www.leriasdebea.blogspot.com
Translate
domingo, 28 de febreiro de 2010
TRIACASTELA-SARRIA
Despois do forte temporal do sábado, voltou a calma. Así puidemos facer a segunda etapa do Camiño cun tempo apacible, soleado e dezaoito quilómetros ben levados. Unha subidiña dende Triacastela a San XII,(curioso nome), e logo todo baixar ata Sarria onde comemos. O camiño, con moita auga, discurría entre pradeiras e aldeas con granxas. Mesmo tivemos que compartir camiño cun fato de vacas, gobernadas por un can moi implicado na tarea de conducilas con toda responsabilidade sen deixar ningunha atrás. Así que andaba atarefado a todo correr dende a primeira á última vaca, nun ir e vir incansable seguindo órdes do amo. Foi moi curioso porque tivemos que esquecer o noso ritmo apurado e ir de vagar ao paso lento destas rumiadoras que non tiñan nir cornos aos que temerlles. As ditosas vacas ían listas para a ducha, enlamadas ata o cumio do sacro, non daban idea do precioso líquido branco que albergaban nas súas ubres emporcadas.
Tamén vimos outro tipo de vacas, peliroxas elas, que decían os entendidos que eran vacas ourensáns. Esas estaban moito mais limpas, por non sair do prado nin de día nin de noite. Mais finas!
A paisaxe era aberta e víanse ao lonxe os restos de neve demorada nos cumios.
De vez en cando asfalto, pero non faltaban as corredoiras polas que corría auga en abundancia e desfilabamos en fila india sorteando a lama e as pozas.
Chegamos a Sarria e visitamos a parte antiga, (que eu nin sabia que existía). Aquela Sarria orixinal, con igrexa, e castelo, rúas estreitas e empinadas que nos levaron ao mirador dende onde se contemplaba toda a Sarria moderna, valeu a pena percorrela para entender a vila.
A fame levounos de volta rúa abaixo, percurando o restaurante Litma onde nos serviron mais garbanzos, (debeuse correr pola zóa que nos gustaban)e un peixe do que non acertamos o nome. Todo estaba a pedir de boca, como sempre.
Rematamos cunhas cantigas galegas e así, de volta a Lugo, cansados pero satisfeitos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ai Bea: !Vaia que ben o pasades! Anque o camiño sexa algo árido, so por as garuladas da xente, ea ansia de coñecer outros recunchos da nosa terra, e outros detalles que ocorren o largo do traxecto. Coma o can ten conta das vacas... Alimentar a vista- con esas praderías e campos, vamos... que e unha envexa total. Biquiños moitos. Pasalo moi ben.
ResponderEliminarOla amiga,
ResponderEliminarGrazas polos teus comentarios, sempre tan xenerosos. A verdade é que o camiño tira de nós e agasállanos con todo tipo de sorpresas. Mágoa que non poidamos facelo todo seguido para non distraernos da meta e adicarnos a facelo como algo que nos ocupa por un tempo, sen ter que retornar á rutina diaria. Facer o Camiño, para min sería pasar adicada a él dende que se comeza ata que se chega... pero aínda non pode ser. Tal vez sexa algún día no futuro.
A ver se te animas e coincidimos.
Un biquiño
Bea, ¿creo que conduces? Pois non será imposíbel que poidas achegarte un día a Pontevedra... e pasarmos un domingo xuntas Será fantástico! sempre que poidas claro.Un abrazo e pásao ben. Marina.
ResponderEliminarGustaríame moito pero a ver cando atopo ese día. Tal vez polas Letras Galegas????
ResponderEliminarQué tal tí da viaxe que acabas de facer?
Xa vin o teu último post e encantoume o poema e todo o que describes, como sempre, tan bonito e real.
Apertiñas