www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 17 de agosto de 2025

FEIRA DE ARTESANÍA


 



 A Feira de Artesanía de Castroverde vai polo seu XVIII aniversario e cada ano hai algo novo que admirar.

Esta vez, a asociación cultural e musical Zucurrundullo tiñan preparada unha recreación musical teatral do que foran as feiras  antigas cando os cegos tocaban o violín e o criado do cego levaba as coplas que cantaban acompañándose da música e que vendían aos feirantes. Nelas narrábanse historias do lugar, historias boas e malas que perduraron no tempo grazas ao traballo de recompilación que fixeron algúns músicos e historiadores.  Eran, normalmente, as mulleres as que levaban os productos da horta e dos animais domésticos e os homes máis ben se encargaban de vender gando maior, como os xatos os cochos e as mulleres, as galiñas, coellos... 


Nestas feiras alén da compra- venta tamén se ía a socializar, a buscar mozo ou moza, a criticar uns aos outros, e pasábano ben. Logo sempre se lle daba alegría ao corpo comendo e bebendo o que por alí se encontraba como polbo, roscas, pan de trigo, que daquela era moi aprezado.

Se tivera que destacar algo desta feira, sería o pregón que deu unha muller, Pilar Alicia Carballedo Portela, nada en CastroVerde e filla dunha veciña miña que se foi antes de tempo e a que ela adicóu o seu pregón, que fixo fincapé no esforzo que as mulleres das xeracións anteriores fixeron para que as súas fillas e fillos cumprisen os seus soños e fosen o que querían ser. No seu caso, ela sempre quixo ser xornalista e cumpríu ese soño.


Nestas feiras pódense ver os distintos oficios que había en tempos pasados e que aínda seguen vixentes grazas a que algúns artesáns os seguen practicando e os poñen en valor, como son os zoqueiros, ferreiros, albardeiros, costureiras, ceramistas, panadeiros...

Unha característica desta feira de Castro Verde que non teñen outras son as chamadas "pendellas", que son construccións feitas para vender. Están construídas de pedra e lousadas. Teñen unha especie de mostrador tamén de pedra no que se amosan os produtos  (vendedor do lado de dentro e compradores do lado de fóra).




O que máis abonda hoxe en día son artesanías

populares como o traballo do liño, lá...obxectos elaborados en madeira, metal, textil...

E non só se limita a obxectos útiles ou decorativos senón que a gastronomía está por todos os lados. A máis salientable é o polbo á feira, o churrasco, os queixos, os embutidos, o pan, os doces, as bebidas, o mel...

Pero tamén hai libros. Libros de Vello, e libros de autores e autoras dos nosos tempos. Concretamente hai un stand adicado aos libros recén saídos do forno que me deu aconchego, e xunto con outros compañeiros e compañeiras ofrecemos tamén outro aspecto da nosa cultura. Tamén se venderon xunto cos libros, marcapáxinas con múltiples deseños que tiveron moi boa acollida.




15 comentarios:

  1. Querida Beatriz,
    Estos eventos siempre son geniales para compartir cultura, socializar, comprar y vender productos, y hacer amigos.
    Besos y que tengas una excelente semana.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà Doug, sempre tão atento com as minhas esporádicas publicasões. Não sei se no Brasil tenhen feiras asim.
      Um abraço.
      Visitarei.

      Eliminar
  2. Adoro feiras de artesanato.
    Boa semana

    ResponderEliminar
  3. Estimada Beatriz, es todo un lujo el poder compartir y conocer de primera mano esos hábiles artesanos o creadores, que hacen de su tiempo y dedicación auténticas obras de arte...
    Y cuanto bien el poder compartirlas, venderlas, darles otras vidas y sentirse valorados en todas sus capacidades y don para mostrarlas. Gracias por todo ello. Buena semana
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siempre es bueno refrescar la memoria y compartir con otras personas estas esxperiencias!

      Eliminar
  4. Quando a gente faz uma postagem com o coração
    não tem como não ficar bela!
    Meus aplausos, querida amiga!
    Um ótimo fim de semana!
    Beijos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà amuga Tais. Ja eu pensava pasar pelas cronicas também. Farei iso não tardando. Bom finde. Eu estarei ocupada más a segunda feira eu vou pasar.
      Beihinho

      Eliminar
  5. SIgues te felicito Y lo he dejado todo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mucha. Me alegra tu visita porque a quien no le gusta que lo recuerden o echen en falta?
      Yo tambien te recuerdo. Intento entrar en tu blog. Dices que ya no lo tienes.
      Pues te mando un abrazo y te doy las gracias por venir.
      Besos

      Eliminar
  6. Hola Bea.
    Que día más bonito. Me encantó estar presente en la Feria de Artesanía de Castroverde. Te aseguro que disfruté mucho en vuestra parada de libros. Y yo con mis puntos de libros me quedé con la boca abierta. Para mí ha sido una maravillosa experiencia. Nunca había estado así. La ocasión fue perfecta, de verdad de la buena.
    Nos vemos mañana de nuevo de modo literario.
    Te felicito por esta entrada.
    Un abrazo enorme
    Mónica

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a vosotr@s por vuestra compañía y por hacer equipo. La familia y amistades estamos para eso, para compartir buenos y malos momentos.
      Abrazo enorme!

      Eliminar
  7. Amiga Beatriz,
    Te invito a leer una nueva entrada en el ®DOUG BLOG.
    Besos.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.