Piornedo é un lugar da montaña luguesa na que abondan os piornos, (Cytisus oromediterraneus), pranta arbustiva con flores amarelas, da mesma familia que a xesta, (Cytisus scoparius), chamada tamén vasoira por utilizarse para varrer os fornos do pan ou o cereal nas airas.
Está Piornedo nunha elevación con amplos vales de frente. Pertence á parróquia de San Fiz de Donís e ao concello de Cervantes. Este asentamento formado por casas circulares e con cubertas de palla de centeo, é da época prerromana, ten monte de varas e os seus habitantes tiñan a condición de fidalgos/as, agás dúas ou tres familias, querendo esto dicir que son "señores/as de seu", sen mezcla de sangue, e que non estaban aforados a ningún mosteiro ou a outra institución feudal. Eran os donos/as das súas terras.
Levóunos a Piornedo, (a min por segunda vez), unha xuntanza de (CMMC) Comunidades de Montes en Man Común, para tratar temas de recuperación e conservación dos nosos montes, co fin de poñer en valor os seus recursos naturais, paisaxísticos, culturais... alén da prevención des lumes que tanto afectan a Galicia cada ano, destruíndo toda a súa biodiversidade.
Fixéronse rutas polo monte e traballos de limpeza, asambleas e video conferencias con expertos de outros países e desfrutamos, como non, da gastronomía da zona, do folclore, da visita ao seu muséo etnográfico nunha das pallozas que se conserva tal como se vivía e que leva por nome Casa do Sesto, porque en Piornedo, como noutras zonas do rural galego, as casas teñen nome. Vimos que todas lucían con fachenda os seus nomes nas entradas principais ou nos hórreos.
Hai en Piornedo unha convivencia entre as que foron as antigas vivendas, pallozas, e as que se foron construíndo despois, casas novas, cadradas, de pedra tamén pero con cubertas de pizarra. O que sí nos causóu grande mágoa foi ver como bastantes pallozas foron recubertas con chapa para preservalas do seu paulatino deterioro, xa que non queda xente que as habiten, e a pouca que queda son xa maiores e ninguén quere seguir cultivando nas searas o centeo que produce a palla para cubrilas como antano e tampouco non hai moita man de obra que entenda e saiba cómo facer ese traballo artesanal que require coñecemento especial seguindo a tradición.
Piornedo foi un lugar de glaciares e transformacións. É abundante en auga que baixa dende todos os lados, ten tamén os seus ríos que discurren polo val, pero a auga é fría e fina, déixase beber e todo soa cando cae neses pilóns de granito ao longo dun camiño ou en calquera recuncho da aldea.
Polos seus montes andan o oso pardo, os xabaríns, os zorros, lobos e outros animais salvaxes. Tamén habitaba o urugalo, águias, mouchos...
As vacas andan polo medio da empedrada aldea, soando as súas chocas cando veñen dos prados. E os gatos e cans pasan o día panza arriba ás portas das casas, menos ún, o de Isolina, que non lle perde paso e vai mesmo ás reunións que se fan na casa escola, hoxe centro cultural, e tanto entra na cociña como se mete na sá de baile e bota unha muiñeira comigo. Por certo, ten un parecido coa miña Nóa, que xa non está.
Deixamos Piornedo para voltarmos cada quén ao seu lugar de procedencia, algúns de extremo a extremo de Galiza, coa esperanza de que o que alí se falóu teña unha repercusión positiva no coidado do patrimonio que redunde na prevención de incendios forestais, e que sexa un exemplo a seguir polas novas xeracións.
Bos días Bea:
ResponderEliminarSemella que foron unhas xornadas moi proveitosas por Piornedo, de aprendizaxe e momentos compartidos. Alédome.
En relación ao deterioro dos teitos das pallozas, hai unha asociación de veciñas de Piornedo (e un vecín) que as pon en valor e fomenta a súa recuperación. De feito, comenzaron nos últimos anos a plantar cereal cada ano e recuperar a malla.
