Un filme en galego, en galego da Fonsagrada, tan doce como especial por ter influencias asturianas.
Un filme propio de Semana Santa, pois combina ben o relixioso co pagano. Todo ten cabida na "comuna" de Negueira de Muñiz, de Foxo, concretamente. Aldeas abandonadas ao construirse un encoro que deixou asulagadas e separou a outras do mesmo concello.
Tempos virían nos que na percura da natureza e dunha vida mais tranquila que a das cidades, aparecerían novos povoadores nestas pequenas vilas cubertas pola maleza, paraiso dos lobos e doutras creaturas. Tiveron que pagar un prezo pois non é doado a inmersión nun ambiente tradicional que nada tiña que ver coas ideas e costumes que eles traguían. Por eso lles chamaron os "hippies" do Foxo, porque se bañaban espidos no encoro, porque vivían todos arrexuntados, porque practicaban o amor libre, porque non acataban as normas dunha sociedade ordenada por outros cánones. Ata que, á forza de velos, de ir coñecendoos, fóronse facendo do lugar, mesmo facían amizade cos lugareños e cooperaban nalgunhas actividades.
Eu coñecín a comuna case nos seus comezos. Era lectora de revistas como Ajo Blanco, Integral... e estaba ben informada deste tipo de movementos da xuventude "underground" da época. Sabia que o das comunas era un estilo novo de vida que procuraban moitos xoves e non tan xoves e por Cataluña había moitas comunidades destas que viñan tendo por exemplo a Arca de Noé en Francia.
Cando unha amiga miña de Salamanca me visitóu aquel verán, decidimos ir xuntas ata O Foxo para ver de que se trataba. Acolléronnos con absoluta normalidade e simpatía. Ela ficaría alí xa por moitos anos ata que se emparellou e tivo dous fillos, aos que coñecín e cos que veu a visitarme algunhas veces aos sitios onde eu me atopaba empezando os meus pasos no mundo do ensino público. Fixeramos tantas viaxes xuntas, tiñamos tantas cousas en común .... que o feito de ficar na comuna foi motivo dabondo de desunión entre ambalas dúas, por custións ideolóxicas, éticas ou de responsabilidade. Ela, acabara unha licenciatura na universidade, sabía tres ou catro idiomas. Eu, preparaba oposicións ao corpo de ensinantes. Ela nunca mo perdonou...(?) pero cada ún ten que seguir o seu camiño, como llo dicta o seu momento.
Pois é agora que un filme, baseado naquela experencia, que ainda continúa hoxe en día, pero que xa nada coido que teña que ver cos seus comezos, ben a lembrarme con un interese novo, aquela experencia pasada cando eu tiña vinte e poucos anos.
Funa ver e coido que vale a pena achegarse ata o cinema. Non sabía ben o que me esperaba pero non me decepcionóu. A fotografía vale a pena, dado o sitio que é, non podía ser menos. O son, a imaxe e o desenrolo do argumento, que non sei se ten moito ou pouco que ver coa realidade, pero sí ten moitas cousas acertadas e certas.
Xa so, un filme en galego, di moito de nós!!!!
Parabens aos seus autores.
Ola Bea: amiga perdoa a miña demora, estiven en Castilla León -un tempo desde mediados da sema anterior, ata o domingo de Pascua.
ResponderEliminarE esta sema, entre visito o médico por -mor dos meus osos, e dous días co -ordenador enfadado, pouco puiden facer visitas.
Agora chégame unha visita e teño que deixarte, volvo máis tarde vale? Biquiños.
Ola Bea: amiga miña- de novo pídoche perdón, non me faltan enredos para que o tempo pase sen poder entrar no teu espacio e charlar un pouquiño.
ResponderEliminarVexo ou entuyo que viches unha película en galego,
sobro A Fonsagrada. Teño entendido que e unha vila moi fermosa da comunidade autónoma da nosa Galicia.
Que naturalmente encontrase na provincia de Lugo anque eu non a coñezo.
Debe quedar a bastantes kilómetro de Lugo.
Acabo de ver aquí por Internet, donde explica a súa historia que resulta moi interesante.
Déixoche este enlace... Por si queres botarlles unha ollada.
http://negueira.es/images/stories/negueira
/190/foxo1.jpg
Ben Bea, déixote por agora pois ven a filla buscarme para comer con eles.
Gracias por as túas letras sempre interesantes.
Déixoche o meu agradecemento e a miña estima. Un abrazo forte e feliz fin de semá. Ata de qui a logo. Chauuuuu