www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 25 de xaneiro de 2014

RELATO COTIDIÁN

Apunteime a un curso de relato cotidián a distancia. Sentínme atraída pola temática. A min, que vivo na cotidianidade, como todo o mundo pero que ademais disfroito con ela, non podía pasarme desapercibido este taller de escritura que ademais ten por responsable a un escritor e xornalista que eu non coñecía pero que ten moito que ensinar neste tema. Podía ir presencial ou por internet. Nunca escollera esta última opción e tiña un pouco de medo a que non me funcionase. Pero todo foi ben e gustóume poder asistir ao curso, dende a miña cociña, co lume na cociña económica, coa posibilidade de tomar unha infusión endulzada co mel de sempre e no meu hábitat. Ao principio sentínme un pouco escéptica pero logo fun collendo un certo interés. Non era doado permanecer sentada seis horas diante do computador. Ainda que houbo un descanso. Cando nos pidíu que escribiramos un relato baseado nun acontecimento cotidián, común para todos, e que logo él leería e nos daría a súa opinión, eu, decididamente negueime en rotundo. Non pensaba facelo. O que escribo cando escribo xa me parece un relato do cotidián sen ter que agora meterlle persoaxes, diálogo..... Eso sí que me da pereza a min!
Quedóume a idea dando voltas pola cabeza o resto da noite e aínda a seguinte mañá. Algo se estaba configurando que podía ser un exemplo do que él nos propuxera. Pero eso de ter que partir todos do mesmo escenario....
Busquei e non tardei en atopar e así foi como me saíu o que a continuación se pode ler:

Argumento:Trata da experencia que unha  cibernauta ten a partir dun intercambio de e-mails con unha persoa descoñecida  á que lle atribue ser o autor do libro que acaba de ler e co se identifica sobremaneira. Acude a presentación e pídelle  que lle adique o libro.

