
Onte, foi un día de lembranza de todo o que o mercado siñificóu dende tempos pasados. Alí había agora unha imitación do que foi. Os postos estaban ateigados dos mais variopintos productos e mostras de artesanía popular, mesmo había de canteiría, de elaboración de tellas, de cesteiría, de traballos en madeira, elaboración de doces, xabóns.... e tamén moda. Cando vin a alfombra vermella pensei se virían os de Hollywood a recoller algún óscar, pero non, tratábase dun pase de traxes e xoias ben levados por unhas modelos que nada tiñan que envexarlles ás profesionais famosas. E seguindo coa moda, chamóume a atención un tipo de mini saia imitando o traxe típico galego e asturiano, coas cores e os adornos apropiados e que xa lle vira a Balbina no concerto do Cádavo. Dinlle os meus parabéns á moza que os confecciona porque me parece unha boa idea. Por qué non seguir vestíndose co traxe tradicional pero adaptado aos tempos?
A feira estaba animada polos grupos Zuncurrundullo e Cantigas e Frores e mais tarde por outro de estilo jazss do que tomei unha foto.
Impresionóume o discurso do pregoeiro e aprendín un montón de cousas que sabía a medias, que me soaban pero que non tiña ordeadas nen vencelladas á historia deste concello veciño que tanta importancia histórica ten, pois tamén hai un castelo, e unhas covas....e moitas casas grandes.
O xantar, nada mellor nun día caluroso de agosto (tal vez o único que veu así) baixo a sombra dos carballos, arrimada a un deles, no chán, cos pes na terra e apoiada na árbore, era como mellor me sentía, a carón doutra xente que comían nas mesas de pedra.
Non faltaron doces de distintas clases e licor de herbas, café, e, cómo non, cantigas e mesmo nos puxemos a discurrir algúnhas novas para este Castro Verde de duas palabras.
Rematei o día bailando na praza do Cádavo, onde se celebraba unha xantar amenizado con música.
Foi un día completo que ben poidera ser de outra maneira se non decidira ir alí. Por eso é tan importante tomar a decisión mais axeitada cada día.