www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 16 de febreiro de 2026

AO MAL TEMPO...

 ...BOA CARA.

Deixar de lado o blog é como esquecer de alimentarse. E para eso nada mellor que poñerse a facer algo que nos distraiga destes días de chuvia que non cesa e que nos ten na casa engaiolados, nunca mellor dito, pois engaiolarse tamén siñifica distraerse con algo e, no meu caso, non é difícil atopar alternativas aos paseos que daría se non chovese. Sempre está a música, o baile, cociñar, tocar o acordeón, estudar xaponés, ler, o ioga... entre outras.

Pois onte era o día ideal para facer fillóas, xa que estamos en tempo de entroido e son algo que non pode faltar entre tanto cocido, orellas e demáis.

Así que mans ás tixolas e con música para bailar entre medias, en tanto que se van dourando, co ollo enriba, por suposto, que non se pasen, e sen pausa, en menos dunha hora hai un bo platado delas enriba da mesa.

Empezaremos polos preparativos:



Duas tixolas crepeiras, ovos (no meu caso só ún ou dous, porque van ser poucas), as fariñas, ( de forza da panadería, de trigo sarraceno, de espelta...), auga, sal ao gosto e, esta vez, púxenlle raladura de laranxa ecolóxica, o aceite xa fritido nunha das tixolas e un pincel.

Nun bol mesturo cunha pouca de auga as fariñas e bato con culler de pau que leva un burato no medio, (agasallo dunhas amigas checas) cando a auga coa fariña están moi espesas para que non se formen grumos despois. Logo vou engadindo auga e tamén incorporo o ovo batido aparte, o sal e a raladura de laranxa, neste caso, ata obter un amoado nen moi lixeiro nen moi espeso, no seu punto.

Xa coas tixolas quentes, untadas lixeiramente de aceite fritido, antes usábase un torrezmo de touciño, vaise estendendo o amoado cun cazo e repartíndoo pola tixola cubrindoa toda que non queden buratiños e se quedan pódese ir parchando.



Eu uso lubas brancas de algodón para non queimar os dedos ao darlles a volta na tixola para que se fagan polos dous lados. Cando empezan a levantar a orella xa se lles pode virar porque así non rachan e vanse colocando nun prato dado a volta ata que xa teñas o montón que querías facer.

Unha vez frías pódense conxelar. Eo collo seis ou sete e enróloas en film para gardar no conxelador e comer noutra ocasión. Sempre se deben desconxelar na neveira.

Comelas, cada quen cómeas como máis lle gusten pero eu teño a miña propia maneira de comelas.

Quento de unha en unha na tixola, primeiro por un lado, logo doulle a volta e poño enriba, queixo relado, pavo...(mesmo salmón, ás veces) e cando se funda e vexa que están tesas, é cando as poño no prato espolvoreadas de canela, mel de caña, ou mel de abella...como se apreza nesta foto. 

Pódese rechear con nata montada, con marmelada, simplemente con azucre...ao gusto de cada quen.


E así se pasa unha tarde entre música, baile e aroma das fillóas, que eu tamén lles chamo creps porque compartín piso cunha bretona en Londres a finais dos setenta e cando viña de vacacións da súa Bretaña sempre traía creps que logo recheaba con salchichas, bacon, ovos... pero o que eu non sabía daquela e souben andado o tempo é que se facían con trigo sarraceno e chámanlle "galettes.

Aquí deixo un video de como facer as galettes bretones.









19 comentarios:

  1. Meraviglioso!! Tanto as filloas coma a crepe de trigo sarraceno. Todo moi ben explicado!! Moitas grazas. Aperta, Bea!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas! Cando deixes un comentario non esquezas darme unha pista. Non sempre teño dotes de adiviña, :-))

