www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 3 de decembro de 2025

A POESÍA DA COCIÑA

 



A chegada do outono/inverno, con días chuviosos e fríos, recóllenos hacia dentro da casa. A cociña, na Galiza antiga era o corazón da casa, na que se facía a vida de mañá por noite. Nela se tomaba o primeiro café da mañá coa leite recién muxida, acendíase o lume na lareira que duraría todo o día. En algunhas casas, por falla de espazo, había outro lugar no que se cociñaba a comida dos animais, era o caldeiro. Algunhas casas tiñan o forno tamén na cociña onde se amasaba e cocían os pans que durarían unha quincena, facíanse empanadas e agardábase sentados no escano a que a fornada estivera para sacar do forno con aquelas pás rudimentárias pero moi útiles e duradeiras, e contábanse contos. Moitos veciños cocían xuntos nun forno dunha casa, compartían esa tarefa e servía para se relacionar uns cos outros. Cando alguén cocía, xa se sabía de que casa viña o cheiro a pan recén cocido. 

Agora temos que conformarnos coa modernidade adquirida e facer o pan nos fornos eléctricos ou de gas que cada quen temos nas nosas cociñas. 

Onte, cando entrei nun supermercado coa idea de mercar algo de peixe, xa que martes e venres temos o costume adquirido de mercalo neses días que era cando chegaba ás tendas, cousa que xa non é así, pois agora chega todos os días aínda que eo non o crea. Os ollos déronme nuna caixa valdeira que aínda  tiña o letreiro, "parrocha 6.90 euros". Preguntéi se quedaba algúnha, e, por certo, quedaran unhas poucas. Víanse moi frescas e decidín levalas todas. Non pensara que facer con tantas pero logo me veu á mente que había para unha empanada.


Deixéinas preparadas do día de antes e tamén fritín a cebola con pementos colorados e algo de azafrán, máis un chorriño de viño de cociñar.

Levanteime un pouco máis tarde do habitual porque, hoxe, non tiña saída e púxenme cos ingredintes da empanada: fariñas de millo e trigo, aceite de oliva e xirasol, cervexa, sal e a amasar pouco tempo porque non precisa levedar. A cervexa sirve xa de levadura.

Facer empanadas podo dicir que é a miña especialidade, entre moitas outras, xa ora. Nunca teño medo de que saian mal. Coñezo ben o meu forno que, coa idade, vai collendo manías raras que so eu lle entendo. A calquera outra persoa que usara, sairíalle queimado!

Pouco tempo me leva facer unha deliciosa empanada que logo conxelo en cachos e vou comendo ao longo dos días nos que non estou na casa para cociñar.

O recendo é suaviño, a peixe de mar, millo e trigo... O bó é que aínda me sobraron parrochas ou xoubiñas, como queiramos chamarlles. Eu cómoas coa espiña e todo, teñen moito calcio e serán o meu xantar de hoxe xunto cunha patacas pequenas cocidas ao vapor.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.