www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 15 de febreiro de 2010

O CAMIÑO 2010



PRIMEIRA ETAPA: O Cebreiro-Triacastela
Xélida mañá de febreiro no Cebreiro. Comezar O Camiño é como comezar algo novo ainda que o camiño sempre está ahí... faise camiño ao andar (como dicía o poeta) e así sempre resulta novo. O día, as condicións do tempo, a xente que atopas, o que vai acontecendo mentras camiñas... todo eso fai que sexa diferente. Sobre todo, o que observas: as casas, os cans, a xente das aldeas, un tanto insensibeis xa a tanto peligrinaxe. Molestos, quizá, por non ter a intimidade da vida cotidiana, por tanto trafego de xentes descoñecidas...
Curioso o feito de atopar novas iniciativas de lucrarse deste turismo. Non falta a señora co prato de filloas, a veira do camiño. Eu pensei que era un acto de xenerosidade co próximo pero non, a señora pedía a vontade a cambio dunha filloíña, ben feita, eso sí, mais ben gordecha. Se non reparara que outros lle daban cartos, eu collería a filloa e marcharía moi agradecida polo agasallo (non viña mal a eso de media mañá). De todos modos, aos poucos pasos, decidín compartila co can pois non sei que "peros" lle encontrei.
Pódese dicir que o Camiño Real está ben concurrido. Tamén hai unha boa variedade de negocios destinados ao "alto no camiño" que veñen a ser o Torremolinos, versión xacobeo. Non parei de facerlles fotos ás portas e ventanas de algunhas casas restauradas. Chamoume especial atención un bar chamado algo así como"Mesón Mouro". Mesmo empurrei a porta para ver o mouro que era pero atopeino dunha cor bastante crara. Na entrada había un rótulo coa silueta de tres negr@s bailando. Sería logo por eso...
Despois de 21 quilómetros, chegamos a Triacastela. Eramos mais de duascentas persoas para xantar naquel comedor de Samos con vistas ao río e a unha fraga que facía de cortina. Todo decorado en madeira, recollía o noso burrumbio e transformábao nunha especie de susurro. O xantar estaba quentiño. Tratábase de un potaxe de garbanzos con gambas e ameixas. Logo carne con guarnición de verduras e por último un flan branco feito con queixos, nata...e unhos licores caseiros que quentaban os ánimos xa de por sí un tanto valentinianos do catorce de febreiro! Toda unha celebración!

2 comentarios:

  1. Ai Bea amiguiña: que ben plasmas todo camiñar por recunchos de aldeas, e carreiros- empedrados. ¿Así que estás facendo o camiño de Santiago? Pois iso si que e moi bonito e importante, onde se coñece outras xentes e se comparten experiencias e outras moitas cousas. A min quédame a pena de non haber feito ese proxecto nunca: agora xa e tarde, non dou camiñado máis cinco légoas; e dáme algo de envexa cando vexo pasar os peregrinos, anque esta, e san. Mais adiante contarasnos anécdotas sobro ese peregrinar. Que o pases con moita ledicia. Un abrazo grande.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina,
    Pois sí que me gustaría compartir o camiño contigo. Seguro que non podes? Vai xente de tódalas edades e o que se cansa....(ten o seu remedio: subir ao bus)
    Bueno... xa che irei contando.
    Grazas por entrar de novo por aquí.
    Unha aperta Marina.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.