      Eliminar
  2. Hola Bea.
    Buenas noches.
    A mí en especial me gustan mucho las típicas filloas que nuestros mayores hacían en casa. La filloa de toda la vida.
    Solas me gustan mucho.
    Hay gente que las confunden con los Creps y no tiene nada que ver. La auténtica filloa gallega es história. El Crep es un producto moderno de las generaciones modernistas de hoy día y muchas cosas de ahora son los creadores de la obesidad. Para aquellos que no saben comer con moderación, sino peor que los buitres.
    El video también me ha gustado, pero yo lo hubiera rellenado de hortalizas salteadas. También de piña en almibar, pavo cocido, lechuga, aguacate y comate.
    Disculpa que cuando me dejó llevar por la imaginación... yo también hago cada manjar... que dura muy poco.
    Buena semana.
    Un abrazo enorme.
    Mónica.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mónica, gracias por leerme y dejar este comentario que aporta al tema ideas nuevas. Los creps vienen siendo nuestras filloas y son tan tradicionales como ellas.
      Rellenarlos con productos saludables o comerlos tal cual es una buena idea.
      Gracias por dar ideas. Tu eres una buena amante de la comida saludable. Besos

      Eliminar
    2. Oi Mônica, vê se aparece lá, viu!!!

      Eliminar
  3. Mi amiga Beatriz,
    Eres una persona increíblemente activa y siempre encuentras la manera de aprovechar al máximo tu tiempo, convirtiendo todo en diversión y haciendo amigos fieles.
    Abrazos.

    ResponderEliminar
  4. Meu fiel amigo do blog, grazas por estar sempre ahí ainda que eu me retrase. Também me considero unha amiga fiel pero non tudo o constante que quixera. Non podo abarcar mais!
    Se estiveses preto convidar8ate aos meus creps ou filhoas.
    Bo Entroido ou Carnaval.
    O meu abraço.

    ResponderEliminar
  5. Hola Beatriz. Muy linda manera la de aprovechar este encierro fortuito por la lluvia...para hacer algo gratificante además de leer, cantar, tocar o ese disfrute de la cocina para obtener ese sabrosa delicia de la filloas...que rico, rico ese disfrute con la mejor compañía. Feliz entroido o carnavales.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Dionisio, así es, como no podemos hacer nada por cambiar el tiempo, nos dedicamos a pasar el tiempo como mejor sabemos y podemos.
      Aunque las filloas son típicas en los carnavales gallegos, yo las hago en cualquier época pero no en verano.
      Te haré una visita en tu blog en otro momento.
      Gracias por venir a leerme.
      Un abrazo

      Eliminar
  6. Sonia Melón Parente17 de febreiro de 2026, 18:01

    Boa tarde, Bea! Xenial sempre o que compartes. Biquiños e bo proveito!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrame que me visitaras aquí, Sonia. As sorpresas boas sempre benvidas.
      Aperta

      Eliminar
  7. Hola, Beatriz. Por aquí también llevamos dos meses que parece que estamos en Lugo, por lo que no hay más remedios que hacer o inventarse algo que nos distraiga en estos días triste y grises de encierros.
    A veces tiramos como tu, de viejas tradiciones culinarias, y es por lo que he tomado nota de tu receta, para hacerlas y probarlas, aunque creo que voy a tener problemas para encontrar ese tipo de harina; lo vamos a intentar.
    Y la gran noticia del día es, que tenemos un precioso día soleado... a ver cuanto dura.
    Un fuerte abrazo, amiga.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Manuel, ya sabemos como se las gastaron las borrascas por esas tierras. Aquí fue jauja!
      Pues la harina de trigo sarraceno suele encontrarse en supermercados como Carrefour , Eroski...
      Ya me dirás que tal la experiencia!
      Un abrazo

      Eliminar
  8. Holaa, Bea, que boa cociñeira es, e reposteira tamén, esas creps estan decindo cómeme, teño que decir que nunca as fixen, e agora menos, por min non facía nen de comer.
    E falando do tempo invernal que todos pasamos, gracias a vida que xa repiramos, levamos dous días de soliño, e un pracer tomalo, a min dame na porta en canto nace.

    Unha aperta grande chea de gratitude e admiración, por tudo o que regalas con as tuas belísimas letras e sabores de cociña.

    Se mui mui feliz.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, Marina, por vir visitarme e agasallarme coas túas palabras que sempre inspiran e animan.
      Aperta agarimosa.

      Eliminar
  9. Oi, tudo bem? Estava com saudade das suas palavras.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.