www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 24 de novembro de 2013

DIA SORPRESA!

Unha mañanciña lixeira, con sol, co coche recien peiteado, coa liberdade na man, coa chave por fora da porta.... daba gusto iniciar unha viaxe sorpresa.
Esa amiga que desexaba moito que fora a visitala, esa atracción que sinto pola Mariña luguesa e un pulo que tiróu de min.... así partín. E cheguei en menos tempo do que pensaba. Facendo compras polo camiño, pensando xa no Nadal. Na radio, música, no corazón, latexos do inesperado. Así cheguei e chamei e Loli deu un berro de alegría no medio da cola do super e as señoras ollárona con un certo aquel de dúbida, de se estaría tola.
Primeiro din o paseo pola veira do mar. Estaba ben o mar. Recibín o seu iodo e lin os letreiros que explicaban o nome das rochas que quedaron illadas da terra. Nalgúnha plantábanse patacas. Outras eran o cagadeiro das gueivotas, outras onde as gueivotas se xuntaban a falar.... Moi interesante descubrir algo no que non tiña reparado nos anteriores paseios.
Pola praia había xente con nenos paseando. Eu tamén baixéi e crucéi ata a outra veira onde hai un faro. Alí deixeime salpicar polas gotas de auga salgada que traían as olas con unha forza media pero suficiente. Iodo en estado puro! Respiréi fondo varias veces para encherme do apreciado elemento que non teño na montaña.
Voltei á casa da amiga, cruzando a vila polo centro e cheguei decontado. Ainda non regresara de facer a compra do sábado. Entrei nun bar, despois de asesorarme coa ollada, entre os poucos que por alí había. Fun dar ao pior, coido eu, pois non tiñan luz no baño e a limpeza deixaba que desexar malia a que os clientes non lles roubaban moito tempo. Era o sitio equivocado, como a veces acontece pasar cando non se coñece un lugar.
De contadiño divisei a miña amiga que viña empurrando o carriño da compra. Parecía outra dende a súa operación de cadeira. Agora sí que camiñaba co seu habitual donaire!
A ledicia invadíunos ás dúas, pois somos almas de vida semellante e temos pasado moi bos momentos de mutua compañía anos atras cando ibamos ao baile a Redondela. Era unha comedia xa só a viaxe, ríndonos a fartar, cantando no coche e comendo o que levabamos e compartíndoo entre os tres e as veces catro.
É verdade que ningún tempo pasado ha de voltar por mais que queiramos. Tampouco é eso o que se pretende. Eu xa non quixera que os tempos pasados volveran a poder reproducirse. Camiñamos cara adiante e non hai volta atrás. En cada momento a sua cousa. Así pasa cos amores. Aqueles de antano, que se disolveron no seu momento, é case imposible recuperalos. Non serviría de nada. Nada sería igual. "Auga pasada, o río leva" É un fluir cara adiante e debemos deixarnos ir, sen mais.
Xantamos xuntas pero cada unha o seu xantar. Eu levaba o meu listo para non ter que darlle traballo e porque me gustaba. Despois fomos tomar o café á casa de outros amigos. Alí sí que hai bo humor! Hai persoas que nos agasallan coa súa risa, co seu lado positivo de ver. Sentínme coas pilas recargadas e voltei para a casa como se me tivese tocado a lotería. Xa non parecía a mesma de días atrás. Recobrara enerxía para facer cousas e dinlle unha boa volta a todo, incluso ao xaponés!
Cando volte a ter esa sensación de illamento e desánimo xa sei o que teño que facer: sorprender a alguien que non me espera. Eu mesma me sorprendo do efecto que ten o contacto con outros seres cos que podes comunicarte ben.
Qué viva a amizade!!!!

3 comentarios:

  1. ¡Olaaa, Bea!!!

    Que maravilla de texto: celebro con moito gusto que pasaras ese día soleado, no fresco da proximidade do mar donde se respira o ventiño mareiro que e moi san e relaxa a alma o escoitar o bateo das olas e ó seu mormullo cando están máis mainas máis sobrias.
    E tamén o mar inspira para facer un post fermoso coma este.
    Ben, pois pasache un día para recadar o pasado con encanto, e tamén para no futuro, poder lembrar eses mometos bonitos vividos con amogas/aos, que fan dun encontro sinxelo uns instantea maxicos, son persoas cun especial sintido de -humor que alegran a vida de que está o seu carón.

    Así que viñades o baile a Redondela eh!!! Ai o que fai a xuventude divino tesouro, seguro que foi unha etapa ben bonita da vida, que agora lembrades con carido e ledicias. E que vo e recordar así cusas alegres, din que alargan a vida e ata curan enfermedades.
    A todas/os nos pasou algo parecido, nos faciamos unhas escapadas, sin ningún permiso, a un baile que-lle Chamaban o salón a Paloma,así coma a seis kilomtros de lonxe, íamos en bicicleta e tiñamos que estar na casa as 11 da noite. Naquel itres tíñamos 14 anos, e non nos dixaban sair o baile. Entonces era verán, colliamos as bicis para dar un paseo eh!... veña!... A familia...
    Numca soubo nada, tiñámos unhas amigasn mayores que eran as nosas alcaguetas. Cada vez que recordo aqueles tempos ríome soa.

    Ben, Bea: foi un pracer pasar por a túa casa, mirar e admirar esa preciosas fotos do mar en forte oleaxe e tamén a armonía da praya. ¡Alégrame a túa alegría! Desexo de todo corazón que estés feliz todos os días da túa vida.

    Déixoche Un abrazo agarimoso e amiña estima sempre.
    Se muy muy feliz.
    Bikossss

    ResponderEliminar
  2. Grazas Marina, xusto acabo de mandarche un correo antes de ver o teu comentario que me alegra o día mais que o sol que xa quenta! Ti si que eres un sol!
    Apertas

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola -Bea!!!

    Despois de volver a reler este texto: o tempo non pode reproducirse pero pódese pasar moi ben, con saude é paz, en cada tempo que vamos vivndo. Din alí... cada cusa no seu tempo, anque as -vecesfecemos unha extravagancia.

    Be amiga, quero desexarchre unhas felices pascuas, en compañía da túa familia.
    Que o 20014 faga que se cumplan todos os teus desexos.
    Un abrazo grande grande dsde o meu corazón.
    Bikos moitos

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.