www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 20 de febreiro de 2015

VIAXE EN BLA,BLA CAR / BLA, BLA CAR TRIP

Comparsa dos leóns
Atrás quedaba a neve febreiriña mentras poñía rumbo a Badajoz. Unha viaxe que me xurdíu a punto de comezar o Entroido. Destino pouco comunicado en autobús dende a miña procedencia. Recurrín ao Bla, bla car para ver se había unha posibilidade de ir directamente en pouco tempo. Alí estaba agardándome! Nin que fose por encargo! Dubidei de tanta coincidencia, sería para ben ou para mal? Eso tívome indecisa todo o tempo ata que, por fín, tomei a decisión de atreverme por primeira vez a utilizar este medio de transporte, que eu xa practicara de nova en viaxes moito mais longos polo estranxeiro e de balde! Ía eu agora a temer o que non temín antes???? Xa se sabe, o antídoto do medo é atreverse. Pois adiante!
O tempo era propicio. Unha vez deixada Galicia atrás, todo foi melloría en canto ao tempo, a estrada...
Por autovías cómodas e rápidas chegamos á noitiña a esa cidade pasando por aldeas de adobe, co aspecto de estaren deshabitadas. As aciñeiras e oliveiras ían deixando atrás paisaxes desertos de interminables dimensións. Entramos por arredor da Alcazaba e xa poiden ir afacéndome a esa monumentalidade mezcla de musulmán, romano, mudéxar.... que  conforma a panorámica dunha cidade antiga, a pouca distancia de Portugal e da que a Guerra das Laranxas,(La Guerra de las Naranjas recibe este nombre debido al ramo de naranjas que Godoy hizo llegar a la reina María Luisacuando sitiaba la ciudad de Elvas.1)entre outras moitas, me deixóu co ánimo de averigüar un pouco mais a fondo.
Tras un percorrido polas rúas nas que se percibía o Entroido, rematóu o día primeiro da viaxe.
En Mérida degustando
O segundo día foi para Mérida ao completo. Alí non debeu quedar nada que non viramos. Ainda que eu xa coñecía unha pequena cousa, non sabía que había moito mais que ver. Chamóume a atención saber que Mérida era a cidade  de turismo das élites  romanas, dos grandes xefes e ricos daquela época. Podía imaxinar aqueles gladiadores que loitaban en desigualdade de condicións co adversario para conquerir a súa liberdade. Pensado ao milímetro para ser un espectáculo macabro do que aquelas xentes gostaban e co que se adivertían. Pero tamén de admirar é a súa organización, o seu coñecemento arquitectónico, a fermosura coa que se rodeaban, as comodidades e sentido práctico en todo o que deseñeban tanto ecuaductos como outras construccións, como enterramentos, icineración.... Penso que estaban moi adiantados para os tempos que eran. Tiñan bos enxeneiros ainda que o traballo se fixese con esclavos.
Unha degustación do bo xamón ibérico con rulo de queixo de cabra e unha especie de gazpacho, salmorejo, fixeron da xornada un día memorable.
Co Bárcenas de Badajoz!
O domingo de Entroido en Badajoz foi un contínuo desfile de comparsas, estilo Brasil ou Canarias, moi imaxinativo e ben performado que nos sorprendía coa interminable variedade de temas, vestimentas, música de percusión alén de outra, dependendo do número e que é o resultado dun traballo ao longo do ano e ano tras ano. Parabéns por tanto esforzo! Non me faltóu unha foto co Bárcenas de Badajoz que pasaba discretamente pola beirarúa e que moi amablemente me pasóu unha bolsa cos cartos!
Placiña en Elvas
Porta do Concello de Olivenza
O seguinte día foi para Olivenza, que me sorprendeu pola súa estratéxica situación sendo de Portugal unhas veces e outras de España. Ten a aparencia dunha vila portuguesa coas casas brancas e non de cor adobe tan común en Badajoz. Alí poidemos visitar un excepcional museo experimental onde todo está feito de papel. So se coñece outro en Chequia. De momento non cobran por velo, so admiten a vontade pero é a pacencia dun rapaz que elabora todas as maquetas e que agarda unha oportunidade, difícil nos tempos que corren. Merece que se lle valore. Parabéns!
Despois viría Elvas, que ainda que semella extremeña, é unha vila portuguesa. Alí degustamos o bacallao dourado, que eu nunca tiña probado. Atopamos un xardín moi oculto, todo de laranxeiras e apañamos as que estaban polo chán. Eran un refresco naquel día seco e soleado pero frío.
O derradeiro día, que por certo comezamos cun prato das famosas migas, foi para o Enterro da Sardiña no bairro de San Roque, por certo que predominan os nomes de santos en todo. Era unha festa popular de restaurantes votados para a rúa, con moita xente, día luminoso e frío a mais non poder pero lucía o sol con forza.
Museo do papel en Olivenza
Despois desa mañá decidimos tomar un descanso e atravesamos rúas desertas en pleno mediodía para facer un alto na Praza Alta toda rodeada de monumentos pintados en cores de contrastes que chaman a atención do visitante.
De volta a Galicia, co mesmo conductor, compartimos coche con un par de estudantes que se dirixían a Salamanca. Entramos alí para deixalos e seguimos ruta. Achegarme outra vez á terriña non facía mais que encherme de emoción e pensaba nesas tazas do xornal que levan inscripcións tales como: OS GALEGOS SOMOS MORRIÑENTOS.

