De Vilamor, viaxo ao explendor da fritilaria, unha flor que espanta as toupes na horta polo seu cheiro.
É un bulbo que se planta a finais de ano e ven na primavera con unha lozanía que namora aos que non son toupes.
En poucos días fíxose a dona da horta ou do xardín, chamando a atención de quen a olla e non lle gusta pasar inadvertida, ben que se deixa ver porque medra en solitario, non ten competencia ao redor xa que debe estar alomenos a dez metros doutra da sua clase.
Estas saíron laranxa e amarelo. Supoño que as pode haber de outras cores.
Unha flor solitaria, robusta e firme, que non se deixa abanear polo vento nen solta os seus pétalos sí como así.
Eu non sabía desta planta ata que ma recomendaron para tornar as toupes e ratume da horta.
Non me arrepinto nada de ter dado con ela pois, a verdade, nesta época na que as flores ainda non empezan a asomar por aquí, xa alegra o xardín.
Deixo aquí unhas fotos que coido dicen o mellor dela pois, como sabemos, unha imaxe dí mais que mil palabras!
Boa primavera!
Moi fermosa esa flor que nos mostras...
ResponderEliminarAlgunha parecida hai no xardín da miña casa pero e doutra cor.
Unha aperta.
¡Ola Bea!
ResponderEliminarEncántame esta entrada, pois alegran esas plantas con ledicia. Alegran a casa e tamén a vida, e fan alarde da primavera.
Vaia flor máis bonita e un alimento para os nosos ollos, gústame mirala.
Así que escorrenta as toupeiras simplemente co seu cheiro, ¿pero cheira mal ou rico?... non me cansa de mirar a planta, ten unhas cores ben fermosas.
Ben- pois cando veñas a Pontevedra tráesme unha pequeniña ou unha semente para plantar no meu pequeno xardín, ¡pois tamén ten toupas!
Gracias por regalarnos este post de cores divinas
Déixoche un cariñoso abrazo e a miña estima. Se moi feliz. E gracias por estar sempre cerca.
Ola Bea!
ResponderEliminarDende o meu espazo veño a agradecerche as palabras tan fermosas que me deixas.
Unha aperta moi forte.
¡Ola Bea!
ResponderEliminarPaso a saudarte e desexarche todo o ben do mundo. Pensei que me atoparía con unha entrada, non e así, pero non importa xa poñerás noutro momento cando che veña ben.
Sei que andas leada con esa oposición a que vas a presentarte, e farache boa falta o tempo para estudiar.
Por aquí todo anda coma sempre, con bochorno hoxe.
Ben pois nada más amiga. Sorte e saudiña moita.
Un abrazo moi agarimoso. Se feliz.