www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 29 de xaneiro de 2012

HEALTHY AGING







Dende que recibín o libro de Healthy Aging, como autoregalo de Nadal, non houbo día que non lera algúnha páxina. Hoxe cheguéi ao final e sorprendeume a idea de facer un testamento que non trate de bens materiais, senón espirituais, para deixar aos descendentes como un legado de vida, como unha testimuña daquelo que mais apreciamos e practicamos, a modo de recomendacións a seguir. É curioso que ainda sen escribilo, os nosos pais, foron dándonos consellos ao longo da vida. Consellos cada vez mais acertados á medida que avanzaban en idade. Ese foi un testamento oral que quedou dalgunha meneira como código de conduta a seguir e que non é nada despreciable. É un tesouro que se empeza a valorar despois de pasado tempo e dende que a distancia da separación fai que nos aferremos con mais forza a aquelas ideas, pautas de comportamento, consellos.... que un día foron impresos no memoria.



Ese testamento pode irse modificando cando queiramos, no transcurso dos anos, xa que a aprendizaxe é constante e fluída, depurándose coa experencia do noso percorrido.
Un libro de autoaxuda, aos que nos teñen acostumados os americanos, pero que ten moitas cousas que nos poden ser de utilidade para un envellecemento saudable.

5 comentarios:

  1. Bos días preciosa, anque seguramente non veras o comentario ata noite.
    Un entrada preciosa e ademais educativa.
    Claro que si -tes razón, e o mellor testamento ou xerencia, deixar de valores espirituais que lles sirva para seren persoas de proveito na vida.
    A min serviume de moito -o que vin e -oín dos meus maiores, aprendín moito deles sempre me guiei por uns principios e foime sempre favorable no miña vida..
    Pero hoxe a xuventude... Polo -menos algúns/as... non podes dicirlles nada, de canto che din, que estas atrasada, que os tempos de agora non son os de antes.
    ¡Iso e verdade! ¡Seino ven! ¡Pero as boas formas xamais cambian!
    E eu quedo asustada cando oio na boca dunha rapaza, verdadeiras barbaridades.

    Tamén ai fillos, que lles chupan os bens os seus proxenitores e despois son abandonados na pura miseria.

    Vivimos nun mundo ruín donde se perderon moitos valores importantes e necesarios. Anque no ai que xeneralizar pois ai de todo gracias a Deus.

    Gracias Bea por compartir as túas letras. Déixoche a miña gratitude e admiración.
    Un abrazo e se moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea,chego ata aquí por unha seguidora túa que como xa vexo xa ten un comentario,e dicir... estou a falar de Marina,que tamén pasa polos meus pequeniños rinconciños.

    Falando do que deixas nesta entrada, ben é verdade que o que nos ensinan os nosos pais,queiramos ou non perduran no tempo,por iso é tan importante unha boa educación e inculcar uns valores que faga ter un sentido correcto as nosas vidas.

    Un saúdo dende O Canto da Lúa.

    ResponderEliminar
  3. Querida amiga

    Bom ler um livro,
    e encontrar nele
    novos sentidos
    para os nossos dias.


    Que cada dia de tua vida,
    seja um encontro ou reencontro
    com a alegria.

    ResponderEliminar
  4. De novo chego ata aquí para darche as grazas por pasar por os meus espazos.
    É todo un pracer que te fixases nos textos e nas fotos.
    Dicirche que si ,que case que todas as fotos son da ría de Vigo ou pretiño de alí.

    Un saúdo dende "O Canto da Lúa."

    ResponderEliminar
  5. Muy interesante e educativo,,
    e unha boa cousa lembrar de vez en cando os valores mas fundamentales. Lembralos e facer cos lembren..
    Un bico.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.