lunes, 28 de julio de 2014

A CASA DE BRAÑAS

A casa de Brañas desapareceu do mapa pero non do meu recordo. Alí teño pasado moitas horas da miña infancia, saboreando o caldo que me gustaba mais co da miña nae, comendo aqueles cuarteróns de queixo que repousaba xunto a lareira agardando a que callase para convertirse en queixo. Con azucre por enriba e así morniño estaba para non deixar rastro. Tamén me gustaba o café con leite que eles preparaban con aquelas sopiñas de pan. Acostumabamos a cocer o pan alí e agardar polas empanadas, sentados no escano da cociña de lareira, mentras contabamos contos e ríamos coas ocurrencias que entre todos artellabamos, pois aquel matrimonio, Xosé e Pilar, eran alegres e moi agarimosos. Faciamos moitas tarefas en común, a matanza, a malla, a sega.....Eu acostumaba a ir no carro tirado das vacas e pasar a tarde con eles nos prados, angazando herba ou saltando polas paredes. Cando chegaba o Nadal, faciamos a cea de Noite Boa na miña casa e eles traían os doces que lles mandaban os fillos dende Madrid. Sabían a mazapán auténtico e a améndoa. Ainda lembro aquel sabor. Cando xa ían maiores, os fillos leváronos para xunto deles. Era a primeira casa da aldea que se fechaba e meus pais e mais eu ficamos moi tristeiros, mesmo choramos pola súa marcha. Non nos acostumabamos á sua ausencia. De ahí, que eu escribira este poema, cando tiña dazaseis ou dazasete anos, tal vez mais....
Hai unha casa en Fonteo
toda vella e afumada
cunha escaleira por fora
e coa porta ben pechada.
Ten ao pe unha figueira
que da figos cada ano
e tamén ten unha horta
que ainda chora polo amo.
Esquecida alá nun curro
a cociña da lareira
durme entre das cinzas mortas
Xa non ruxe a garmalleira.
Estarán alí ainda 
o vello escano e a artesa
a lacena do touciño
o pataqueiro e a mesa



5 comentarios:

  1. é moi bo non esquecerse das nosas raices, nin daquelha xente que nos precedeo..Eso fainos vivir de novo a todos.. a elhes (Asua maioria falecidos) é darlhe de novo a sua vida..é anos e nos mismos é darnos a oprtunidade de recuperare o que xa enos foi pra sempre..
    Calquera lenda, calquera hastoria do noso pobo, do noso entorno non debiamos de equecela, é de feito o noso deber seria o compartila cos que ven detrás ..Por que creo eu, que ningun pobo, ningunha xente morre de todo..mentras perviva o seu recordo..
    Un abrazo, Bea...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradecerche, coma sempre, o teu comentario e dicirche que "mans á obra" Ti sí que eres bó recompilando historias de antes! Unha aperta.

      Eliminar
  2. Nos tamén compartiamos forno e artesa. Que cooperación e solidaridade entre veciños, que pracer! Acórdome que cando se cocía facíanse bolos pequenos para regalar as nenas e os nenos da aldea. Logo cando cocían os veciños regalábannos eles os bolos.
    Que morriña, canta xente había daquela.
    Fermosa composición! E por que non haberá máis figueiras pola zona? Quedan poucas hortas con estas árbores, e é raro que haxa nelas máis dun exemplar. Que bos están os figos frescos ou os pasos! Desecaríanos os nosos antepasados para comelos no Nadal? E que eu os pasos só os teño comido dos que veñen de Turquía... Co nutritivos e dixestivos que son, para o tempo vou plantar algunha figueira máis.

    ResponderEliminar
  3. Grazas milla rego polo teu comentario. Penso que aquí en Galiza non se secaban os figos, uvas..... pero non teño información ao respecto. Tal vez polo tema da climatoloxía que non hai quentura dabonda para logralo como nos países mediterráneos ou doutros sitios mais quentes. Aperta

    ResponderEliminar
  4. ¡Preciosa! Unha entrada para lembrarnos de onde vimos , que non debemos esquecelo nunca, e a onde vamos tamén, Bea.

    E un pracer lerte. Moitos bikiños, amiga.

    Se feliz.

    ResponderEliminar