www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 16 de xuño de 2024

Entre Nós e o Eo


 Presentar un libro, do que sexa, está á orde do día. Pero presentalo nunha aldea que se quedóu sen xente, é  algo menos común. 

Nesta aldea hai un río. O río Eo, que vai direitiño a Ribadeo, onde forma unha ría na costa de Lugo, chamada A Mariña.

Por iso, Entre Nós e o Eo/ Entre Nosoutros e o Eo, escrito en dúas modalidades do Galego, o normativizado e o galego montañés naviego asturián da zona oriental de Galiza, en versos acrósticos, ten moito que ver co entorno deste río Eo, coa súa xente, pasado e presente, cos lugares, coas historias que se lembran, cos cambios que se foron dando e que hoxe contemplan o despoboamento no rural, o deterioro medioambiental, as vivencias que cada autor/ra, (Antón Cando e Beatriz Pin), tiveron no lugar onde naceron, no concello de Baleira/Valeira.


A presentación fíxose no mal chamado Centro de Interpretación do Eo e da Marronda, a carón da fonte do Eo, unha casa que foi adquirida pola Xunta para tal menester pero que nunca exercéu a súa función e que mantivo un bar aberto uns cantos anos e serve para facer comidas comunitarias da vecindade unha vez ao ano, ou para xutanzas do monte en man común, periodicamente. Hoxe, está pechada.

Por iso ten mérito facer un acto cultural que, ademáis, ten que ver co entorno, con este río Eo, que está xunto a esta casa, que, por certo, antes de ser o que teoricamente é, foi forxa de ferreiro, lugar de baile e circo nos anos sesenta, fogar de algunha familia que por ela pasóu, almacén de selección de patacas de sembra, leitería....


Acompañados de moita xente que asistíu ao acto, escritores de renome como Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, autores do limiar do libro, intérpretes musicais como o profesor de música Xavier Fernández Rodríguez que nos delicióu co seu violín, e as alumnas dunha alumna súa, Mínia e Návia, xunto con algúns integrantes do grupo baleirés, Toxo Queimado, que tocaron as súas gaitas e pandeiro a carón da fonte, onde tivo lugar un bautismo con augas do Eo. Tamén fixo acto de presencia a Furgoteca, que nos trae libros unha vez ao mes pola montaña de Lugo, Paula Buján, fixo, ademáis de presentadora e encargóuse da venda dos libros.

A colaboración de algúns veciños e veciñas que fixeron doces caseiros para ofrecer unha pequena degustación ao final do acto puxo punto final a unha tarde moi animada.


Non faltóu un posto de quincalla para aqueles que quixeran levar un recordo, cumpríndose así un antoxo moi desexado da autora do libro, que, a modo das" jumble sale" inglesas, quixo ter ese xesto un tanto chocante para o sitio pero que resultóu interesante.


O importante non foi o libro en sí, que tamén, pero foi o feito de darlle unha utilidade a esta casa e que, por certo, ao día seguinte, pasaron a vela algúns funcionaros da Xunta de Galiza para ver qué se pode facer con ela. 

Foi a segunda vez que se presentóu un libro neste lugar tan visitado por xentes que queren coñecer o nacemento do río Eo, pero que pouco se fai para darlle a importancia que ten, e penso que debería funcionar un centro de interpretación no que se poidera dar a coñecer todo o que concerne ao río Eo e a serra da Marronda, ruta de sendeirismo considerada Gran Ruta e que ten moito interese medioambiental.

Aquí deixo unha nota de prensa que nos serve de presentación.





luns, 3 de xuño de 2024

VISITA AO VAL DO AVIA

 Domingo, 2 de xuño, empezamos o mes cunha saída organizada pola Asociación Ecoloxista ADEGA-Lugo. O programa era a visita ao Castro de San Cibrao de Las, un dos máis grandes de Galiza, cunha altitude de 450 metros, acompañados polo coñecido  doutor en estudos célticos André Pena Graña, quen nos explicóu con todo luxo de detalles, a complexa organización dos castros galegos, desvelándonos unha teoría que rompe con outras moitas que ata de agora nos ilustraban ese periodo  un tanto escuro da nosa historia. 





Despois de visitar o museo, moi concurrido ese día, e un tanto apurado pola chegada doutros grupos, tomamos contacto co castro real que aínda oculta moitos datos desveladores.

Dende alí, partimos en microbús ata Beade, terra de viño do Ribeiro, onde nos achegamos ata un viñedo en socalcos, de producción ecolóxica, que ven cultivando Eladio Rodríguez, seguindo os métodos dos seus ancestros e respetando o bo facer da natureza que rexenera a terra en por sí, alléa aos químicos que a destrúen. 



Neste lugar, protexido por muros de pedra e polas árbores autóctonas que abrigan dos ventos, hai variedades de flores que nos fan pensar nuha área provenzal da campiña francesa. Curiosa unha árbore que dá unhas bagas que se usaban para calmar as molestias da menstruación nas mulleres, e que é de orixe mediterránea, sendo este lugar poseedor dun microclima mediterráneo e dun chán granítico que dá ao viño unha entidade única.




Dende alí, fomos dando un paseo a pé ata Beade, capitalidade dese concello, cun núcleo urbán moi ruralizado, con casas que foron como pazos no seu día, hoxe ruínas que se descolgan nunha ladeira, alternando con outras ben coidadas, todas feitas con pedra de granito, con balconadas e arcos que lles dan un aire señorial e de xente pudente doutros tempos.



Está situado no Val do Avia que é un extenso val e todas estas comarcas  pertencían  a Tui, e non a Ourense como é o caso na actualidade.

En Beade, ao pé do Calvario e con fermosas vistas á igrexa da Encomenda que logo visitaríamos acompañados polo alcalde, fixemos o noso xantar, sentados baixo un porche antigo, con bancos de pedra todo ao redor, en torno a unh mesiña redonda que trouxo Eladio, xunto cun bo queixo local e botellas de viño da súa bodega, tinto, branco, algúnhas do 2007 que nos souberon a gloria e que fomos bebendo pouco a pouco, primeiro timidamente e logo xa, con máis animación. Non faltóu a recitación dun poema polo seu autor...


E non puidemos deixar Beade sen coñecer a bodega do noso anfitrión e cosecheiro, quen nos levóu ata un comedor tan grande como o da Ultima Cea de Xesús, no que non faltaban cadros, algúns pintados por él, fotos e outros obxectos que facían o lugar moi acolledor. Sentados todos e todas ao redor, foron chegando máis botellas de viño, vasos... e outro queixo que moito nos gustóu porque maridaba co viño á perfección. Logo veu a guitarra, os cantares da terra, e aínda con sobriedade, fomos desfilando escadas abaixo ata o lagar, onde non podiamos irnos sen levar un recordo de tan prezados caldos.