ata o día sae a horas distintas é anoitece antes que aquí.
    Así da túa man tamén en viaxo e síntome pisando aquelas terras brancas, contemplando as bonitas Fervenzas en esa paisaxe verde onde se respira aire limpo e aromas propias do lugar. Ben, e un paseo no barco por os fiordes… xa e o non vai mais.
    As fotos falan por si soas, onde ti estás guapísima, e as outras das paisaxes tamén me encantan.
    Pois é todo un pracer lerte, detallas as mil marabillas esa viaxe merecedora de ser publicada compartida con todos nos, gracias mil por o teu ben facer, por ser e por estar.
    Unha aperta agarimosa e toda a miña gratitude e estima.

    Bikiños.

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola Bea!!!

    Bos días miña querida amiga, paso de novo a reler esta emocionante entrada que, paréceme que me sinto andando e mirando a paisaxe fermosa de augas transparente e fresquiñas roncóns que ti paséache no seu momento e xa nunca esquecen.
    E cambiando de tema, quero agradecer de todo corazón o teu paso por o meu porto mariñeiro.
    Mil gracias , un abrazo grande e toda a miña estima, cariño e admiración por todo o que para min significas, amiga.

    Feliz verán e sorte moita sorte.

    ResponderEliminar
  4. Los viajes son maravillosos. Recuerdos mágicos que recordar y a la vez moviéndose por la cultura de otros lugares y en distintas etapas de nuestra vida. Te has currado esta entrada, la mar de bien.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. Bonitas fotos. Comparto a reflexión, a motivación é o motor da viaxe. Gosto daquelas nas que hai dúas dimensións, nunha desprázaste no espazo, descubres novos lugares e deixas que te traspasen outras xentes e diferentes culturas, noutra móvese ou nace algo dentro de ti, esperta cousas adormecidas ou esquecidas. Un pracer lerte, esa forma de escribir é acariciar de lonxe

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.