sábado, 19 de julio de 2014

"O TORBÓN DE SANTA MARIÑA......






 ....ÁS MAZÁNS LLES QUITA A TIÑA". Ese era un dito que se repetía cada mes de xullo cando unha treboada que arrasaba e desbordaba, caía durante mais de media hora sen parar. Miña nai sempre mo lembraba e a min quedoume.
Quedoume tanto que hoxe vivín a plena intemperie o dito torbón. E iso que levaba paraugas e impermeable! Menos mal que me colleu xusto debaixo dunhos castiñeiros e carballos que cubrían todo o camiño. De frente, unhas vacas, tamén buscaron refuxo debaixo das árbores de toda a vida, das árbores galegas por excelencia, plantadas polos nosos antepasados e que hoxe tenden a ser taladas sen miramentos, sen respecto pola natureza, polos animais, polas persoas.... e son sustituídas por escuálidos eucaliptos ou piñeiros que apenas dan cobixo a unha píntega. Tan egoistas e faltos de xuizo nos voltou a vida moderna que por termos paraugas, sombrillas, porches e coches xa pensamos que estamos a salvo das inesperadas trombas de auga ou do sol abrasador. O instinto que leva aos animais a cobixarse debaixo das árbores é tamén o noso propio instinto e é sabio e acertado e ten razón de ser. Eles, coma nós, saben que alí debaixo non acabarán como sopas. Neso, somos intelixentes por igual.
Eu apenas me mollei. Só ficar queda no mesmo sitio, pegadiña ao tronco da árbore, debaixo do paraugas aguantei o torbón con certo entusiasmo de ver como a auga se desbordaba camiño abaixo, encontrando o seu cauce e facendo riadas que elas soas se encamiñaban polo sitio mais apropiado. Ata a auga sabe a onde vai e por onde ten que descurrir. So me faltóu o barquiño de papel ou a folla de carbé para ver navegar as improvisadas enbarcacións da miña infancia.
Despois de media hora ben longa pensei en como sería aquel diluvio universal con Noé ao frente da Arca durante corenta noites e corenta días.....O símbolo da pomba mensaxeira, indicando co seu ramo de oliva que xa escampara ven a asemellarse co clarexar que sigue á tormenta, o descanso dese esforzo tremendo que debe supoñer tanta auga xunta a caer das nubes e a limpeza ambiental e o aire fresco e os arrecendos aflorando con toda a súa intensidade.
Vivir unha tormenta á intemperie é unha experencia que nos remonta ao pasado, cando non había paraugas e se aguchaba ún nos mandíles aqueles de liño que se poñían a xeito de capa dende a cabeza ou hombreiros, e na súa falla, sacos dobrados en forma de carapucha... ou as frondosas árbores e mesmo o interior baldeiro dunha delas.
Aguantar o chaparrón é unha expresión que sirve en diversas situacións da vida. O que sabe aguantalo ata o final, pode sair ben parado de calquer situación difícil. Tesón e pacencia como a natureza mesma.
Cheguéi á casa escasamente humidecida e coa sensación de ter vivido algo diferente nun día sen plans que me ocuparan, e sentíndome lixeiramente aburrida polo tempo pero agradecendo a chuvia como algo necesario do que se pode aprender e sacar conclusións interesantes: SALVÉMOS AS NOSAS ÁRBORES!!!!



6 comentarios:

  1. Verdadeiramente é um pracer lerte, Bea..
    Aparte do bo dos teus escritos, tocas temas moi propios da nosa terra, cos que plenamente me identifico é boto de menos, xa que eu os vivin..vivin a Galicia ensebre de boinas é panos mantons...vivin unha vida herdada dos nosos ancestros é a cal arastora se nos vai, por mor da despoboacion da nosa terra.. quizais, non a sepa espresar como asinto..Pero sei, que tu si sabes o que sinto, por que expresas con verdadeira maestria os mismos sentimentos..
    Un abrazo, Bea..
    Cuídate..

    ResponderEliminar
  2. Non hai como deitarse á sombra dun carballo. Moita fame sacaron por exemplo as castañas, e hoxe case non hai soutos. Se vas á tenda mercalas están carísimas, e pensar que a veces as pisamos nos camiños cos coches ou tractores. Estamos perdendo moita sabiduría e biodiversidade.

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea, vaia pois perdinme esta bonita entrada, pero sempre se está a tempo ¿verdade? raína.
    Tráeme moitos recordos esta lectura, pois eu tamén me vin moitas veces nos invernos, en-volta en tormentas ben gordas por certo. Non tiña paraugas, tiña unha carapucha de pallas, non sei se ti as acórdache, e tamén corría a abrigarme debaixo dun carballo ou debaixo unha barronquiña feita de sacar barro.
    Ben, en definitiva estou totalmente de acordo cas túas palabras.
    Un bico. A.gora vou arriba.

    ResponderEliminar
  4. Apesar da minha dificuldade com o idioma, Bea, é um prazer ler os seus textos; vale a pena! E estamos de acordo: salvemos as nossas árvores, sim; fazem parte das nossa vidas! Bom resto de semana.

    ResponderEliminar
  5. OI BEA!
    VIM TE CONHECER E CONSEGUI LER UM POUCO TEU POST, ENTENDI TUA PREOCUPAÇÃO COM AS ÁRVORES.
    ABRÇS
    http://zilanicelia.blogspot.com.br/

    ResponderEliminar
  6. Aguardo o próximo texto, Bea. Boa semana!

    ResponderEliminar