www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 17 de xuño de 2012

DE KIWI

Nada peor que ter escrito un texto inédito sobre a miña horta e ao querer publicalo, esfumarse sen permiso e deixarme coa boca aberta, sen saber cómo rescatar as ideas nin repruducir aquel arrouto de fantasía que me veu de repente. Agora chove toda a tarde e chove forte como se o mesmo diluvio universal se presentase de repente e xa esquecín o obxecto do meu relato.
O que sí lembro é que descubrín por casualidade, por darme por mirar para a parra e para o kiwi, descubrín a primeira flor desta árbore macho que plantei fai unhos anos xunto con duas femias. Foi un acontecimento longamente agardado e sorprendente. Eu nunca vira un kiwi en flor, (a verdade é que se poden contar cos dedos dunha man), e resultoume fermosa á vista. Unha flor blanca, delicada, case imperceptible, disimulada, e humilde. Espero que as súas irmáns se animen a ter flor para a proxima primavera, ou quizá esta, e así poder darse a fecundación que me traerá saborosos froitos que tanto me gustan e ademais, autóctonos, (se non ven a plaga esa que anda por ahí facendo estragos).
De todos modos, esto nada ten que ver co que eu escribín anteriormente.
Así que deixoo aquí, por non ter a mesma sorte coa inspiración que tiven naquel instante e procurarei ser mais coidadosa e gardar no borrador tan pronto termine un texto.
Ahí vai esa preciosa flor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.