Contamos por anos o noso transcurrir pola vida: os cumpleanos, o fin de ano.... tamén o transcurrir pola morte: os cabodanos.
Para min, este ano levouse aos seres que me deron a vida. Foi un ano de vivir a morte a carón, de verlle a cara, de sentila na pel. Por iso mesmo, considero que me sinto mais preparada para aceitala, para non temela, senón para vela como unha aliada nos momentos mais difíciles da nosa existencia, como unha liberadora de sufrimentos, un descanso anhelado despois dunha longa vida ou enfermidade. A morte, igual que o nacimento son a cara e cruz da mesma moeda: recibemento e despedida que nos producen diferentes emocións.
O ano que acaba tamén me devolve á vida, á experencia dunha soedá imposta polas circunstancias pero asumida e aceptada. Devólveme a min mesma, que me perdera en algún punto do pasado e intenta restaurarme, non precisamente a aquél punto onde me quedara senón a un novo e descoñecido no que intento tomar as rendas para seguir camiñando.
Estou a ler un libro: "HEALTHY AGING" ( Envellecer saudablemente) de Andrew Weil, que foi o meu agasallo de Nadal. O autor, fainos ver que envellecer saudablemente é non pretender quitarnos anos, non loitar contra corrente, contra os sinais que no noso corpo-mente vai deixando o paso do tempo, senón de axudarnos a aceptar os cambios propios da edade, aprender a convivir con eles e axudar canto poidamos a chegar ata onde nos sexa destinado na mellor disposición e condicións. Nada contra envellecer, senón ver as ventaxas que se obteñen ao madurar o pensamento, as atitudes, emocións, relacións con mundo e con nos mesmos.
Este periodo de descanso de Nadal, Fin de Ano, Aninovo.... ofréceme oportunidades de renovación, como decía Aluísio no seu comentario ao meu anterior post. "Non hai ano novo se non hai vida nova". Ese ano novo pode ser calqueira instante da nosa vida, de feito éo pero nono fixamos como tal. Parece que precisamos de datas marcador que nos unan a todos no mundo, como unha comunión universal da celebración, ainda que non creo que todas as sociedades o celebren ese mesmo día. Nada malo con eso, e nada bó se consideramos o que invertimos. Inversión material, mais ca outra cousa. Roupas de festa, comidas de festa, agasallos, bebidas, alterne, iluminación.....
Lembro un fin de ano en Trafalgar Square en Londres. Ao rematar as campanadas, todos eramos amigos! Happy New Year! cada persoa coa que te tropezabas, sen distinción de sexo, edade, profesión.... Alí eramos tod@s iguais! Todo o mundo daba bicos e apertas a todo o mundo, eles que apenas dan bicos, os británicos, polo menos en público, e ao día seguinte, todos seríamos alleos unhos aos outros. So Aninovo por un instante fugaz e volta á rutina.
Cada ano faranos mellores, sen lugar a dúbidas, porque estamos de paso para aprender e o camiño ensina e faise camiño ao andar, como decia Joám Manuel Serrat, cantando ao poeta Machado.
Ahí queda a oportunidade de Ano Novo, Vida Nova para tod@s con agarimo, dillo en galego!
¡Hola Bea!!!
ResponderEliminarAsí e a vida querida Bea. ¡Só que a morte produce moita dor e amargura! ¡Non a vexo eu coma un nacemento! Cando chega una vida so ves amor, tenrura, ledicia, e encanto. ¡Sempre unha vida recen chegada e benvida!
¡Hoxe as túas letras marcan a melancolía e non e para menos! Pero tamén a fortaleza de camiñar adiante e si que me gusta: deixar atrás eses momentos difíciles como encara a morte e verlle a cara. Eu xa pasei por todo iso e sei o que se sente.
Bea, a soedá imposta non e boa para ninguén: e non me gusta para ti por que che quero ben. ¡Gústame iso de tomar as rendas e seguir camiñando! Estou segura que encontrarás un camiño por donde transiten persoas do teu agrado... E te acompañen en esa Soedade, e se cadra... hasta chegarás a buscar ti un momento para estar soa.
¡Ti por agora es unha rapaza! Non es unha persoa maior para vivir na Soedade.
Felicidades por ese libro de Andrew Weil, e estupendo tamén eu o lin.
Que razón ten en todo o que di. Ai quen poderá quitar anos de encima... Pois anque digas que tes menos: os anos -non saen de encima o mesmo, están ben postos e ninguén e os quita. Ocaso levalos con filosofía –con estilo e calidade de vida. Que así sexa. Si que ten moitas vantaxes o madurar dignamete.
Cambiando de tercio...
Tes toda a razón sobre o consumismo das festas do Nadal. Son que a min non me atanan en demasía, somos xente normal ou sexa boa xente, xa me entendes.
Sabes Bea, o de Londres faime moita gracia -fíxome rir, todos bicos eran o fin de ano, ou sexa que o outro día... xa non se coñecía a ninguén. ¡Estes ingleses... que friaxeeee!!!...
Si que aprendemos e facemos camiño a andar... Mira que eu xa son vella e aínda estou aprendendo.
Perdoa a miña demora Bea. Un abrazo e que os reis sexan bondadosos. Se moi feliz. Este ano e sempre.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarHOLA BEA,
ResponderEliminarCOMO SEMPRE A TUA ENTRADA E PRECIOSA E TEN ISE REGUSTIÑO (COMO TODAS A TUAS)QUE DEIXA A SABIDURÍA ALDEAN DA NOSA TERRA.
PERDOA POR NON DEIXARCHE ANTES UNHAS VERVAS SOBRE ISTE ESCRITO TEU, YA O VIN E O LIN (COMO DA NOSA COMUN AMIGA MARINA) AO SIGUENTE DÍA DE QUE O PUBLICARAS,, PERO INMERSO NAS FESTAS (DE CONSUMISMO) DO NADALE, E CA FAMILIA O ARREDEDOR IMOS DEIXANDO PRA MAÑA O QUE VEN PUDIAMOS FACER OXE..
PERDOA ISTE GALLEGO MEU DE ANDAR POLA CASA, PERO TAL COMO E, COIDO QUE ME ENTENDES,,E SI NON, OS AMIGOS ENTENDENSE TOTALMENTE CUNHA APEERTA E ESA MANDOCHA MOY,MOY FORTE...
BEA, FELIZ ANI NOVO...