www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 8 de xuño de 2025

VÍA VERDE DO SALNÉS




Hoxe, domingo, 8 de xuño, Galicia Infinita, (empresa turística), organizóu unha viaxe dende Sarria, pasando por Lugo, ata Vilagarcía, en autobús. Dende alí partimos a pé para atoparnos un pouco máis adiante coa Vía verde do Salnés, seguindo a antiga vía do tren de Vilagarcía a Pontevedra, unha prolongación do que foi o primeiro ferrocarril galego, inagurada en 1873 e que unía Santiago de Compostela e Carril, (o seu porto natural) dende a época medieval, hoxe reconvertida en sendeiro para camiñantes e ciclistas. Está sen terminar, xa que se pretende prolongala ata Santiago de Compostela. 

 



Nela fomos atopando restos do que foi un camiño de ferro: sinais que indican cruces perigosos, estanción de tren, pontes... e sobre todo, moita natureza, árbores, plantas, rechouchío de paxaros, silenzo...




Antes de chegar a un lugar chamado Portas, ao que se dirixiron as personas que preferiron continuar en autobús, hai unha desviación que nos leva a carón do río Umia ata o centro de Caldas de Reis por onde pasa este río que tantas veces ten asolagado a vila xunto ao balneario. 



O traxecto da ruta é de aproximadamente quince quilómetros e pode facerse en pouco máis de duas horas e media. Lévase moi ben por ser todo chán e con boas sombras, acompañando o río que leva un bo caudal.



Unha vez en Caldas de Reis, fermosa localidade termal con abondosa zona verde a carón do río que se agradece en días calorosos como o de hoxe, cada quén fixo un pouco o que se lle antollóu. Sentarse a tomar unha cervexa ben fría nalgunha terraza preto do río, coñecer un pouco o lugar. No meu caso, lavarme nas augas quentes da fonte pública ao lado do vello balneario...facer fotos, mercar algún agasallo para levar...




Para logo dirixirnos no autobús a Padrón onde nos agardaba un ben merecido xantar ás tres da tarde.



Foi unha viaxe moi interesante e ben organizada. O xantar non deixóu nada que desexar. Tivemos marisco, viño Albariño, café de pucheiro...entre outras cousas.




Rematamos o día de volta a Lugo sobre as sete da tarde e pagóu a pena o madrugón da mañá.