
Cansada e soa, empezo outro treito da miña vida. Aqueles que me trouxeron a ela, xa non están. O seu valdeiro déixame orfa ainda que eu fose a nai nos últimos tempos. Por fin descansan, un xunto ao outro, despois de unha longa existencia que me permitiu disfroitar da sua compaña tanto tempo e de facer que agora, a sua ausencia, deixe un valdeiro tan grande, un silencio absoluto e un desasosego que ainda non me permite o descanso nin a liberdade coa que tantas veces soñei cando nona tiña. As miñas ás están ainda pegadas ao meu corpo, incapaces de levantar voo. Foron moitos anos de sacrificio e obrigas, de ir perdendo de facer tantas cousas, de renunciar a aquelo que conformaba a miña existencia, a miña rutina... que xa non sei se cando intente subirme a bicicleta serei capaz de manter o equilibrio, se é que o intento siquera, por poñer un exemplo. Pero no fondo de todo, hai algo que me libera dun terrible peso, e é a sensación de ter cumprida unha misión, que por nacer, todos levamos potencialmente encomendada. Lei de vida é ser coidados para logo pasar a ser coidadores.
Por esta razón, pasei algún tempo afastada do meu blog e só hoxe aínda atopei forzas para abrilo e ver os comentarios que a xente de ben, foi deixando nél mentras eu estaba ausente. Agradezo esas palabras de alento que me animan a seguir facendo cousas e que sei que serán moitas e variopintas. Cómo, senón, se poden encher estas longas noites que se aveciñan, nun lugar perdido no medio da montaña luguesa, se non se escribe, se lee, se cociña....
Grazas por estar ahí.