Palmeiras nun xardín en Badajoz
Porta de Palmas en Badajoz




6 comentarios:

  1. Ola: Querida amiga, xa vexo que pásache uns días felices coas comparas do entroido, fora da nosa Galicia.
    Iso e bo, saír da rutina diaria do noso fogar que as veces cánsanos, e cambiar de aires de cando en vez , e moi saudable. Logo despois agarrámonos de mellor gana o que facer diario de nosa vida.
    Alégrome coma se fose un mesma, que o pasaras ben, que da vida mentres prevalece a ilusión, pois condo esta non funcione, e que xa todo acabou.
    Foi un pracer pasar e admirar a beleza das imaxes e letras, que describen as mil maravillas os pobos por onde pásache.
    Gracias, Bea, por este belo reportaxe.
    Unha aperta agarimosa e biquiños.

    ResponderEliminar
  2. Comparsas quixen decir.... Teño moitas fallos.

    ResponderEliminar
  3. De novo estou por aquí para dicirche que estás guapísima en esa foto coa copa na man, e tamén sinto curiosidade do nome do transporte, pois non a entendo.
    So sinto pena de no ir contigo a esa viaxe.
    Por certo, o 5 de abril vou a Fuengirola, Málaga. Tes algún proxecto de ir algures...

    Un abrazo e bo fin de semana.

    ResponderEliminar
  4. Ola Bea: estou contenta por que che gustara, o que pasa e que non sei escribir ben o galego teño faltas falta de ortografía... Eu vexo o teu escrito que queda precioso da mesmo gusto lelo, e eu, o meu encóntrolle que non luce como luce a túa escritura. Ata lles cambiei a forma da letra pero nin así.
    Graciñas por a túa visita.

    Un abrazo esperando outra entrada nova.

    ResponderEliminar
  5. Así que o antídoto contra o medo e atraverse!.......hai tantas formas de viaxar, moitas, pero quedo cos que se deixan traspasar polas xentes e os lugares. Facelo en bla, bla car xa implica ir cun compañeiro descoñecido, que pode agasallarnos con ideas novas e outra forma de vivir a estrada. Despois vexo que aproveitache moi ben a viaxe, boa comida, entroido, historia, cultura clásica.
    De Estremadura, no verán, lembro o pracer que sentín á sombra dunha aciñeira, nunha enorme pradeira natural chea delas, baixo do ceo, unxida de espiritualidade, como aquelas aldeas da infancia, nas que eu, igoal que os indios do Perú, abrazaba a terra e sentía o seu latexo.
    Sempre sinto como se fose algo meu cando leo o teu blog, debe ser por esa forma túa de contar a vida como se fose a primeira vez, algo que so fan os xenios e os nenos.

    Bicos dende o 2017, cara a ti, dous anos antes, vencendo ó medo!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.