Vitalia acostumaba a ler libros recen publicados, de autores e autoras que lle comunicasen algo co que ela se identificase. Ese momento dos cincuenta anos era moi especial xa que víase en perspectiva a trayectoria da súa vida, do que fixera, do que deixara de facer… Vivía soa. O seu fillo, co que compartira o ático frente ao mar naquela vila mariñeira e pescadora, abandoara o neal. Vitalia sentíase ben coa súa liberdade recuperada e adicaba o seu tempo libre a facer exercicio, relacionarse con xente por Internet, ler, cociñar….. e moitas outras cousas. Pero, todo hai que decilo, estaba un pouco enganchada aos chats en Internet.
Un día, recibíu un correo nun dos enderezos que tiña e no que puxera como usuaria o título da novela que acababa de ler. Sorprendeuse que a persoa que llo enviaba tamén tivese o mesmo nome de usuario.
Non podía sair do seu asombro ao percibir que a redacción do e-mail parecíase moitísimo á do libro en cuestión. Sentíu verdadeira curiosidade e deixóu voar a súa imaginación na que lle revoloteaban bolvoretas azuis  e foise directa á súa cociña para preparar unha taza de café e poñer os pes no chán, reflexionar, pensar, darlle voltas a aquel acontecimento sorprendente e que espertaba nela todas as musas dormidas eternamente e que de repente se sentía parte dunha historia ou a punto de ser copartícepe nela.
Sería o autor do libro? Para empezar, non estaba escrito no galego normal que utilizara no seu libro. Estaba en ortografía portuguesa e con palabras que a despistaban  por seren propias da fala astur-galega e para mais, quen escribía facíase pasar por muller.
A súa cociña-sala era un lugar moi acolledor e luminoso que encaraba o mar, a montaña ao lonxe…. Tiña amplitude de miras. Dous amplos ventanais que eran tamén portas corredeiras abríanse a unha terraza sobre o mar. Era fermoso sentarse á mesa, ou no sofá e poder ver revolotear as gaivotas e escoiltar o ruido da oleaxe e percibir aquel arrecendo a marea baixa.
Servíuse unha taza de café naquela taciña de porcelana inglesa de Royal Albert que conseguira nun mercadillo londinense a moi bo prezo. Quixo darse ese gusto. Poucas veces a usaba porque tiña medo de rompela. Lembraba a avóa do seu fillo, unha irlandesa, que sempre lle servía o té en taciñas de Royal Albert. Sabía todo mellor naquela fina porcelana inglesa.
Tan ensimismada estaba cos seus pensamentos, coa sorpresa inesperada daquel contacto que a deixara tocada en tódolos sentidos, mesmo nos nervios que estaban agora a flor de pel….. que ocurreu algo que xa temera de antemán: a fermosa taciña con delicadas flores de cores rosa, granate…. Aterrizóu no chán e esnaquizóuse toda, agás a asa, claro, coma sempre. Non sabía a qué atender! Se a limpar o chán, recoller os cachiños, compoñelos e pegalos, que ainda que non servise para beber, sí quedaría ben outra vez no seu sitio, como unha taciña intocable, de mírame non me toque….. se deberia omitir o incidente e continuar embelesada na resolución do puzzle que tiña na cabeza con aquela inesperada visita dun estrano ou estrana que entrara na sua vida, sen pretendelo, sen esperalo…..
O caso foi que deixóu a taza tal cal, non chán e foise directamente ao ordenador. Sentíase inspirada para escribirlle á súa (para Vitalia, o seu) escritora que definitivamente identificara como o mesmiño autor do libro que acababa de ler.
A ela non se lle daba mal escribir, non. Mesmo escribía poesía nos momentos mais propicios da súa longa existencia ainda que salvo, pequenas cousas soltas, non chegara nunca a publicar o poemario que ía chamar “Antigüallas”. E mira que empezara a pasar todos os poemas ao ordenador, por mandato do seu fillo, e que deixóu todo a medio facer, coma sempre que empezaba algo literario. Queria pero non podía…. Non sabía…. Eso sí que era un traballo difícil. Prefería andar a facer outras cousas, cociñar, limpar, traballar na leira na casa dos seus pais, na aldea,  pero o de escribir, que tanto lle gustaba, ía quedando para o final. Primeiro para cando tivese tempo, despois para cando se xubilase…. E así foran pasando os anos…..sen que nada serio saíse da súa pluma.
A súa resposta debeu resultar interesante xa que prendeu mecha e foran indo e vindo moitos correos, cun contido moi extrano no que non se reveleba a identidade dos autores e non embargantes, había unha comunicación excelente, creativa e imaginativa que xiraba en torno a novela qué, por supostos, émbolos dous coñecían ben, sobre todo, moito mellor o autor ou autora daqueles mails.
Vitalia qixo imprimir as mensaxes para releelas a calquer hora do día e da noite sen ter que sentarse diante do computador, cousa que aborrecía, por outra banda. Así que coleccionounas todas e púxoas dentro do libro.
Un día soubo pola prensa que dito autor presentaba o libro nunca cidade próxima. Ela levouno consigo e como non quería pasar desapercibida, senón que quería  que o autor a recoñecese por algún sinal sutil que ela ía a amosar, xa que non se atrevería a insinuar nada directamente, non fose que a tomase por louca, que él realmente non fora o autor das mensaxes. Entón pensóu que levaría dentro do libro un marcapáxinas decorado con unha daquelas mensaxes que él/ela lle enviara.
Despois da presentación, que fora nun sitio tranquilo ao que só asistiran as súas amizades e coñecidos, un pequeño grupo de xente sen mais, sentóuse a firmar libros.
Vitalia estendeulle o seu, que levaba ben visible o marcapasos no que se vían os dous enderezos electrónicos unidos pola pura casualidade e fixo todo o posible para que reparase nél.
Él, sen dúbida votoulle unha rápida ollada pero non fixo comentarios. Escribeu a dedicatoria e devolveulle o libro. Ela, sentíu que él se dera por enterado do asunto e que se atopaba diante da súa corresponsal en persoa.
Por parte dela, había unha nota triste de despedida. De algo que puido ter sido se ainda existe…..
e non fora. Unha esperanza dun idilio finalizado.
Hoxe, once anos mais tarde, Vitalia atópase co libro e ve como dentro dél están todos os correos recibidos e o marcapasos. Decide poñerse en contacto de novo con alquel enderzo para saber se ainda existe.... 




2 comentarios:

  1. Recordações e esperanças... duas coisas que permanecem vivas em nós. Belo texto,boa semana!

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Aí amiga!!! BEA.

    ¡Que beleza de texto, que relato máis fermoso! Deille dous repasos para empaparme do seu contido -que me encanta e que engaiola a cal quer lector.
    Apareces nas túas letras unhas imaxes máxicas, ¡Esas vistas fantásticas do mar e a montaña!!! Entre outras.
    Que a min paréceme reais aínda que teña un chisco de ficción.
    A realidade e que está abrazado en nunha prosa preciosa que a min en particular namórame.

    Felicidades por o relato, pero tamén por a cara bonita que lle púxeche o teu blog, está deliciosamente, belísimo con esas imaxes nos laterais preciosas todas elas, a túa casa vese moi fermosa.

    Gustaríame pasear por esa veira do río e gozar de esa natureza
    en xebre.
    Gracias Bea, por compartir todo isto con nos. E un pracer pasar por esta casa, a túa casa virtual.
    Un abraciño grande para ti e unhas carantoñas para NOA. Sabes, parece que estou respirando a paisaxe da túa horta. Ummm!!! Que
    envexa.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.