Como teitar é moi caro, organizan cada certo tempo actos culturais e lúdicos nunha das pallozas, a pallozas de Perdigón. Soen traer a artistas galegos, haber comida para cear, e rematar con polavilas ás que asiste a veciñanza e a xente que non somos dalí pero nos gusta visitar estas terras de cando en vez. A Sanse máis a min gústanos ir a Piornedo algúns días ao ano, e sempre quedamos a durmir onde Mari Carmen, na cantina Mustallar. Cómese bo caldo galego aí! Seguro que o probaches este fin de semana.
Sanse é asiduo desde hai años, que ía cun grupo de música tradicional ,onde tocaba a pandereta e o bombo, pasar fins de semana e facer foliadas na cantina, que remataban subiendo ao Mustallar e tocando as gaitas dende o cumio.
Voltando á asociación, deixo enlace con info: https://www.facebook.com/share/18YZyV1CUv/
Saíron hai pouco nun programa da TVG no que explicaron os traballos da asociación:
https://www.facebook.com/share/v/1EawidXZrc/
Nun primeiro momento pensei que a cadeliña era Noa, pero despois xa vin que era a de Isolina e Fuco! Nunca repara no parecido ata agora.
Un biquiño,
Iria
Grazas, Iria, pola túa valiosa aportación que ofrece camiños de esperanza para Piornedo.
EliminarAperta
Incrivelmente bucólico.
ResponderEliminarMe gusta mucho.
Ola, Pedro, alédame que gostaras de Piornedo. Un lugar para visitar!
EliminarHola Beatriz, como siempre nos dejas una reseña muy significativa de esos ámbitos de Piornedo, que parecen un tanto abandonados, pero que le sobran encantos para sentirse atraídos y algún día visitarle...gracias por todo. Buen fin de semana.
ResponderEliminarUn abrazo
Gracias Dionisio. Un lugar que te queda de camino! Salí a caminar por una carretera entre prados y vacas con su cascabel y me encontré un grupito de caminantes del poblado a quienes pregunté a dónse se iba por aquella vereda. Me contestaron que a León!
EliminarPiornos en frol bican o ar
ResponderEliminarIndo o arrecendo a cada lar,
Outea o sol nas pallozas
Ríndose de pura ledicia,
Natureza en comuñón eterna
en séculos de armunía canta,
Doce fogar de paxariños,osos..
onde tódalas xentes se encantan.
Acróstico
Grazas, Antón
Eliminarpola túa aportación!
Grazas por ilustrarnos sobre ese pequeno e emblemático recuncho de Galicia. Non sabía que o no me viña dunha planta, pensei que estaba relacionado cunha construcción. Eiqui na beiramar distinguimos xestas e codesos; a palabra piorno non se usa.Seguro que disfrutaches da paisaje e da familia. Bicos
ResponderEliminar"A primeira referencia documental a Piornedo aparece no Parroquiale Suevum do século VI, onde consta o topónimo "Paturnello" dentro do condado de Navia (comitatus nauienses), evque podería referirse a este lugar."
EliminarGrazas, Nieves.
Un abrazo
Buenas tardes, Bea.
ResponderEliminarEsta salida es expectacular. Además muy interesante por lo que comentas en cuanto al Medio Ambiente y sus especiales cuidados de limpieza y conservación sobretodo hace falta.
Me ha gustado poder ver una casa de las antiguas. Llamadas, Pallozas. Y su manera de mantenerlas en pie, tejares con chapa para evitar deterioros.
Ciertamente es uno una película del Oeste. Con agua por todos los lados debe ser la leche.
Un abrazo.
Gracias por tu visita en las dos entradas.
EliminarCuando vengais, podeis ir a conocer Piornedo. Hai buen alojamiento con buen desayuno y otras comidas.
Muy interesante el museo etnográfico en una palloza que se conserva tal cual fué habitada.
Besos
Muchas gracias, Bea. Lo tendré en cuenta.
EliminarBesos