www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 9 de maio de 2010

O EMPALME - SANTIAGO (7ª etapa) Camiño de chuvia





Derradeira etapa, de 21 quilómetros pasados por auga e fortes ventos. Parecía que os ponchos de cores chamativas ían sair voando como paxaros exóticos para pousarse nos campanarios da Catedral.
Ao principio, a ruta ofrecíase recollida, entre fragas de encanto que cubrían o camiño en forma de arco. A chuvia miúda, facía que nos recolleramos en nós mesmos, sentindo a súa humidade fina envolvéndonos con dozura para facernos un pouco mais merecedores da meta final.
A subida ao Monte do Gozo foi a vista da Terra Prometida. Realmente a xente notábase contenta de estar alí, a punto de chegar a aquelo tan esperado pero sen acadalo aínda: a Meca do cristiano!
Seguiron outros longos cinco quilómetros de baixada a Santiago. Qué diferente chegar a pé! Eu ata me sentía un pouco desorientada e con medo a non atinar da Catedral!
De todos modos, pouco servíu chegar ata ela e non poder entrar por mor de tanta xente, de non poder entrar coa mochila, de non ter tempo..... Pero notei que me fallaba o mais importante! Era como chegar co agasallo e non poder entregarllo ao destinatario. Espero que os santiños me souberan escoitar igualmente cando lles falei dende a rúa e lles prometín voltar noutra ocasión para facerlles o meu ofrecemento espiritual.
Despois todo foi Praza do Obradoiro, atoparse co grupo, facer a foto oficial e sair para os autobuses, parando só para degustar anaquiños de tartas de amendoas que nos ofrecían na rúa, (esta vez sen pedir a vontade).
Leváronnos a comer á outra punta de Santiago, camiño de Rianxo.
Unha vieira ao forno de entrante causounos boa impresión pero o que seguíu non mereceu a pena a viaxe a non ser o flan caseiro e o espumoso catalán co que brindamos indefinidamente polo logro acadado!
De volta a Lugo, sentín que a misión estaba concluída!

4 comentarios:

  1. Ola Bea: Ai filliña! Que entrada bonita- co fin do traxecto. Encántame as fotos, e todo o que escribes e describes... ¿entón non entrastes a dentro da Catedral para ganar o xubileo? Porque so con andar o- camiño non e bastante, ou iso me parece. Anque e interesante... por coñecer outros pobos e outras xentes. Felicidades por conseguir esa aventura de facer o camiño en medio de tempestades de choivas e ventos- e camiños angostos. Ben- pois... como ves xa estou de volta da miña viaxe, na cal pasei un tempo fora da rutina diaria, descansando e pasando moi ben. Estiven en Alacante, Venidor, e Valencia. En esta ultima, visitei a Cidade das Artes e das Ciencias, Tamén o Océano Gráfico e Ártico, unha verdadeira ledicia. Tamén vin unha exhibición de Golfiños impresionante. Noutra excursión, visitamos- Gandía, Collera- e Albufeira, unha extensión de 14 mil ectarias de campos de Arrozais. Tamén con un paseo en barco pola Albufeira. Ó- xantar foi na barraca donde se rodou a película Cañas e Barros, Unha paella en toda regra. Ben- isto, entre outras cousas máis. Que fermoso e viaxar, Oxalá poidas ti- facer- algunha viaxe. !Quizais o fagas, é o mellor eu non o sei! Xa mo contarás. Un abrazo moi grande.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina, e benvida! Xa me tardaba por saber de tí. Alegrome de que disfroitases tanto desa viaxe mediterránea, con tanta luz, non sí? Virás inspirada de verdade! Eu coñezo esa zona dunha viaxe que fixera hai moitos anos, e tamén me lembro da paella na Albufera....
    Algún día virán máis viaxes, de vagariño, como a min me gustan.
    Pois o do xubileo...traime sen coidado. Non agardo indulxencias para a outra vida, pero sí que me houbera gustado entrar na catedral, atopala con pouca xente, sentarme nun banco e deixarme envolver por esa paz que emana dos lugares sagrados. Dar as grazas por todo o que a vida me leva dado e ofrecerlle ao apóstolo os meus andares.
    Pero eso, Marina, pódese facer noutro momento.
    Que che dure esa luz que vertes a raudales nos teus poemas e en todo canto dis.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Eu sei que você esperava pelo texto
    que eu disse que ia postar, mas mudei
    de ideia. Ele está pronto, mas só na
    próxima segunda-feira será postado a
    não ser que você o queira ler antes.
    Um beijo

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.