Semella que ainda foi onte cando celebrabamos a comunión do Joam. Aquel ano, quince de agosto, había seis rapaces/as na aldea para facer a comunión. Nunca mais voltou a darse esa coincidencia. Lembroo como algo moi fermoso. Aquel altar adornado con frores brancas, rodeado de xuventude, todos da mesma idade, cos seus traxes a cal mais bonito. As familias e amizades desbordabamos a igrexa e ata Don José, o párroco, deulles a cada un algún diñeiro porque para él tamén foi unha ocasión especial. A proccesión arredor da igrexa tiña un encanto e un siñificado diferente a outras veces. Facía un bonito día de verán e na aldea había festa.
Eu quixen que a comida se fixese na casa, no antigo local da taberna. Ainda tiña as estanterías arredor pero miña nai e mais eu, cubrímolas con cortinas brancas e parecía un salón de restaurante. Eramos unhos trinta convidados e toda a comida a fixeramos nós.
Fotos e mais fotos e vídeos farían daquela ocasión algo transcendente. O primo de Madrid, Sebastián, fixéralle a Joam unha reportaxe fotográfica, en calidade de agasallo, nos sitios mais emblemáticos da aldea, ou sexa, os prados!. Joam deitado na herva, Joam arrimado a un castañeiro, Joam no columbio do prado dos primos.... O seu traxe beige, da orde de Santiago, destacaba entre tanta verdura. Foi todo un traballo de pacencia pousar e fotografar ata conseguir as mellores imaxes.
Lembro a querella que tiveran entre os primos pequenos e mais él. Subido a un castañeiro, o Joám, que deseguida se desprendera do traxe de comunión para trocalo por un de camuflaxe do comando que capitaneaba, armara unha boa liorta que o faría chorar nun rincón do seu cuarto onde buscara refuxio. Eu nunca cheguéi a entender qué pasara realmente, por qué pelexaban.
Aquela querella, marcóu un antes e un despois nas relacións de familia. Sinto que se perdera a amizade entre unha curmán moi querida e mais eu. Ainda que non acredito que fose por aquel motivo senón por outros que derivaran daquel.
As fotos, como é normal, foron parar a un album especial de comunión. A veces gústame recrearme no pasado e abro un dos álbuns de fotos antigas. Foi así cómo me fixéi nunha das fotos da comunión na que estabamos unha parte da familia, entre a que nos atopamos miña nai e mais eu, unha ao carón da outra. Pensei que a cara de felicidade que ambalas dúas compartiamos era reflexo dunha sintonía que sempre nos uníu e que aprecio dende a distancia, agora que ela xa non está. Miña nai era unha muller moi positiva e alegre. Nunca lle faltaba un sorriso e mesmo unha gargallada para calquera. Era pronta a harmonía e tiña don de xentes. Por suposto que tería os seus detratores, como é lóxico, pero a maioría da xente lémbrase dela como unha muller amigable, complaciente e sacrificada polos demáis.
Indo mais lonxe na distancia e seguindo coas comunións, tamén ela me fixera a min o vestido que levei na miña. Adicaralle moitas horas de traballo a ratos perdidos. Para que non llo mancharan as moscas, tíñao sempre tapado cunha saba branca. Levaba un can-can por debaixo e unh armazón feito de cartón ríxido que lle daba unha forma acampanada. Todo estaba almidoado e adornado con encaixes e abalorios, mesmo a limosneira era de puntillas e perlas. Non faltaba detalle. Na miña comunión, eu recitara unha poesía que aprendera para ese día, subida nunha mesa cuberta con saba branca, alí, diante de todos, xunto a igrexa.
E para que as fotos semellaran fotos de estudio, ela preparara un fondo de cortina estampada en frores para que non saíse nada que poidera afear a imaxe e restarlle protagonismo á miña persoa e poder lucir o traxe, obra de arte que ela elaborara con tanto amor e sacrificio. Eso é unha verdadeira nae, que da todo por os seus fillos e séntese orgullosa de ser sua nae.
Quero adicarlle este post como un agradecemento póstumo e compartir con ela o sorriso que convida a vivir e disfroitar dos pequenos grandes momentos que a vida nos depara. A nae, penso, fica no recordo para sempre porque foi o mellor que nos pasou: deunos a vida!
¡¡¡Ola -Bea!!!
ResponderEliminarQue fermoso texto filla, un repaso o pasado cheo de bonitos recordos e sentimentos que quedan gardados no faiado da memoria para un día sacalos ir rememorando .
Celebro esa festiña festiña no! festaza, que xa pasou aí tempo, pero parece que foi onte, coma se fora eu mesma.
Estades moi ben aí na foto, as dúas con cara de felicidade, véseche a xuventude que reflexa moi bela: faime gracias todo o contas do teu fillo, os nenos son máis travesos, pero as veces castigámolos sen razón ou solo parte!... castígache o rapaz e se-acaso nin tivo el só a culpa, pois nunca a ten un so, as pelexas son cousa dous ou tres...
Cantas cousas fai unha nai e! E ti coma nena única traíate coma unha princesa, estoute vendo con aquel vestido vaporoso e recitándolles un poema a Virxe.
Ben raíña, vivimos recordando e damos gracias a Deus e a vida por poder facelo, mentres recordamos todo vai ben.
Gracias por compartir esas vivezas fermosas.
Déixoche unha aperto moi agarimosa e a miña estima sempre.
Feliz aninovo.
Un testo, davvero molto interessante!
ResponderEliminarCara Marina, sono molto grata della tua amicizia,i tuoi bellissimi commenti mi riempiono di gioia.
Ti mando un abbraccio colmo di amicizia e di stima.
Ciao:)
Luci@
Olá, ~
ResponderEliminarOntem passou rápido, hoje rápido vai passar, a vida passa rápido por nós, gosto de viver.
Abraço
ag
Recordações... bem diz o provérbio: as belas recordações fazem valer toda uma vida! Belo texto, belo blog. Boa semana!
ResponderEliminar¡¡¡¡Un aplauso prolongado!!!
ResponderEliminarGústame muitisimo o novo luk da túa casiña virtual, moito -moito bonito.
Ben Bea, agora xa podes poñer nos laterais o que ti queiras.
Un brazo e se moi feliz.
Boas noites.