www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 28 de marzo de 2010

PORTOMARÍN - PALAS DE REI (Cuarta etapa)





Eu chamaríalle, "Ruta dos Albergues", pois ao longo do Camiño atopamos unhos cantos.
Etapa de longo percorrido, se pode chamárselle así, a 24 quilómetros. Se o miramos dende o punto de vista dos que veñen de Roncesvalles..... Pero, mírese como se mire, era unha etapa cansada.
O Camiño estaba moi concurrido, será polo de Semana Santa. Os idiomas que se escoitaban eran o castelán, o galego e o inglés. Esto facía que resultase mais internacional que en etapas anteriores e mais variopinto e animado. Pareciamos unha gran familia desplazándonos.... como un éxodo voluntario e desexado.
O día, case primaveral, cos primeiros despuntares desta época do ano, ofrecía un bonito panorama de árbores en flor que alegraban o paso.
Lémbrome da frase aquela de Manuel María: "Camiño a pé e por eso e polo qué vexo o mundo tal cal é". Pois sí, no Camiño hai unha boa dose de aprendizaxe para calqueira que lle guste observar. A min chámanme a atención os detalles arquitectónicos que vou descubrindo en cada casa. Tamén me fixo nas hortas, na maneira tan diferente de coidalas. Por exemplo, vin cómo lle tiñan unha especie de invernadoiro a un limoeiro para preservalo do frio do inverno.
Ao longo do Camiño atopábanse bares, especie de ranchos americanos, postos alí esprofeso para este tipo de turismo, pero polos nomes que teñen e pola súa construcción, non van coa paisaxe galega. Eu visitei ún, O Castro, no que fixen a foto da cheminea, que me chamóu a atención pola súa decoración.
Cando chegamos a Palas de Rei, iamos tan cansos que nos deixabamos caer en calquer lugar. Eu, afotunadamente, atopei un sofá libre e alí me quedei ata que entramos no comedor. Era unha especie de bungalow, todo de madeira, moi acolledor.
Un primeiro prato con moito arroz e pouco do resto, foi ben recibido, despois de tanto quilometraxe. Despois unha carne con patacas e verduriñas acobou por saciar o noso apetito. Rematou a festa cun postre de cores e sabores que amoso na foto. O viño era bebible, e proba demos deso...! O café, caseiro, para compensarnos dos que tomamos polo camiño e cantares varios para despedir o día e voltar a Lugo cansados pero satisfeitos.
Agora xa vai quedando menos!

2 comentarios:

  1. Ai filliña que envexa... ler todo o vas contando e atopando o longo de ese traxecto. No relato describes todo con moita nitidez, da gusto ler. E moi fermosa a foto da cheminea, ¿es ti- a da foto? Éo pastel da gana de ir meterlle o dente. Debe sentar moi ben ese repouso, despois de andar tantos kilometros. ben que o pasedes sen novidade. Hasta loguiño. Biquiños mitos. Se feliz.

    ResponderEliminar
  2. Grazas de novo, Marina, fiel amiga!
    Pois sí que da gusto repousar despois de cada camiñada! E moito máis, saborear os menús que nos teñen preparados e que son unha sorpresa.
    Eu son a que pousa xunto a cheminea esa que me gustóu para a miña casa.
    Que disfroites estes días de Semana Santa e que te recuperes da caída e poidas achegarte a esas praias que tanto che gustan.
    Un biquiño

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.