www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 14 de marzo de 2010

SARRIA - PORTOMARÍN (Camiño da auga)




Terceira etapa do camiño baixo un día soleado, ainda que frío. Vinteún quilómetros ben levados. A auga acompañóunos todo o tempo. Ela facía o seu camiño. O camiño era río e corría a auga unhas veces no sentido que nós levabamos e outras en sentido contrario. Lembrábame da miña nenez, moi vencellada a auga e aos camiños de auga que había na miña aldea aos que ía con miña nai a lavar a roupa. Mentras ela facía ese traballo, eu correteaba polas pedras, saltando de pedra en pedra e mollándome, (moi a pesar de miña nai) e chamábame a atención ver o camiño, por onde transitaban os carros, convertido en río. A xente pasaba co carro de vacas por aquel torrente como se fose a cousa mais normal do mundo, ainda que nono era.
Sinto que a cámara me deixase plantada e non puidese gardar todas as fotos que fixen. Tamén desta vez nos atopamos con vacas mesturadas con ovellas e con años, guiados polo can que cruzaban o camiño ao noso paso.
Había moita xente no camiño. Os de longo percorrido, cargados con mochilas e sacos de durmir, eran de Badajoz. Xente moi nova, estudantes. Foi curioso indagar que para eles o bó tempo era cando chovía. Xa se sabe, non chove a gusto de todos! Chegamos a Portomarín case á par. A panorámica que ofrecía o Miño ao seu paso por alí era espectacular. Parecía un mar. A auga, non sei por qué, pero parece que abre a paisaxe na que perder a ollada. Para min siñifica a meta, a liberación.
Toda a viaxe levabamos de fondo as montañas, moi ao lonxe, ofrecendo unha panorámica aberta e ampla de miras. Pero, é ese súpeto descubremento da masa de auga, a que me fai sentir libre e colmada co mellor agasallo.
O restaurante como selo a unha longa camiñada, ofreceunos un saboroso menú: riquísimo caldo de repolo e carne con patacas asadas. O viño, da zona, non era todo o que se desexara pero para eso está a gaseosa, non? Nestes casos...funciona.
Rematamos con tarta de Santiago, xa que é sitio dela, café e un licor de figo, caseiro, que alguén nos pasóu.
As "mimosas" deixáronse admirar en Portomarín. Estaban en pleno esplendor de floración. E o meu desexo cumplido de levar dúas con raíz para plantar.
Como todo bó día, non pode acabar sen algo que o destrague: outra vez deume por facer un adiantamento indebido coa policía detrás. Pero nono poido evitar. Recoñezo que me poño nervosa. Ia facendo todo o posible por non cometer erros.... Sabían que irían a por min!
Malia a eso, non quero que este día acabe con ese mal sabor dunha multa.

2 comentarios:

  1. Ola Bea: Ai filliña que entrada máis fermosa, describes o andado con palabras fermosísimas que da moito pracer léelas. e unha ledicia ver esas fotos con eses campos empinados, o c amiño entre carballeiras coa maioría das árbores espidos pola inverneira, moi pronto estará todo verde- agora coa primavera... Encántame o recordo da túa infancia... coincide algo coa miña, anque a idade non coincida. E que dicirche do menú... debe ser riquísimo, e no medio dunha agradable compañía, mellor aínda. Perdoa que non entrara antes, estiven e aínda estou puchiña e non podía estar sentada para escribir, agora vou estando mellor. Foi motivo de unha caída... esvarei no prato da ducha- da piscina. Un abrazo grande. Se feliz.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina,
    Qué ledicia verte por aquí de novo. Xa eu pensei que algo debía de terche acontecido para estar tan caladiña tanto no teu blog como no meu. Pois ben que sinto que che ocurrira eso. Supoño que te darías un bó golpe e tiveches que estar quietiña para ir saíndo a flote. Espero que xa te sintas moito mellor e a ver se mercamos unhos calcetíns deses de piscina que son antideslizantes, vale?
    Pois este domingo que ven xa, irei a percorrer outra etapa do Camiño. Por aquí nevou onte como no inverno. O Cebreiro viña hoxe na prensa, cuberto de neve. Vai moito frío e parece que a primavera, a pesar das mimosas, non da chegado ata aquí.
    Agradezo ben a túa visita. Sempre me animas!
    Unha apertiña e recupérate.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.