www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 25 de abril de 2010

BOENTE - O EMPALME (6ª etapa) CAMIÑO EN FLOR




Camiño en flor! En quince días, cómo avanzou a primavera! Hoxe, o camiño, presentábase xeneroso, sen demasiadas costas que subir e cunha temperatura agradable e perfumes varios, a eucalipto, flores de aroma doce como as uces, os chuchameles, a flor do nabo e tamén outros arrecendos de abonos naturais agardando a terra preparada para o comezo da actividade productiva.
Vintedous quilómetros, oitocentos metros que se fixeron un pouco pesados por esa calor encuberta de bochorno primaveral, nas horas de mediodía.
O verdor que nos rodeaba era relaxante para a ollada, prados e árbores porfíaban por ofrecernos o verde mais refrescante.
Como de costume, os típicos bares ao longo do camiño, convidaban a facer un alto no camiño, coas súas terrazas soleadas nas que tomarse un bó descanso e deixar que o camiño nos levase de vagar, sen presas por chegar.
Tamén, como sempre, os camiñantes de longo percorrido, algúns en solitario, suscitaban a nosa curiosidade por saber deles. Temor por molestar o seu silencio, por irrumpir no descoñecido... pero tal vez non sexa de todo xusto pasar ao seu carón iñorándoos, así que falamos un pouco cunha moza finesa, de Tempere, que facía sola o Camiño Francés. Despois dun pequeno intercambio de impresións, deixámola seguir ao seu aire e puxemos a proba o noso inglés.
O xantar en Arzúa. Eran mais das tres da tarde. Comemos empanada, e peixe con ensalada de leituga. O viño sabía ben. De postre un flan industrial. Non estuvo mal!
O grupo vaise configurando e agradécense os bos detalles da xente.
Grazas, Concha polas plantas de fresa que me trouxeches dende as terras altas de Lugo. Grazas Manuel por esa camelia de exquisita forma coa que me recibiches despois dun treito sen vernos. Grazas, descoñecido/a por deixarme no parabrisas do coche unha bonita servilleta de papel con flores estampadas, negras sobre fondo branco. Qué intriga! Quén serás?. Grazas, nai, por non ter que irnos a pasar a noite ao hospital. Despois de todo, non foi mais que un susto atoparte así.
Remata o día con ese doce relax de ter andado, vivido, compartido....disfroitado e esquecido das tarefas cotiáns.
Xa vai quedando menos!

2 comentarios:

  1. Esta penúltima etapa, tamén foi preciosa. Que gusto da camiñar co- bo tempo... e que bonitos pobos se ven, esa orta de verduras e unha Camelia... o sendeiro chegando a ese pobo cos campos verdes... unha ledicia de envexa. Biquiños Bea. Se feliz.

    ResponderEliminar
  2. Alégrame moitísimo ver que vas facendo o camiño comigo. Terte por compañeira, ainda que sexa de forma virtual, é un gran pracer, Marina.
    Moitos biquiños e a ver se un día o facemos xuntas ainda que sexa dende o Monte do Gozo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.