A mar estaba en calma,
amainada a tempestade,
o sol convidaba á vida,
todo era xogo de nenos,
reinaba a comunicación,
o entendemento fluía,
O ventanal aberto ao mar,
deixaba pasar os ventos,
non ofrecía dificultades,
sol, aire, vento, perfumes...
punto de encontro, centro,
torre, ao fin, de Babel,
encontro de culturas,
refuxio sen límites,
abrigo imaxinario
da nosa desnudez.
Hoxe, frio, neve, desencontros...
Cambio repentino de temperatura,
Somos torre de Babel,
efímeros, co tempo caducado,
cas palabras erróneas
ditas nun momento erróneo,
mergullados na incomprensión...
e solitarios, lobos da noite
sin querer, feríndonos
condenados a non entendernos,
non importa qué linguas,
a incomprensión vai por dentro,
torre aberta a todos os vendavais,
sobrevives por ser como eres,
por non ter límites, por non pecharte.
Torre monumento a un faro,
Soño vixiante e perdurable.
¡Ai Bea!!!
ResponderEliminarQue fermosa poesía homenaxe a un faro, pero tamén pode representar algo sobre a túa vida. Hoxe as túas letras fálannos do ventanal aberto o mar. Quizais sexa a ventá da túa vida do teu corazón que se abre para que entre aire fresco ventos perfumados de amor -ledicia e paz. Ti si que es a torre de babel, es grade de alma e ata podes tocar o ceo. E iso que no son eu grega.
¡Tamén túas letras hoxe falan dun cambio repentino! Refuxio sen limites... Iso gústame, abrigo imaxinario da desnudez. Frases que din moito Bea. E encántanme, gústame ler ente liñas para descifrar se podo, algo do que garda cada palabra. Quizais no acerte, pero din moito hoxe, ¡e grazas a Deus! As túas preciosas letras.
Anque todo sexa monumento a un faro. Tamén se pode aplicar a túa Torre o teu Faro, dende donde podes Soñar viaxar mentres teñas un alento. a diante sempre amiga.
Precioso Bea. Non teño palabras para dicirche o que me gusta. Gracias por regalarnos as túas sabias letras. Un abrazo grande e se moi feliz.
GUSTOUME MOITO BEA,
ResponderEliminarE QUE MILLOR CON FARO, CA LUZ DUN FARO, QUE NOS A DE GUIAR POR OS PROCELOSOS E A VECES OSCUROS MARES DA NOSA VIDA,, QUE MILLOR LUZ PRA ACOMPAÑARNOS E ENCONTRARNOS.. A NOS MESMOS..
UN BICO.
Que fermoso escribes,esa luz dese faro que tanto acompaña.
ResponderEliminarO ventanal aberto ao mar deixaba pasar os ventos,sol aire...iso é un recordo que teño moi dentro pois a miña casa cando era nena era unha das que abrindo a fiestra podías cheirar iso que ti describes tan ben.
Un abrazo.